Cando voltaremos A MAR?

Cando voltaremos A MAR?
TVG: O surf chegou a Zalaeta!

domingo, 21 de junio de 2015

FELIZ SOLsticio e máis bicicleta en verán!!

Despois de moito desexalo, de ver medrar os días, día a día, aí estamos!! A nosa estrela está petándoa polo hemisferio norte, son tempos de morenear,  playetear, xogar...  Vivamos como galeg@s,  os días máis luminosos do ano, co “solquieto” ou solsticio,  cando hai menos sombras... Ponte tod@ iluminatis, date brillo, renerxétizate, date vidilla!! Gocemos destes lumínicos días, e dunhas noites máxicas para deixarse idiotizar, hai que ir de brincadeira polo San Xoan“ para que non nos trabe nin cobra nin can...

Nun lugar onde hai pasadas de postas de sol, o outro día vimos nun lusco fusco, unha lúa pequechiña que marchou de seguida, e pouco a pouco foi facéndose unha noite que namoraba...

con Venus de protagonista e Júpiter que non daba crédito...
       
  Nas bicis buscamos un sitio para collernos das mans, contar, cantar, e tamén houbo un momento de quietud de celebración do solsticio, pechamos os ollos e dende o silencio, paz e con moito amor, escoitamos o mar, conectámonos con nós mesmos, formando unha cadea de seres humanos, sentíndonos parte desa grandeza e beleza da NATUREZA!!

                                                Os móbiles comezaban a soar e...

Os nen@s non querían voltar e pecharse nas súas casas, preferían estar fora, non querían durmir, os pais empezaban impacientarse por se decidían abandonar as súas casas...ja,ja

De testigo o único faro no mundo en pé de pedra, que repite coa súa luz pola noite , o nome desa cidade onde gusta estar de parranda e durmir de pé!!!!          
             A       CO   RU   ÑA             A       CO    RU   ÑA             A       CO  RU  ÑA              ...

O sol, que é moi listiño, aprendeu a sair e poñerse, pero a lúa, que é máis toliña e caprichosa non se aclara: que se engorda ou vai de enchenta, que se adelgaza ata baleirarse e desaparecer... en Xullo terá dúas enchentas, ou fenómeno BLUE MOON que vos explicaba Ramón, coma sempre con paixón, no PI. Seguindo a osa o norde, arturus, e vimos como voaba o cisne, nese tríangulo Deneb-Altair-Vega...
é VERÁN!!
Toca tocar, rir, soñar, xogar, ir ao ceo,
 patinar, amar, ir a mar, nadar, surfear , 
viaxar ou coñecer novos paisaxes humanos, 
ler lento e con sabrosura por gusto non por deber, pedalear, gozar, conectarse cun mesmo, rodearse da túa xente, rodearse de natureza, 
perderse-encontrarse, quererse!!! 

A natureza é o mellor psicólogo e médico que existe, axuda a sentirte mellor en cada visita ou consulta que fas ao mar, entorno da torre, ao monte de San Pedro... a terapia consiste en sentir e escoitar as preguntas que che fai o mar, e estar calad@ ou contestar blowing in the wing , cantar, berrar... 

Tamén nalgúns casos, hai problemas e fan falta SOLucións cando hai suspensos e hai que prepararse para examinarse en setembro, cando non estamos contentos con nós mesm@s, haberá que cambiar ou mellorar hábitos. Os adolescentes estades nunha etapa de enorme plasiticidade do cerebro. Neste sentido hai unha frase de Ramón y Cajal moi inspiradora:
“Es preciso sacudir enérgicamente el bosque de las neuronas cerebrales adormecidas; es menester hacerlas vibrar con la emoción de lo nuevo e infundirles nobles y elevadas inquietudes”.
Estas pautas serán de gran axuda se realmente queres aproveitar o verán para cambiar:
http://elpais.com/elpais/2015/07/01/eps/1435765575_333302.html ánimo valientes!!!!

Ir ao ceo é como ir a un santuario, esta foto evoca esa sensación espacial de conexión co máis alá ou espiritual!!  Enorme serenidade e beleza da:
 Lúa, venus e xúpiter !!!






