Cando voltaremos A MAR?

Cando voltaremos A MAR?
TVG: O surf chegou a Zalaeta!

jueves, 11 de abril de 2019

SURF: Paraíso tú! MAR!

Un mar, un océano, unha táboa de surf, un grupo de surfeir@s, unha guitarra, un alemán. Un nome, unha nena, unha loitadora, unha familia con amigos e persoal médico e de enfermería, unha loita...

Vai por tí Lucía!    
Vai por nós que celebramos
 saúde,  amizade,  conexión coa  natureza,  
vivindo a sal do SURF !!

Cruda e dura realidade da "Cultura" do botellón: 
Violencia sexual a golpe de móvil y chupito
"La práctica del consumo excesivo de alcohol y el aumento del uso de móviles y redes sociales configuran el escenario para nuevas formas de agresión entre los adolescentes"
https://elpais.com/sociedad/2019/04/12/actualidad/1555086716_607808.html

GRAZAS Nacho, Fabi e Carlos pola vosa profesionalidade e entrega, sodes macanudos!
SIGAMOS CONSTRUÍNDO UN MELLOR MUNDO POSIBLE para nen@s, moz@s!!
Ready?
 Go!
 Semana con diversidade de mar, climatoloxía, ondas, vento...



 Mar pequeno ideal para comezar




 Para deslizamentos asistidos



 Zalaeta´s SURF con moito power!


 chubascos potentes





 Na procura dos sons da memoria...






 Monis!

Paraíso tú!
 Ou como bailar enriba dunha táboa





 O Alemán a todo ghas

 Arriba Mates



 Arriba Zalaeta!
 Gran aproveitamento, PARABENS!!




viernes, 5 de abril de 2019

Gala ALABAILA: A festa dos corpos libres danzantes!

GRAZAS A TOD@S por facer  posible ó que din que é impensable...
Un ano máis xuntámonos no noso pequeno e incómodo salón de actos para celebrar que deixar voar o maxín e entusiasmarnos contando historias e bailando, este ano de cine, é algo máxico e imperdible. Temos poucos medios, pero aínda menos medos. E claro que hai tongo! tongo tongo clarisisisisimo, Coma sempre o peor os xuices...ja,ja Grazas por vivir con nós este bulebule ALABAILA!

Viva o ALABAILA! Viva o tongo!
Viva o dudar e o discrepar con boa educación e xuizo crítico,
 porque iso nos fai máis seres, humanos! 
Viva o noso alumnado sensible, intelixente e valente!

Grazas a Sofía e  Lucas por facer as gravacións co móbil, de baixa calidade porque non iba a cámara. Grazas a Ximena e María pola tecnoloxía dixital ou poñerlle dedos as teclas das luces. Grazas a Andrea, Amalia e Clara por presentar unha Gala tan impresentable...ja,ja 
Disculpas polos erros co micro, as músicas... foron oito pezas de 8´ e manexar todo iso é complicado, e aí está o bonito, somos quen de asumir retos de alto nivel de diversidade de esixencias e acabar cunha brutal satisfation! 
Aspectos relevantes traballados:
Ritmo, coordinación, sensacións cinestésicas e memoria motriz, percepción espacial, equilibrio e control motor, capacidade de control tónico e de relaxar-activar, falar en público dende un escenario, falar co corpo ou linguaxe corporal e expresividade, mirada activa como público, argumentar ó que vemos e que nos produce, dirección de escenas, motivación e impulso de logro, iniciativa, toma de decisións dende o xuizo crítico, habilidades sociais e boa xestión dos conflitos, bo autoconcepto e aceptación da autoimaxe corporal, satisfacción, confianza no grupo, amabilidade, optimismo...
Recordando como foi o proceso
1- Elexir peli, vela completa (excepto la niña del exorcista), sacar material.  Indagar, facerse preguntas, posibles guións, escenas, imaxinar, tirar deses fíos. Ao principio con inseguridade no corpo.
2-Explorar. Probar, sentir, improvisar, cara onde nos leva ó que probamos? Que pode aportar cada un?. Momentos desconcertantes, non se sabe que sairá desa exploración.
3- Construir Escenas. Do que se vai probando, imos quedando co máis válido, e iso se vai mellorando, encaixándolo nunha orde, nun tempo limitado. Imos atopando seguridade. 
4- Produto final. Unha vez están cortes de música, vestiario, probar con luces e ensaialo nuns pases previos. Agora hai un subidón, aínda que o día anterior a estrea volven a sentirse inseguridades.
5- Posta en escea na Gala ALABAILA. Cada grupo amosa o seu, e mira con interese as pezas dos demais grupos como público. O escenario pequeno e o aforo reducido do salón de actos fai que quen non teña gran compromiso neste proceso, unha vez dea os mínimos fai deporte.

1ºA "La niña del exorcista" Segundo posto
ou que feitos poden facer que alguén de 12 anos poda tolear nesta sociedade hipercompetitiva...

O primeiro posto foi para 1ºB co seu "Titanic"
Moito máis cunha historia de amor, un berro imparable polo inxusto trato de desigualdade inhumano. Parabens faranduleiros, vos xa triunfástedes con anterioridade no Teatro Rosalía de Castro... 

E para moit@s o favorito, o gran grupo de 1ºC co seu "El gran showman"
Que por que non foron finalistas? Pois porque as catro pezas eran moi boas e o xurado tivo a ben dilucidar e tomar unha decisión moi cuestionable, que loxicamente non gusta porque estes nen@s tiveron un proceso de creación impecable e o resultado é fantástico.

E compartindo 2º posto 1ºD cun "Corazón de tinta"
ou historia de amor aos libros que nos fan vivir outras vidas, outras fantasías...

E vivindo co alumnado de 2ºESO máis momentos ALABAILA brillantes ou obscuros: 
Luces e sombras da humanidade...
2ºA- "West side story"
 
Cun Tony lesionado substituído por Sofía contando de que iba o conto no pasado e como temos que situalo na actualidade

2ºB- "Grease"       
Cunhas nenas e nenos moi metidos no papel, é dicir, rivalizando, xerando confrontación e presión de grupo, e tensión sexual mal resolta. Na peli logo tan amig@s... pero na vida real mellor ser asertiv@ e ter máis criterio propio, e as relacións de parella mellor dende o respecto e a complicidade entre iguais.  

2ºC- "La madrina"
Porque Ruggero el padrino; el ragazo piu bello marchou a italia a arreglar uns asuntos de familia...ja,ja cunha nena metida na pel de nai Corleone que pola familia mata...

2ºD- "Sufragistas"
Esta peli foi contada poéticamente. Cantada con potentes voces de mulleres fortes, libres e combativas que sacuden conciencias. Cun espello onde reflectir a realidade, mirando cara adiante descubrirnos, a través dos ollos que nos miran e proxectan en nós, destellos de luz como soles, compartindo enerxía renovable e sorrisos esperanzadores e cómplices, cuns versos sanadores...

  "Cualquier día nosotras"

" Cualquier día nosotras
borraremos del diccionario
las palabras víctima, agresión,
invisible, machista, golpes, minutos de silencio."

 Marta Navarro García