é o que deberían aprender os nosos nen@s e moz@s neste 2021
Ojalá que este virus consiga centrar la educación en la dimensión humana y social. Sea capaz de dotar a nuestros hijos de las competencias CLAVES necesarias para poder hacer frente a la vida y a la adversidad
GRAZAAAAS COMPAÑEIR@S!!
BRUTAL, IMPERDIBLE, XENTE DE MOITO COIDADO!
CURSO 2020/2021
BENVID@S a Zalaeta os novos esit@s e as súas familias, .
Seguimos na loita contra o malditu virus... QUE TE METO!... ja,ja
Prepardos para todos os "escenarios posibles"....
Isto acabará e acabará ben coa axuda da ciencia. Na EDUCACIÓN temos que darlle unha volta a todo, non hai nada sabido, nada feito, todo está por vir, por explorar, por innovar. Estas incertezas dan vértigo, pero tamén teñen a súa "gracia"...
Vai ser un curso moi dificil estamos baixo unha "tormenta perfecta", por iso precisamos coidarnos, axudarnos explorando novas vías e o sentido do humor que non falte! Que diferencias atopamos tan só nunha década de vertixinosos cambios?
Vista a película ou drama do curso pasado...
Agora os novos esit@s e esotes sodes os actores principais doutra nova película, que comezamos, prevenid@s ACCIÓN!!... xa estamos rodando, polas dudas vendo posibles escenarios, comezamos a rodar unha semana máis tarde...
Vai de intriga polos enredos e mal estar nos centros educativos por mor de que algúns non fixeron os deberes, non aprenden nin sin nin con pandemia. Contextualizando: SXXI, tempos de postverdade. O título da peli tedes que poñelo vos, suxerimos:
- "Lo que el viento se llevó"
- "Ser o no ser"
- "El profesor chiflado"
- "Aterriza como puedas"
- "La llamada" ( de Inspección coas últimas ocurrencias...jaja)
A CULTURA non é un a parte, ou unha parte, non é algo exclusivo de expertos, administracións, xestores culturais, intelectuais...
EDUCABILIDADE? ESCENA PLURAL?
É a capacidade do ser humano para aprender, asimilar adaptarse ao entorno, completada con outros procesos do entendemiento que converten en CREADOR, ARTISTA E PRODUCTOR INTELIXENTE. O alumn@ non so asimila e se adapta, se non que tamén se proxecta para crear cultura. (B.Malinowski).
E canta falta de cultura e ignorancia escénica temos...ja,ja
COMO IMOS DE MOTIVACIÓN?
Segundo a "anticuada" pirámide de motivación de A.Maslow da década dos 30 do SXX, onde describe a xerarquía de necesidades dos seres humanos para chegar a sentirnos autorealizados, poderíamos estar de acordo na base, as necesidades básicas de supervivencia.
Negámonos a identificar unha EF con alumn@s sentados nunha aula e telos enfilados.
Como conseguir integrar os corpos vivos dentro dos protocolos de seguridade nas aulas? Como contribuir a adaptación das necesidades personais dos esit@s?
- Precisamos máis que nunca traballar a corporalidade e os afectos, que teñan un sentido de afiliación ou pertenza a un grupo, é moi necesario que convivan dun xeito presencial, de vivir nos seus corpos presentes interactúando intelectual/ corporal/ emocionalmente. As aprendizaxes ricas son procesos sociais; teñen que axudarse, colaborar, e cooperar entre si.
- Aprender é unha das experiencias personais máis gratificantes e positivas, para aprender hai que estar tranquil@ e content@ . Precisan ferramentas de relaxación-respiración e intelixencia ou xestión emocional. O almun@ ten que ser un ente activo ou o actor protagonista, cunha implicación, compromiso e reflexión contínua sobre o que está aprendendo. A síntese comprensiva e que sexan capaces de contar o que aprenden fai que teña sentido e significado o aprendido.
- Precisamos ter claras as metas que perseguimos para manter constancia e enerxía. Todas as experiencias e metas de aprendizaxe son subxectivas ou con adaptacións individualizadas en función das capacidades, experiencias previas do alumn@ e motivaciones.
GRAZAS Zalaeta por ESOS chutes de felicidade desbordante e idealismo adolescente que son o máis bonito e potente do mundo!
APERTAS OCEÁNICO ZALAÉTICAS!!!
Síntome moi agradecia a todos os compas, aos que me precederon e aos presentes por soportarme e enriquecerme. Tamén aos especialistas de fora, quenes entrando en Zalaeta ou saíndonos nós, contribúen a facer do noso alumnado seres humanos máis sensibles e intelixentes, máis felices e competentes.
Meu agradecemento é total pola consideración e benevolencia coa que sempre fun tratada por todos os membros desta comunidade educativa. A bastantes nais e pais deilles clase de EF cando era nova, e facelo agora aos seus fill@s de vella ten moita guasa. Pido disculpas a tod@s por cando non souben facelo mellor, as veces por malos entendementos, falla de confianza ou diálogo sinceiro, falla de medios ou tempo. Aínda asi algo bo perdurará, porque a colleita das mareas as veces é a máis longo prazo. Todas as persoas, os alumn@s tamén son persoas, fagamos as cousas con máis ou menos acertos ou erros, somos merecedoras de respecto e consideración.
vémonos no mar, quedo "alMARgen"...