Vaia celebración do SOLsticio, vaia equinOCIO, vaia desghrasia: 

MIRADA CRÍTICA AO DÍA DESPOIS 
DA NOITE PORCA DO SAN XOAN... 

NO SALÓN DA TÚA CASA:
Botas ao chan bolsas de plástico?
Deixas restos de comida tirada na alfombra?
Tes que apartar envases de bebida e porcallada do sofá?
Fas pis na maceta?
POR QUE NON?

 E POR QUE ENCHES DE MERDA A TÚA PRAIA?

 Sacan 120 toneladas de lixo da praia...
Proceder irracional e mal educado nun espazo urbán común ou de tod@s!!




Convivimos pluralidade de identidades culturais,  temos ritos sociais tradicionais, e importados... 
E nós importamos "A CULTURA" DO BOTELLÓN... 
Transformar unha praia en un basureiro é
Cultura? ou incultura, incivismo e mala educación???

Que merda de "EDUCACIÓN" temos?

Sobra mala educación, falta cultura do ocio!! 




miércoles, 10 de junio de 2015

Hábitos saudables: DANZA!!

ASUMAMOS NUESTRO COMPROMISO CON LA SOCIEDAD Y CON NUESTRO TIEMPO!!
Vivimos nunha sociedade hipercompetitiva e dual,  na escola segue a estar moito máis valorada a mente que o corpo... A dirección enfrontou a oralidade e a corporalidade nun claustro, e tod@s sabemos cal gañou por goleada para impartir como ALC, asignatura de libre configuración... Vemos que non están integradas as intelixencias múltiples, que non se traballa por competencias clave e
os nen@s  precisan expresarse, liberarse e requilibrarse-conectarse:
corpo-mente-emocións. 

A EDUCACIÓN non pode desenvolver o potencial das persoas, se estas non se coñecen a elas mesmas. O autocoñecemento leva a autoaceptación e isto é imprescindible para a motivación dos nen@s e as gañas de superación.
Por que triunfa a meditación nas escolas?

Nunha educación polo autocoñecemento, bailar é necesario para conectarnos coa nosa esencia, para crear, para sentir poder... A mellor maneira de relaxarte: requilibrarte e RENERXETIZARTE é bailando. En Zalaeta sabemos bailar, e temos as nosas musas, como Xiana, María, Giselle... que coa súa arte emociónannos bailando!!

Grazas María por este vídeo divulgativo tan chulo, feito dende a razón e o corazón!! 
         

A DANZA É A EXPRESIÓN DE SENTIMENTOS INDIVIDUAIS
 E COLECTIVOS, SÍMBOLO DE CULTURA DUNHA SOCIEDADE.

Unha sociedade culta ou ben educada prioriza a educación, non ten complexos, e cre no benestar colectivo. Nunha sociedade mal educada,  cada un mira o seu ombligo e  está incapacitad@ polo medo... E si deberíamos desconfiar daquelas persoas que non bailan...ja,ja


En Ioga con Álex as nenas fan biodanza,  liberan emocións escolares negativas, neste sistema escolar tan opresivo e aprenderon a utilizar as respiracións completas profundas reparadoras, para aplicalas neses momentos da vida onde senten estrés... (exames, saír ao encerado e falar en público...)

Un respiro ou"3 completas", un sorriso, un querer... e a vida ten máis sentidiño!! 

           

Moitos nen@s din que non poden facer deporte, bailar, xogar... porque non teñen tempo!
E precisan facer outras cousas enriquecedoras ademais de estudar. Escoitémolos!!

Actuemos en consecuencia para favorecer un desenvolvemento integral da persoa!!, 
 e que cada nen@ saque para afora o talento agochado que leva dentro!!


Por iso ó departamento de EF quería darlle aos rapaces esa vidilla que están pedindo dentro das aulas, esa proposta de ALC de HÁBITOS SAUDABLES: DEPORTE ESCOLAR NA NATUREZA, gustaríanos que ninguén en Zalaeta, por falta de tempo, quedes sen saber xogar ao volei praia, porque temos praia para compartir e gozar xogando!! E porque nin ir de centros comerciais,  botellón, nin caer no tabaco ou outras drogas van facelos felices e equilibrad@s