Cando voltaremos A MAR?

Cando voltaremos A MAR?
TVG: O surf chegou a Zalaeta!

lunes, 24 de septiembre de 2018

ZALAETA: Quen dixo medo?

En Zalaeta somos xente destemida que gozamos asumindo retos de superación. 
 Gústanos o noso instituto e sabemos facer grupos onde hai un gran benestar social.
Sabemos valorar ó que temos e agradecer a quen nos facilita ó que nos falta...

Todos os días por vir en ZALAETAcomo canta Serrat: poderían ser un gran día, en parte depende de ti... 
Superado con creces este primeiro reto grupal, a semana que ven imos traer as bicis, tedes que axudarvos. Hai que apoiar, animar e ensinar aos que están en proceso de aprender a andar ou manexarse con seguridade en bicicleta. Procurémonos unha cidade máis amable e sostible, cunha maior concienciación ambiental.


Grazas ao CLUB DO MAR de San Amaro por cedernos en horario escolar de mañá,  unha parte da piscina para poder celebrar  a benvida dos esit@s cunha festa da auga xogando a
WATERPOLO
Grazas as xogadoras Marina (ex-alumna), Raquel e Sara adestradora do
 Club Natación da Coruña por facer posible este achegamento a este balonmán acuático tan divertido. E se queredes máis:  https://www.cncoruna.com/Noticias%20Waterpolo.htm

 Na procura do AUTOCOÑECEMENTO e a AUTOACEPTACIÓN
 Sei pasalo ben compartindo xogos e balón cos meus compañeir@s na piscina? 
ACTITUDE RESPECTUOSA,  RESPONSABLE E AMABLE
 Cal é o meu nivel de adaptación ao medio acuático?
 Síntome a gusto nadando na piscina? e na mar? 
Cal é o meu nivel de Natación? É importante saber nadar en Coruña?
 Comprendín cales son as claves técnicas e tácticas deste deporte de equipo?
 Motiveime intentando meter gol na portería do equipo rival?
 Sei traballar en equipo? Ou vou a "miña bola"?
 Teño habilidades comunicativas?  
 Sei traballar na corresponsabilidade compartida nenas e nenos?
 Recoñezo o mérito cando fai unha xogada bonita o outro equipo?
Sei cumprir coas regras de xogo?
 Cando teño dudas, pregunto?
  Son capaz de ter AUTOREGULACIÓN E CONTROL? 
 Sei ter iniciativa en ataque?
 Sei valorar o esforzo e acertos dos rivais?
 Baixamos a defender?
 Os nenos son mellores que as nenas facendo deporte?
 Estaban equilibrados os equipos e había gañas de gañar?
 Pedindo o balón ou facendo natación sincronizada artística?...ja,ja
 Hai quen foi a lúa por primeira vez... e ten moito mérito 
é moi bonito recoñer ,  apoiar
 alegrarnos cando os nosos compañeir@s están a superarse
Hai quen nada pola piscina coma un peixe, ou pescada... ja,ja
Nada como nadar para logo compartir xogos con balón
 Ao principio había quen estaba pegad@ ao balón
 Ata que vimos que o balón é máis obediente do que parecía...
 Que levante a man que estea atendendo a Sara
 Consigamos goles como soles
Que bonito é xogar
 Que bonito é rir
 Que bonito e sentir que nun grupo contan contigo
GUAP@S!!


martes, 4 de septiembre de 2018

Physical Educacion: Waterpolo, Bike, Surf, Climb and FUN FULL BODY...

Setembro chegou e coa súa presenza marcha o  verán...  
Este curso farémolo igual de bonito ou máis que o pasado, apostando por 
un alumnado destemido que medre san e feliz facendo FUN FULL BODY...

O instituto Zalaeta participa nun documental seleccionado para o Festival de cine de San Sebastián
Moita sorte Frida Films!!  
O ano pasado asistimos no centro a unha charla con Gallo, campeón do mundo de surf adaptado . Acompañábao outro cego, Marcelo; quen amosounos como se pode ser skater sen ver.

