Cando voltaremos A MAR?

Cando voltaremos A MAR?
TVG: O surf chegou a Zalaeta!

viernes, 29 de agosto de 2014

Exames de SETEMBRO: SAWABONA, e Feliz ano novo!!

Setembro a vista, bañistas...
 Hai alumn@s que terán que rendir contas nesta “4ª avaliación”, para algúns haberá luces e tamén sombras no comezo dun novo curso... SAWABONA!!
"Entonces, yo existo para ti" Existes para nós, é por ti por quen loitamos, por darlle sentido aos teus estudos e a túa vida!! E para entender mellor a vida e os seus atrancos... Fagámolo xunt@s!! Non fagamos camiño en solitario, fagámolo máis solidario!! SEXAMOS MÁIS TRIBU!! 

“La enseñanza presupone el optmismo tal y como la natación exige un medio líquido. Quien no quiera mojarse debe abandonar la natación; quien sienta repugnancia ante el optmismo, que deje la enseñanza.” Fernando Savater (Filósofo)


ANTE AS DEBILIDADES DEBEMOS FOMENTAR AS POTENCIALIDADES!!
Os profes, teríamos que invertir menos tempo en papeis e reunións, e máis en solucións, intercambiar soulucións que funcionen rápido cos alumn@s que precisan crer máis neles. A un problema temos que aportar moitas posibles solucións.
SOLUCIÓNS FÁCILES DE APLICAR
  E DE GRANDES RESULTADOS!!
Facer ver ao alumno cando acerta, cando fai ven algo. As cousas que funcionan  debemos sabelas e aplicalas tod@s:  familia, titor, profesorado e equipo directivo. Hai medidas escolares e outras que sobrepasan as escolares e familiares, terán que ser de atención social, xa nos gustaría, pero lamentablemente
 non todo ten solución no marco escolar.

POR QUE E COMO AUMENTAR A AUTOESTIMA E CONFIANZA NUN?

Al Dr. Joseph, adestrador dun equipo universitario norte americano,  a miúdo pregúntanlle cales son as habilidades que el busca nun bo atleta:  ¿velocidade? ¿forza? ¿axilidade?. "Ningunha das anteriores, é a confianza nun mesmo, o factor determinante,  e non só no atletismo, se non que tamén na vida".



Básicamente hai dúas actitudes: 
1- REACTIVA OU EXTERNA. Esperamos que ocurra algo e se non é así, proxectamos toda a culpa nos demais. Sabemos as cousas que están mal, pero non sabemos aportar solucións, porque cremos que non hai solucións.

2- PROACTIVA OU INTERANA,  APORTAMOS SOLUCIÓNS, CREMOS EN NÓS E EN QUE PODEMOS FACER CAMBIAR A SITUACIÓN. 

O  MECANISMO POTENCIADOR DA AUTOESTIMA PASA POR SENTIRNOS VÁLID@S, se sentímonos válidos facendo algo insistimos e melloramos. Pero se sentímonos "minusválidos", sempre cometeremos máis erros, estaremos moi inseguros, e desistiremos... Quen acerta, quen fai as cousas ben sempre quere perseverar e superarse.

Juan Vaello,  COMO DAR CLASE AOS QUE NON QUEREN?...
Como xestionar a aula dende a xestión emocional?

 UNHA EDUCACIÓN DE CALIDADE É UNHA EDUCACIÓN EN COMPETENCIAS SOCIO EMOCIONAIS, EN EMPATÍA, NO DISFRUTE DE ENSINAR E APRENDER... EN QUERER SER MELLORES, EN SUPERARNOS UN PROCESO INTERESANTE QUE GUSTE, E QUE RESULTE ÚTIL!!

"EL SECRETO DE ENSEÑAR NO ESTÁ TANTO EN TRANSMITIR CONOCIMIENTOS COMO CONTAGIAR GANAS, ESPECIALMENTE EN AQUELLOS QUE NO LA TIENEN."



Se únicamente estamos centrad@s nos contidos da materia, e imos polo camiño trillado e xa requetesabido do temario tema por tema sen sairnos, vai ser aburridisimo, non imos estar motivad@s nin nós nin os rapaces. O que teñen que saber, temos que ensinalo entrenando nós mesmos a creatividade, para ver con que conectamos?
 Temos que intentar enganchar "aos diversos" facelo posible e asequible a tod@s, para que sepan moito os que máis saben, pero tamén que saiban moito moit@s!! e aos contidos mínimos deberían chegar tod@s!!

