Cando voltaremos A MAR?

Cando voltaremos A MAR?
TVG: O surf chegou a Zalaeta!

viernes, 27 de marzo de 2015

E chegou o día... ALABAILA xa é unha realidade!!


ALABAILA nacíu ou comezou a darse vidilla!! coa elegancia expresiva de Xiana interpretando letra, música e voz dunha muller galega chea de vida!!

GAUDI GALEGO, é unha brillante artista, á que fora vocalista de Berrogüeto, e que agora ela pode con todo. Cántalle a luz que traen as lúas de Outubro e Agosto, un discazo delidelicioso, onde canta as mulleres “que son tantas e tan distintas” , as matriarcas “Nós aleitadoras; nós conquistadoras; brillantes activistas da vida cotián”, aos muros por derrubar, ao norde ou sentir de amores, aos aromas da terra…
Grazas Xiana por achegarnos a DANZA CONTEMPORÁNEA; bailando,  namorando.  

       


“Por esas mulleres fortes que cantan na súa casa. 

Son de amores, son de cores,/ son do que queiras que veña. 

Son do vento que semella/ semella aromas da terra. 
Por esas mulleres lindas/ que aman e son amadas”


ALABAILA nace facendo risas, gústanos rir, queremos rir!!
 Primeiro de nós mesm@s, e logo de todo e con tod@s...

Nacho como mestre de ceremonias da gala comezou dando caña aos profes, bueno a tod@s menos a Loli; "Votemos a Loli por un país libre"... ja,ja

REVOLUTION!! 1º Premio, con soborno incluido aos xuíces, ou non?
"Non deixes que a escravitude che venza... rebélate!!"
por Giselle, Antía, Eva, Andea, Jason, Lilly, Jenni e Inés.


 A EDUCACIÓN É O MOTOR DA TRANSFORMACIÓN SOCIAL!! FAGAMOS A REVOLUCIÓN!!
Analicemos esta proposta expresiva de revolución. Coñezamos quen é un morfema ou un lexema, pero sen medo ao cambio, apliquemos esta idea tamén na educación!!Deixemos de botar todas as culpas as leies e instituticóns, centrémonos máis en facer AUTOCRÍTICA, traballando en equipo nunha comunidade de aprendizaxes, creando experiencias e proxectos interesantes, apetecibles, divertidos, sorprendentes, creativos...
CONTAXÍEMONOS DA REBELDÍA D@S ADOLESCENTES, pasemos a acción.!!
MÁÍS rEDUvolution nas aulas!!  

Tamén houbo outras historias ou contos para dar que pensar:


 BRANCANEVES "Unha madrastra que non acepta afilla, celos, medos, inseguridade, maldade" por María, Anail, Carmen, Iris, Lúa, Sofía e Jenni. Non faltou a mazá, de feito foi ela a protagonista... 
 Os nosos monólocos Pedro e Lois falando de inxustizas, de baile...


E tamén: LIBERÁNDONOS DAS CADEAS, "Disfruta a vida non te estreses" por Anna, Ana, Paula, Verónica, Daniela e Sara.
ROMPENDO ETIQUETAS, "Nin o máis forte é tan forte, nin o máis débil tan débil" por Hodei, Carmen, Laura, Nicole e Leire.
CLASES CON CLASE, "Aceptación dunha rapaza nova nun grupo" por Marta, Iria, Marta, Lucía, Ainoha e Sabela.
AXÚDAME, "Quen ten un amig@ ten un tesouro" por Rochana e Ainoha


O público  estupendo e coñero, os participantes pasando apuros e divirtíndose todo, igual que Mario, Almudena e Lorena que tamén tiveron que perder clase por ALABAILA, que peeena. E os xuices moi no seu papel de querer parecer algo, de facerse os importantes... EXTRAORDINARIO AMBIENTE!!  
de todos a unha para que gañemos tod@s, 
 e os peques admirando aos maiores, como ten que ser!!
GRAZAS A TOD@S!!   Vaia talento temos en Zalaeta!! Aprendamos tamén deles...

"NO TENGO TIEMPO PARA APRENDER, PORQUE TENGO QUE ESTUDIAR"

Por se queredes coñecer de quen é esta frase... Quen é  María Acaso e a  súa provocadora REDuvolution. (Ven de familia de profesores, é profesora, investigadora, e autora deste necesario libro rosa.)





Máis DANZA CONTEMPORÁNEA; a respiración como potente elemento expresivo...

sábado, 14 de marzo de 2015

50 Sombras… e LUCES da educación

Sombras as que proxectaba a lúa alineada entre o sol e a terra. No parque de Santa Margarita vimos como as nubes eclipsaban un pouco o eclipse, pero vivímolo da mellor manera posible;  en boa compañía e enorme sintonía.
Curios@s alineándose e achegándose ao ceo.
E máis soles... coa forza da atracción!! gravitatoria.

Nesta inxusta sociedade hiper competitiva onde primamos máis o éxito como resultado, en vez de como proceso fabricamos moito frustrad@ e desencantad@.
Hai unha demanda e gran presión social para que os fill@s teñan “SUPER PODERES”, ou alto coeficiente intelectual para sacar todo sobresaíntes, e de paso, destacar no conservatorio, no deporte, nos idiomas, no teatro ou ó que sexa de ben para eles…


O comportamento de pais e educadores condiciona aos nen@s. Ser modelo de conduta esixe moita RESPONSABILIDADE!!