Despois o alumnado que comezou facer surf en Zalaeta tivo a oportunidade de gozar dunha clase de surf con Gallo, coa colaboración de Nacho de Galisurf, podedes ver aquí ese día tan intenso 
Este grupiño foi ó que vivíu esa experiencia en Bastiagueiro inolvidable. Foron os nen@s os que compuxeron a letra desta canción que adicamos a Gallo e emocionóuse todo con nós...
Ao ukelele Nacho, co que xa estamos argallando as clases de surf de este ano.
 Siiiii "Querer es poder"


Cos esit@s comezaremos facendo waterpolo, aquí recollidas a experiencia do ano pasado:
https://movendocu.blogspot.com/search/label/ALC%3A%20VIDA%20SAUDABLE.%20BICIS%20e%20probamos%20WATERPOLO%21%21

Se aínda non realizas ningún deporte de forma habitual aínda estás a tempo de atopar o teu deporte...
Que aporta cada deporte na formación dos nen@s ou moz@s?
https://elpais.com/elpais/2018/08/28/album/1535470131_391867.html
Ascensión imparable da práctica do fútbol polas nenas e mozas
https://elpais.com/deportes/2018/09/10/actualidad/1536565151_435200.html




Verán de lingoa de salitre "...asolagada de golfiños,
 marea de murmurios que en algures 
serán canción e verbo,
serán tal vez metáfora,
serán estames libres nas corolas 
dos beixos de quen ama
o mundo en sinfonía"...
Esa lingoa "que sabe rimar versos coas estrelas, coa que soño e coa que falo, coa que escribo montaña e máis abismo, coa que rimo loucura con cordua..."
Agora imos para un "novo outono inmenso
que fala coa fonética do vento" enchoupada de choiva, e tamén dos medos...
Chega un novo curso para darlle vida ao instituto 
e podería ser que veñen a nosa cabeza iso que non queremos... e sae pola língoa...
Cando comeza o curso entristece quen deixa de soñar 
e falar bonito...
  "Non pronuncies cariño nin saudade,
non digas liberdade, nin xustiza,
non fales horizonte, mar nin auga..."
 "Anatomía da Lingoa" (Lingua de amar, lingoa de amor)
Poemas de Antón CortizasAmado e ilustracións de Leandro Lamas

Fixémonos neses momentos, nesas palabras que saen de dentro a fora nos reencontros cos compañeir@s e amig@s, fagámolo bonito, que ninguén se sinta só, xulgado, aillado ou non querid@.  Que todas as palabras pronunciadas con afecto e os silencios, os sentimentos aos que lles poñemos voz ou non, sexan compartidos en sintonía, para que sexan oasis que eclipsen as tristuras ou penares nun sistema educativo aínda moi mellorable...

Os nen@s e moz@s teñen que confiar neles, ser curiosos, autónomos, ter espíritu de iniciativa, comprometerse, sentir que poden tomar decisións e crear, ser libres nalgún momento do proceso. Axudémoslles a que teñan sensación de pertenza a un grupo que trata con afecto a tod@s, 
nun clima de aula que xenere confiar nos demáis...
Fagamos unha educación  

(CUERPEAR, PENSAR E PALABREAR)

física e bonita...
FUN FULL BODY
Comezaremos con condición física e saúde. Adaptaremos os sistemas de adestramento para que poñerse en forma sexa un proceso asequible a tod@s, segundo nivel e gusto de cada quen, tedes que propoñervos algún reto físico alcanzable e loitar por conseguilo. 

Os clásicos sistemas de adestramento contínuos e alternando ritmos, fraccionados e interválicos, e circuitos deron paso ao que hoxe en día é a forma de adestramento máis extendido o
CROSS FIT  cos seus WOD (Work of the day) que se imparten nos BOX ou open box, ou instalación específica que non é un ximnasio tradicional e quedadas para practicar libremente. É un sistema de adestramento intenso, con moita variedade de exercicios e moi adaptable a cada practicante, combinando ximnasia (con anillas, cordas para trepar, box jumps), halterofíalia (con barras e pesas, pesa rusa) e carreira. É moi importante a comunidade ou apoio e ánimo entre practicantes que se esforzan xuntos pola superación por retos conseguidos e compartidos.
Dentro do cross fit hai diversos WOD, que son aplicados hoxe en día para mellorar a condición física de calquera deporte, o cross fit é unha ferramenta ideal para mellorar o rendimento deportivo. 
Tábata con tábata songs 
https://youtu.be/aUYRVSNz_VY
AMRAP (As many rounds as possible)
 https://youtu.be/6p7lrurmuZc
EMON (Every minute on the minute)
https://youtu.be/64AroT8X64Y
HITT (High intensive interval trainning)
https://youtu.be/4ju0E_5Nl8U

PODES FACELO, QUERES FACELO?


SISTEMAS de entrenamento
TEMPO

EN QUE CONSISTE?