Teñen que vernos firmes, con poder moral, persoal e social,  seguros, coherentes e coordinad@s, con principios, asequibles, influíntes ou con capacidade para axudarlles en positivo no desenvolvemento da súa personalidade, axudalos a superar atrancos... Yes, we can... ja,ja
E para sentirnos con poder, potentes e eficaces, temos que ter procedementos e protocolos sinxelos, ter principios comúns e permeabilidade!!...

 Máis CONVIVENCIA NAS AULAS
 e menos "AULA DE CONVIVENCIA...?

PROFE, CUIDA TU "MARQUETING"... 
 EN EL PRIMER DÍA DE CLASE:



Hai quen pensa que o mundo empresarial é totalmente a parte, que temos que establecer distancias dos mercados, e dos coachs tan dicharacheros... o término marketin parece que chirría, e chamar clientes aos alumn@s xa é sacrilexio... sin embargo nós temos que vender a nosa materia e todo o alumnado ten que interesarse polo noso produto... porque se esperan resultados de nós... Precisamos moz@s  ben preparados, comprometidos, competentes, críticos, que compensarán con creces os cartos que o país invirte na súa educación... Quere dicir isto que apostemos por un voraz e competitivo sistema que anule aos peor dotados? Que estamos de acordo con esta política inxusta de recortes?.  Para nada, se algo ten que preocuparnos aos ensinantes é captar o interese e axudar aos que máis nos necesitan, sen disculpas, sen botar balóns fora... e se para iso temos que facer o pino en clase, 
imos facelo... ja,ja polo menos os de EF!!

AOS SEUS POSTOS, LIST@S... COMEZAMOS !!!

PROFESIÓN: PROFE... ja,ja



martes, 26 de agosto de 2014

PADDEL SURF con arroaces en Riazor blue...

Calarás arroás:  Dise ó que non para de rosmar, alborotar e facer ruído


Cando na praia avistamos algunha aleta dorsal...
 xeralmente non hai perigo a vista, bañista...


Non é tan excepcional, en calquera época do ano podemos ver aos arroaces entrando nas rías na procura de alimento. Aliméntanse de diferentes especies de peixes, de cefalópodos e incluso dalgún crustáceo. Tamén é posible que coman do peixe capturado nunha rede, chegando a romper as mallas, o que explicaría a tradicional aversión que lles teñen moitos pescadores.  Navegando podemos levalos na proa de acompañantes, ou seguíndo o ronsel que va deixando a embarcación...
                            

A final do verán o chulo é ver o espectáculo de iniciación en destrezas e autonómia  das crías.
As crías miden ao redor de 80-100 cm no momento do nacemento.


  As crías nadan pegadas as súas nais,  nese movemento ondulado acompasado tan relaxante de contemplar, totalmente protexidas pola manada.     A lonxevidade  é duns 30 anos os machos e 40 anos as femias. 
       

Os arroaces son unha especie de maior tamaño que o golfiño común, miden entre 2 e os 4 m; o peso oscila entre os 275 e os 650 kg, os machos máis grandes e máis pesados que as femias.A pel é de gris a negra, máis clara, brillante e inmaculada nas crías, nos adultos machos máis chea de arañazos, ou pegadas das súas batallitas, as marcas e cicatrices na pel fan posible diferenciar a súa idade e sexo. 


Cando vas nadando, ou nunha táboa sénteste moi vulnerable, e pensas, como se lle dea por xogar conmigo, a ver onde acabo eu... deíxante que esteas co grupo, nadan en círculo, crúzanse, pasan por debaixo da táboa, e nalgúns momentos desaparen todos a vez e despois de aproximadamente 2´ volven a saír a superficie, e escoitas como botan con forza a auga das vías respiratorias, saíndo un sorprendente, potente e sonoro chorro... Nós vimos como un macho bateu con forza a cola, repetidamente, salpicando moito e facendo unha sinal de poderío...
       

Adoitan vivir en grupos ou mandas de 12 ou máis exemplares, que forman unha unidade familiar estable, dirixida por unha femia adulta e que conta con nais, crías e subadultos. Os machos adultos viven illados ou en grupos máis reducidos e pouco estables. 


