Cando voltaremos A MAR?

Cando voltaremos A MAR?
TVG: O surf chegou a Zalaeta!

lunes, 27 de febrero de 2017

E o oscar ao mellor baile é para...

Iso verémolo na ceremonia da Gala ALABAILA... agora en preparación...

Que outros musicais anteriores a La la land foron os máis insporadores ou imprescindibles:
http://www.elespanol.com/cultura/cine/20170120/187481577_0.html
Por que a vida dános instantes gloriosos bailando...?? 
E o oscar ao mellor grupo é para: Qetzal Riders
É unha chulada ver  a Manu, Miguel e Guille no corredor do insti recordando...  prendendo e apagando luces.... Luces e sombras na vida dun insti... Cantan un "Break your cage" que é  rompe coa túa gaiola, hai moito bo se és quen de rachar cos teus medos... si és quen de crer en ti, coller forza e pensar en positivo...  Quedarvos co nome desta banda que xa ten un percorrido e máis progresivo que terán, saben ó que queren, saben facelo. Aupa estes ex alumnos que recordan as súas raices e agora voan... Teñen vídeos moi chulos e non lles falla iniciativa e paixón. 
Estamos moi orgullos@s de vos!!! Adiante valentes!!!
"Todo va a estar bien, acéptate, sonríe, canta...."  ou baila!!

        siiiii molan moito...



Superados os momentos de confusión, búsquedas non satisfactorias, dudas, descoñecemento de técnicas facilitadoras, insatisfacción, ansiedade, tensións, medo as nosas propias limitacións...  Para aprender a vivir, a querernos, a cantar, a bailar, hai que ser:
HUMILDE, VALENTE, SENTIRSE VULNERABLE... 
Mantendo unha disposición favorable para valorar e aceptar as transformacións que se producen no corpo ou imaxe dun mesmo, sendo positivos e comprensivos co ritmo de progresión propio e dos compañeir@s, por moi insignificantes que podan ser... poderas gozar!! Pero isto non é doado na adolescencia ou etapa  disruptiva e atolada... É dificil bailar sen ter claro:
 Con quen? Como? Por que??  Despois que...??

Collamos prestado un anaco de relato da nosa escribidora favorita:
Inés Fernández Lago de 3ºESO
"Todo esto es raro. Me siento sola y estoy rodeada de gente. Me siento infeliz y estoy contenta. Esta sensación empezó ayer, cuando mis personas más queridas desearon mi muerte. Ahí, en ese mismo momento descubrí que algún día moriré, sin saberlo, así que , ¿Por qué malgastar el poco tiempo que tenemos haciendo cosas que no queremos? ¿Por qué hacer cosas que queremos si vamos a morir sin remediarlo? No quiero dedicar mi vida a complacer a los demás, pero no sé complacerme a mi misma. Yo pinto, pero no sé que pintar, también escribo, pero palabras invisibles, me río y hago chistes sin saber por qué, solo para comprobar si soy feliz. En clase me enseñan cosas que ya sé, y las que no sé me dan igual. Quiero ser feliz, busco mi felicidad, sonrío todo el tiempo pero no la encuentro. Dicen que se encuentra en (...)
Y eso es en lo que pienso todas las noches cuando no puedo dormir. También lo pienso en clase o cuando voy por la calle con mi abrigo negro aguantando las malas miradas de las personas. Me alegra saber que esto se debe a la adolescencia y cuando acabe una calidez inundará mi cuerpo."

Onde cres ti que podemos atopar a felicidade? 

Cres que bailando podemos atopar chispazos de felicidade??
Cando bilar é unha ARTE!! City stars...
 
Inspiracións de cine...

Agora xa comprendes por que tes seguir aprendendo a bailar... ou non.






lunes, 13 de febrero de 2017

ESCALADA: Feliz día de San VALIENTÍN!!

A vida trátache como ti trátasche a ti mesmo!!

Cada un de nós ten que tratarse ben, ten que darse a oportunidade de crer nel e saíndo da zona de confort arriscarse a probar algo que da medo. Porque a escalada nestas condicións, co material axeitado de calidade e  excelentes monitores é totalmente segura, a realidade é que non ten perigo algún. GRAZAS a Félix, Elena, Chicho e Mariquiña por darnos esta oportunidade tan chula de superación persoal a través do deporte da escalada en rocódromo.

