Cando voltaremos A MAR?

Cando voltaremos A MAR?
TVG: O surf chegou a Zalaeta!

jueves, 20 de diciembre de 2018

ESCALADA: Deporte de AMIs en Zalaeta!!

É posible gozar da natureza en horario escolar? Siii
É posible sentir que escalar axuda a superarse? Siii
É posible desexarnos unhas boas festas de Nadal escalando? Siii

Esta semana fomos  ESCALAR e para chegar alí viaxamos en bicicleta 
 conectándonos  coa cor do ceo, coa salitre do mar
 co son dos estoupidos das ondas 
Sentíndonos máis viv@s e felices na natureza!!

O bonito é escalar en rocha ao aire libre, pero a maioría dos humanos vivimos en cidades, para iso están os rocódromos, para entrenar e
  sacarse o mono ou mona que tod@s levamos dentro...

Chegamos ao rocódromo moi motis, cunhas enormes ganas de superar un novo reto en EF.

Hai quen quería e sabía que podía subir ata arriba de todo, hai quen non sabía do que era capaz de facer e conseguíuno ao primeiro ou por loita persoal no segundo intento. Hai quen superou medos e conseguíu chegar o máis alto posible, e non por isto ten menos mérito.
PARABENS A TOD@S!! SODES MOI VALENTES!!

Dicimos que a escalada é un deporte de equipo porque en Zalaeta cada vez hai máis AMIs ou amig@s que entenden que compartir vivencias escalando nos fai mellores como persoas e fortalece lazos de grupo. Ides ver escalar a Pilar e Dani? Adrián acaba de comezar, pero despois destas xornadas @s AMIs seguirán crecendo en Zalaeta


Mariquiña, Elena e Rebeca axudando a atopar o camiño de cada quen nas alturas do rocódromo.
 Mentras Félix preparando ese proxecto vital que será unha aventura moi moi dura, levando o corpo ao seu límite e a cabeza tamén. Moita sorte nese K2 menos amable en inverno...

E aquí están imaxes vosas desta semana antes da celebración do Nadal
Nós xa estábamos de brincadeira dándoo todo
Aínda que a escalada é un deporte moito máis ZEN
O ambiente prefestivo xa estaba no ambiente
Celebrando esta oportunidade de subirse polas paredes
Aproveitastes ese subidón
Facendo dun día de diario algo especial con moito significado
Queremos e podemos facelo!!
E coma sempre fixémolo!!
Parabens, sodes uns campións!!
Veñámonos arriba en Zalaeta
E despois de subir viaxe de volta para baixar, estilo "chouriso" ou rapelando con boa técnica
Coñecendo a vosa valía; non nos esperábamos menos destes esit@s
Este grupo deixando moi alto o número de "arribadas" 
Moi bo ambiente grupal de apoio, mezcla de excitación e tranquilidade
Foi moi bonito acompañarvos e darvos ánimos para que creades máis en vos mesmos 
Grazas as monis de AMI por facelo posible




































Mariquiña : "Estes nen@s de Zalaeta son bos escalando, teñen mañas de campións" 
Helena: "Xa verás como aquí hai canteira"

Así que xa sabedes pala e pico, pala e pico... ja,ja

Veñaaa agora gozar dun merecido descanso nestas vacacións de NADAL!!
E A SEGUIR ENCHENDO O CEO DE ESTRELAS...


@s que van ir esquiar vémonos no reino das neves... a volta argallaremos un
 ALABAILA que vai ser de CINE... Desexarémonos un FELIZ 2019 bailando!!