 Cada fin de semana millóns de nen@s presencian agresividade nas gradas:
 http://deportes.elpais.com/deportes/2015/03/16/actualidad/1426511182_838817.html

No ámbito deportivo ou académico poñendo expectativas por enriba das posibilidades, esixiendo resultados, exceso de presión... as veces conseguimos o efecto contrario.
 Unha persoa realmente intelixente posiblemente non estea diagnósticada de altas capacidades ou teña “super poderes”, pode que ata pareza unha persoa normal…

A ALEGRÍA E SATISFACCIÓN PERSOAL  DE APRENDER, E GOZAR APRENDENDO
é moito máis importante que os premios ou alabanzas por sacar boas notas.APRENDER É UNHA VIAXE INTERMINABLE PARA SER GOZADA DURANTE TODA A VIDA!!
Ser intelixente non é ningún mérito, ó que ten mérito é traballar e superarse pola satisfacción persoal de aprender.

Cales son os matices que diferencian a xente competitiva da XENTE BRILLANTE E SABIA?

7 HÁBITOS DUNHA PERSOA INCREIBLMENTE INTELIXENTE (Por Josefina Muñoz)

1. Enfócate menos en ti mismo y más en las personas que te rodean, son las que generan oportunidades.  Mejora la vida de estas personas, te sorprenderá la fuerza positiva que generarás.

2. Considérate a ti mismo como el de menos conocimientos
. De esa forma estás abierto y listo para la aventura de aprendizaje. Si empiezas pensando que no tienes las respuestas correctas, en el mejor de los casos obtendrás la verdad y en el peor de los casos podrás verificarlo.

3. Haz muchas preguntas. Muchas personas creen que pueden demostrar su inteligencia, proporcionando respuestas todo el tiempo o haciendo preguntas sin parar. Preguntate en busca de nuevas respuestas, no como una estrategia para hacer una declaración de lo listo que eres.

4. Busca algo nuevo cada día. Es fácil estancarse y caer en la rutina al pensar que ya has visto todo. El mundo es demasiado grande y complejo como para dominarlo en una sola vida. Buscar algo nuevo que aprender cada día aumentará tu sensibilidad.

5. Concéntrate en el conocimiento que te falta. Personas que aparentemente saben mucho, les gusta que la gente piense que son inteligentes citando algunos datos y cifras sobre un tema determinado. No es lo mismo ser competitivo y ser brillante. Nunca dejes de aprender.

6. Explora el origen de todo. Todo, no importa cuán simple sea, tiene una historia maravillosa. Explora el mundo con los ojos abiertos y ganarás conocimientos increíblemente útiles.

7. Pasa tiempo con las personas más inteligentes que seas capaz de comprender. Para muchos, es muy satisfactorio ser la persona más inteligente en la habitación. Encuentra gente que te desafíe y te permita extender tus pensamientos.

CALES SON AS DEBILIDADES E  FORTALEZAS DO NOSO SISTEMA ESCOLAR? Poñámonos os 6 sombreiros de ver a cores de E. Bono

BRANCO: Hai fracaso e abandono escolar no noso país en ESO? Como estamos posicionados con respecto a outros países nos distintos niveis educativos? Programamos, traballamos e avaliamos por competencias CLAVE?

BERMELLO: Hai benestar social e bo ambiente de aprendizaxe no meu instituto? Donde eu imparto clase estou a gusto, son feliz, síntome realizad@? Cal é o grado de satisfacción persoal dos nosos alumn@s e as súas familias?

NEGRO: Que nos impide ser os mellores profesores do mundo mundial? No noso instituto, hai interrealación e coherencia entre as accións educativa nos distintos ambientes educativos: aula, recreos e actividades extraescolares? Traballamos en equipo? Entre departamentos hai interelación? E entre os ámbitos social, familiar, e escolar do alumno?

AMARELO: Que cousas boas temos ao noso alcance na actualidade para facer ensino de calidade? Que fago eu polos meus alumn@s para axudalos a medrar destemid@s?

VERDE: Que podo innovar eu para conseguir motivar a tod@s para que aprendan con gusto? Que UDIs podo reinventar para que sexan realmente chulas? Como podo traballar as competencias e intelixencias múltiples?

AZUL: Que imos facer como colectivo para mellorar a motivación cara a superación persoal e académica? E eu a nivel personal que máis podo aportar para un ensino de maior calidade?


"Existen dos maneras de ser feliz en esta vida, una es hacerse el idiota y la otra serlo."
                                                " Postureo " de Sigmund Freud ...ja,ja

Somos cada vez máis idiotas...?
 No currículum para secundaria que se está facendo rápido e de aquela maneira partidista e curtoplacista,  non van aparecer solucións innovadoras... inventémolas!!



Unha maior motivación dos nen@s, maior rendimento académico, nivel de satisfacción persoal e BENESTAR SOCIAL,
que aportan os principios do coaching a educacion?