Fomos ESCALAR coa intención de achegarnos a un deporte onde o físico e a técnica son importantes, pero sobre todo a cabesiña ou fábrica de pensamentos. Quen foi quen de convencerse de eu quero e podo facelo, quen recoñeceu e enfrontóuse ao medo con pensamento positivo e esforzo pola superación, quen loitou e non se rendíu a primeira gozou moitisimo, experimentando un tremendo subidón de autoestima. 

Foi unha práctica altamente educativa, polas alturas adquiridas e pola profundidade emocional; tod@s sentimos inseguridade e medo, depende como actúes e como te trates,  obterás satisfacción e goce ou ben dor e sufrimento. Conectarse coa dor e bo se aprendes a ter un diálogo interno positivo. 

Nin o teu peor enimigo pode facerche tanto dano como os teus propios sentimentos cando son negativos, nese caso quedas ríxido, bloquead@ e estás a limitarte nunha experiencia que podería ser moi enriquecedora. Sabemos que isto costa logralo, polo que é moi bonito dicir, que a totalidade do alumnado de 1º ESO foi quen de superarse e gozar.

Escalar é un aprendizaxe deportivo, pero aínda máis importante, é EDUCACIÓN EMOCIONAL para a vida.

 A vida non é unha competición a ver quen chega antes, a ver quen é o primeir@, a vida é recoñecer e seguir o propio camiño, cada un ten que asumir os seus propios retos, e cada logro hai que sentilo e disfrutalo!! 

PARABENS A TOD@S, SODES UNS VALIENTES!!

FELIZ DÍA DE SAN VALIENTÍN!!
Escalando fostes tod@s uns valientes !!



























ENQUISA DE INICIACIÓN A ESCALADA DEPORTIVA
 - ROCÓDROMO -  Febreiro 2017

1º ESO  GRUPO:                                                                                                       
 IDADE:                  SEXO:
1.- Escalastes con anterioridade algunha vez?         Onde, con quen?

2.- Gustaríache volver escalar?           Por qué?

3.- Cales cres que foron os obxectivos de ir escalar?
Persoais.-
Sociais.-

3.- Valora a práctica de escalada deportiva:
 Moi boa      -      Boa      -       Regular      -      Mala

4.- Valora aos profesionais de AMI
Moi bos       -       Bos      -       Regulares    -     Malos

4.- ¿Cres que o vídeo que viches con Mariquiña axuda a coñecer  o universo (deporte/aventura/cultura)  da montaña?

5- Que outros deportes de montaña coñeces? Que modalidades che gustaría practicar?

6- Coñeces as posibilidades que tes de achegarte a montaña se te fas socio de AMI? Estás pensando nesa posibilidade?

E agora a seguir bailando corazones!!!!! ja,ja
 e viaxando en bici, ata que toque ir a SURF e PIRAGÜISMO!! oleeee

Quenes ides facer LASER e ESCALADA? como extraescolar??


jueves, 9 de febrero de 2017

"LASER RUN" ehhh ESO que eee?

Pois unha nova especialidade deportiva na que, 
coma sempre, en Zalaeta imos por diante. 
Temos a sorte de ter con nós a "CenTOLA" Ruth, que a semana pasada estivo poñendo a disparar ao branco a tod@s os esitos (1º ESO), e vaia se corrían motivad@s para chegar triunfitos a meta!!

e houbo tan grande aceptación, que xa contamos cun equipo 

 luns e mércores 
ximnasio en horario de 18:30

 Esta proba combinada aínda ten moito percorrido, xa que está nacendo e sobre todo é unha opción interesante, porque vai celebrarse aquí na Coruña o campionato de España nesta modaliade. Áinda estás a tempo para chegar e non desentonar.

Como explicaba Ruth, que por certo, non hai arma algunha que se lle resista a esta muller, é unha simplificación do Penthalon, xa que non dispoñemos de cabalo no insti... por tal motivo, moit@s deportistas noutros lugares e países, están deixándose seducir por esta novedosa disciplina deportiva, LASER RUN- Tirar con pistola de láser e correr


ou opción TRIATLE- Tirar con pistola de laser, correr e nadar. Esta modalidade podes practicala tamén con Ruth no Club do Mar.

Aquí podedes recordar como algúns onde poñíades o ollo poñíades a lucecita verde!!!



















Se aínda non atopaches o deporte que máis che gusta, ven probar iste!!

ESPERÁMOSTE!!