Cando voltaremos A MAR?

Cando voltaremos A MAR?
TVG: O surf chegou a Zalaeta!

sábado, 21 de febrero de 2015

BAILEMOS!! Riámonos, alegrémonos el día!!


Na consecución dos logros académicos, a personalidade  
 é un factor tan importante, menos ou máis que a a intelixencia?? 
Debatide... que din os investigadores en neurociencia?

Pois xa dixo Gardner na década dos 80, que hai máis dunha intelixencia... e que para falar en público e que che presten atención, deberás seducir ou comunicar dun xeito fluído e atractivo, tes que saber falar coas mans, ollos, sorriso... estar a gusto no teu corpo para poder expresarte con naturalidade e sinceridade, sen impostar, sen imitar a ninguén,sendo ti mesm@!!
Moz@s sensibles e  intelixentes, que están participando na liga de debate, e saben ó que é traballar en equipo,  esforzarse, superarse, e que co seu saber estar enriquecen o BENESTAR SOCIAL!! Grazas 1ºB por facernos pasar tan bos momentos, e especialmente a Almudena por inspirarnos e axudarnos!!

Sexamos persoas abertas, deixemos que entren en nós novas ideas,  novas experiencias e asumamos retos que teñan que ver coa curiosidade, as gañas de obter máis,  saber máis, gozar máis coa superacións persoal...

Inspírate,  saca a careta de "anacardo" BAILA, GOZA!!...


Baila!! Bailando potenciamos a autoconciencia corporal, grado de satisfacción, extroversión, amabilidade, empatía... Bailar pode facerse sen moderación, os efectos secundarios son: aumenta a túa xenialidade, felicidade e sex-appeal en xeral...ja,ja

Quérete, cre en ti e PODERÁS CREAR Ó QUE TI DESEXES!!



TÍTULO: BRANCANEVES
ÁMBITO REPRESENTADO: FAMILIAR. Nen@s que sufriron carencias afectivas por abandono de funcións dos seus pais. Trastornos de personalidade: Baixa estima, celos...


Nenas de 1ºA sodes macanudas!!! Puxestes o listón moi alto para o
 I  Concurso ALABAILA

Outros logros creativos, ou ó que fixestes en 5 sesións de EF:






ROSALÍA onte, hoxe e maña...

SEMPRE vivir, amar, gozar e máis POESÍA!! e FANTASÍA!!


miércoles, 11 de febrero de 2015

"Enséñame pero BONITO!!"

Diego, Diana e Jara, a súa nena de dous anos con nome de flor aromática de bosque mediterráneo,   poderían ser unha familia de clase media normal... pero preferiron subirse en bicicleta, viaxar, soñar cunha educación alternativa... están facendo camiño dando pedal por USA, Alemania, Holanda, Inglaterra, España... E crendo e creando sobre a marcha un movemento moi terapéutico:

"He soñado con una escuela diferente, esos niñ@s estaban deseando ir a la escuela..." 


Cando estamos a un mes para a 2ª avaliación temos que axudar a eses nen@s que son respectuosos, responsables, intelixentes e sensibles, que fan os deberes e sen embargo, están sentíndose mal,  moi presionados, moi nervios@s... Porque non chegan ao aprobado, e están tristes, decepcionados, inseguros, teñen medos, non durmen ben,  resúltalles moi dificil concentrarse polo estrés emocional, ou fan parvadas e teñen unha risa floxa para parecer que non temen o fracaso... ´

ENSINÉMOSLLES PERO BONITO...!!