TÁBATA
Típico cross fit
   
  4´
Tábata son x 2

8 (20”X10”)
8 exercizos en 20” ao máximo número de repeticións


AMRAP (As many rounds as possible)
Típico cross fit




Serie de 4 exerc x 8-20 repeticións
Máximo número de series que podas, dosifica. Menos descanso máis series


EMON (Every minute on the minute) cross fit


4 repeticións de cada un dos 4 exerc da serie x 1 ‘ . Se acabas antes descansas


HIIT (High intensive interval training)
cross fit



Rutina de exercicios a grande velocidade. Pouco tempo pero moita intensidade. Se non podo co exercicio  márcao, pausa activa.


CIRCUIT TRAINING




8 estacións
40x20”
En círculo ou en oleadas

A poder ser na natureza:
FARTLEK
Percorridos con escaleiras, espaldeiras material diverso. Contínuo con alternancia de ritmos, obstáculos, xogos de ritmo…
BOOT CAMP
Baseado no entrenamento militar peliculero con dominadas, sit ups, fondos… Incluir movementos de combate.
PALEO TRAINING
Preocupación pola desnaturalización e recordar a necesidades dos primeiros homo sapiens de cazar, pescar, escapar de mamuts para conseguir comida… “Dieta” paleolítica. Veganismo/ioga…

  





















Hai quen prefire  para poñerse en forma, e coa música como imprescindible



Zumba
https://youtu.be/5fcnsEXU4eo
Ou boxeo e artes marciais evolucionadas... cardio kick boxing...
Body contact
https://youtu.be/UOp8nmruHXw

QUE BUSCAMOS MELLORAR?
Resistencia (capacidad cardiovascular de almacenar, procesar e utilizar osíxeno) e activar metabolismo. Forza ou capacidade de xerar enerxía. Flexibilidade. Velocidade. Axilidade, coordinación, equilibrio, precisión. 
Despois dunha valoración inicial, repites a rutina nunhas semanas e miras se melloraches. Sobre todo buscamos atoparnos mellor con nós mesmos, conocer o funcionamento do noso corpo e estar satisfeit@s coa nosa imaxe corporal. Pasalo ben e facer amig@s compartindo actividades deportivas que se adapten a nós. 

CALES SON OS PRINCIPIOS BÁSICOS DA
 PRÁCTICA SAUDABLE?
Adaptación ao esforzo; quecemento. Progresión de máis descanso a menos, de menor a maior intensidade e tempo. Individualización. Dependendo do teu nivel exercicios adaptados, nin máis intensidade da que podas, nin menos. Exercicios correctamente realizados, forte faixa lumbo abdominal, boa alineación corporal para non lesionarnos. Respiración importantisimo, mantena constante, non aguantes a respiración. Acabar con estiramentos e volvendo a calma.  A música axuda e moito, a compañía e motivación máis. 

Despois dalgunha práctica, tendo claro en que consiste e que buscades mellorar, teredes organizaros en grupos de 3 e elixir un sistema de adestramento, exercicios e combinalos no tempo de realización, número de repeticións que decidades segundo as claves de cada sistema...

Humanos e máquinas ou
 humanos contra máquinas... 
Cara onde imos? Que video xogos e Apps coñeces?
TECNO FITNESS 
 Tecnoloxía,  dixitalización, realidade virtual e xogos ou EXERGAMING para motivarse. Para medir permanentemente o corpo e a súa capacidade de esforzo  GADGETS e WERABLES: reloxes, fagas, pulseras, brazaletes, integrado en calzado, prendas de roupa intelixente...) Termos como  SELFTRACKING (seguimento, autocontrol), COMMUNITY BUILDING (creación de comunidad que une a personas que viven en calquera sitio, compartindo en tempo real). En calquera caso, si ou si hai que moverse e temos que manexar inglés para falar...Work out, Fitness, Cross fit, Cardio hitt fit, Amrap workout, Body weight tábata,  Full body...
 Que tal pronuncias BURPEE? Quen inventou os burpees?  http://www.planetatriatlon.com/quien-invento-los-burpees/
Sabes facelos ben? Variantes para enriquecelo?
  CROSS FIT GAMES
No 2007 nacen en California os crossfit games, ou competicións internacionais de esta modalidade, comezando con 80 atletas e pouco público... a escalada foi brutal agora énchense estadios con participantes de máis de 80 paises... https://youtu.be/5y92hjZNEjI 
Queres saber onde serán os próximos e como se organizan, quen patrocina isto?...

PARA QUE EDUCAMOS?

Ademais das cousas que podería facer mellor a administración...
Que poderíamos facer mellor os profesores?
Para que os adolescentes estean en un bo estado de saúde e sexan curiosos e felices aprendendo