Son excelentes nadadores e poden mergullarse buscando comida ata os 100 m de profundidade., e aguantar ata 8 minutos baixo a auga. Están presentes en todos os océanos do mundo, excluíndo as augas circunpolares. 


A poboación de arroaces mantense en niveis elevados, 
polo que afortunadamente aínda non é preocupante o estado de conservación desta especie.


As veces os surfistas teñen que ceder a preferencia da onda...

        

Este ano non quixeron perderse a final feminina do PANTIC CLASSIC, e a brasileira e australiana estiveron nos primeiros momentos un tanto intranquilas vendo as aletas tan preto...


É responsabilidade nosa deixar en herdanza calidade e diversidade medioambiental


 Ensinándolle aos nen@s a amar, respectar e preservar a natureza!!
Gaspar, foi o máis célebre e sociable cetáceo que visitóu as nosas costas, interactuando con todos os que quixemos coñecelo. Adestrado pola mariña norte americana, sabía facerse moi querido. Na calita do matadeiro estivo unha tempada de verán, cando pescaba facía gala dunha velocidade e pericia pasmosa, pero tamén tiña os seus momentos tranquilos de xogo e sociabilización cos todos os que nos achegámos a coñecelo e admiralo.

http://gl.wikipedia.org/wiki/Gaspar_(golfi%C3%B1o)

E que sigamos vendo "golfiños" no mar, porque en terra xa vemos de máis...


 En que país se fan as cousas mal, e logo por enriba se fagan peor... 

Deixan un espazo pechado ao mar cun muro barreira de pedra...

                     
Cun baixo que durante dous veráns, usaron os socorristas... Agora pechado e inutilizado.

                       

Se houbese sensibilidade e sentidiño habería unha rampla de acceso ao mar, un espazo onde tod@s poderíamos gardar as táboas, habería kayaks para alugar en verán aos turistas...

Dende a Torre de Hércules houbo a oportunidade de facer un camiño de terra peatonal paralelo ao paseo, como ó que leva ata a casa dos peixes.

   

Habería que continualo por debaixo das arcadas do paseo, con bancos e iluminación axeitada...  

                       
 Quen pensa en darlle valor ao que temos, en mellorar o futuro dos nen@s e darlles un espazo para o benestar aos maiores...?? 
Unha porta pechada cara un acceso "pouco recomentable..."
O lugar máis bonito da cidade orientado ao sur, 
tería que ser o máis mimado para goce de tod@s!!
Que podemos esperar dun Concello que promociona unha noite de San Xoán, onde en vez de compartir sardiñas e churrasco, máxia e tradicións... En vez de dar valor ao noso patromonio, facemos festa botellón e encantados de coñecernos...
 enchendo o mar de merda...?? 
                   
merda que logo imos comela nós nos peixes que consumimos...


sábado, 9 de agosto de 2014

Twenty Eight Feet: TOUCHING THE SKY!!

Twenty Eight Feet is a short documentary about David Welsford, who has given up the luxuries of land in search for happiness and adventure on a 50 years old wooden boat.
NO HAPPIER HAS THE MOST... 




" He descubierto que no hay forma más segura de saber si amas u odias a alguien que hacer un viaje con el" 
David es feliz y ama la vida, lo ha vivenciado en esta aventura viajando, navegando empujado por  vientos y sueños. Con intuición e inteligencia, solo en medio del oceano, sin un rumbo preestablecido, sin echar la culpa a otros, ni a el mismo de sus carencias, errores... SUPERÁNDOSE!! Está inmensamente satisfecho de lo que es y puede conseguir.


Por si estás preparando ilusionad@ un viaje, 

Un gran viaje puede hacerse increible,  a la vuelta de la esquina, en un buen perdedero con un saco de acampada descubriendo estrellas fugaces que surcan las profundidades del cielo ...

Por se queres prepararte para ir gozar coas perseidas ou LÁGRIMAS DE SAN LORENZO... Sabes atopar a Perseo? Inténtao, pero poden verse por calquera zona do ceo... Sabes orientarte no ceo e atopar a estrela polar? E coñeces o triángulo de verán? Que planetas poden verse? De que color e a estrela que está no peito de escorpio? 

 Achégate e goza do ceo de verán:
http://www.scribd.com/doc/233484686/Guia-do-Ceo-do-Veran-14-de-Efervesciencia