Fran e eu aprendimos a complementarnos e navegar con bo tempo, entre néboas ou con refachos desestabilizadores, enredándonos nun sinfín de zafarranchos cheos de vida. Unha educación que ignore o corpo, sen creatividade, sen conexión coa natureza e a súa contorna, ou que non sexa integral e integradora, a nós non nos representa. Ensinar-aprender CUERPEANDO e INDAGANDO é algo apaixoante, é transformador. Cuerpear é conectar, liberar o corpo das ataduras, deixalo fluír en liberdade. Indagar é ensinar a facernos preguntas sen impoñer respostas. O corpo nin se pode ignorar nin maltratar. Non hai un prototipo único de corpo normal.
Procuremos templos do saber, abertos, permeables, onde non matemos a creatividade. Zalaeta é un insti onde escoitamos aos adolescentes acompañándoos dende os afectos. Rir, axudar, ler, argumentar, xogar, teatralizar, viaxar é o noso compromiso coa saúde e benestar. Todos temos algo bo ou exemplar e algo mellorable, faltaría máis, sexamos humanos e non perfectos, infalibles ou creídos é moi aburrido e prexudicial para a saúde.
Coa pandemia con máis motivo tod@s somos aprendices. Como sociedade temos que repensar mellor e sen urxencia, aínda que agora todo é apremiante... Pero redefinamos que é éxito, fracaso, proceso, resultado, avaliación, exame, intelixencia artificial, ética social e reprantexémonos como educar?, onde? cando? e para que? porque o mundo xa non é o mesmo...
Aprendemos formándonos, tamén dos compañeir@s, pero sobre todo interactuando co alumnado.
EDUCAR é manter unha relación humana cargada de emotividade e paixón. Implica coñecementos, e tamén coñecerse, aceptarse e esforzarse cada día por ser útil na vida a alguén. Implica responsabilidade para saber guiar no cumprimento das normas de benestar social nas que se basean as relación humanas. Implica liberarse de prexuizos e medos e vir pasalo ben. Educar é acompañar, ser cómplices, ilusionarse, rir, enfadarse, alegrarse, entristecerse, volver a rir e ilusionarse.
Educar é crer no relevo xeneracional, en quenes seguirán construíndo o mundo, derrubando muros, rachando cousas que xa non lles serven e conservando as válidas. Interactuando interxeracionalmente enriquecémonos todos e facémonos máis grandes. Educar e crer nos nen@s e colaborar entre nós e cos pais, con educadores doutros instis ou entidades do barrio, programas colaborativos na cidade, intercambios…. e o equipo directivo coa administración, gobernantes… fai falla a tribu ao completo!
Por favor, non permitades que aquí en Zalaeta nada nin ninguén vos diga que non sodes capaces de facer algo. Facédeo, pelexade por seguir devolvéndolle ao instituto, un barrio e un mundo mellor, asumamos a nosa responsabilidade zalaética. Será cousa dunha boa confluencia de mocidade e veteranía, a condición de barrio obreiro, os airiños dun mar bravío, o voltar a casa nas noites bohemias ben ghiadiños polos refachos da Torre, polo noso tradicional poderío no voleibol ou porque somos de armas tomar, ou peixes de moito coidado, non sei, pero creo que neste instituto hai máis vidilla que noutros, que achantan máis ou van de "estiraos".
Síntome enormemente agradecida, privilexiada e recoñecida nesta tribu zalaética. Se teño algo de mérito é pola ilusión e enerxía que me move e aínda me conmove, Non son unha impostora, non me corrompín, non son unha muller cansada, nin aburrida, nin ríxida, nin desesperada, nin amargada ou que non desexa.
Desexo un ensino mellor para tod@s e fun moi feliz loitándoo con dous… recreos!! Ja,ja
Terei que aprender a renacer cada setembro gozando de novas mañas mariñeiras, agora achicando máis e xa noutra deriva da vida.
Avante Zalaeta!!! Ánimo compañeir@s sodes coñonudos e caralludos!! Arre coño, carajo, puñetas, Zalaeta, Zalaeta!!
E FELIZ SOLSTICIO DE VERÁN!!
Grazas Laura (1ºA) por compartir estes anaquiños de natureza en vena
En que se poderían invertir ben os cartos para unha mellor educación a curto, medio e longo prazo?
Como as aprendemos?
“Si me lo dices, lo olvido; si me lo enseñas, recuerdo,
si me involucras, aprendo”. Benjamín Franklin
Que medos nos veñen a cabeza e poden debilitarnos ou facernos máis vulnerables?
Medo "sanitario" a contraer/contaxiar o maldito virus, máis medos económicos, ecolóxicos.... Máis os outros, a perder o control das emocións. A equivocarnos. A ser un mesm@ e non gustar. A crítica e a desaprobación. A estar só e ao rexeitamento. Ao fracaso, as falsas expectativas. Os humanos temos a habilidade de facer que persistan as emocións negativas. Para ser máis libres e ter menos medos
Nunha comunidade educativa onde cada quen cumpra as súas responsabilidades, se cultiven a curiosidade e os saberes a través da experimentación, os procesos creativos e a posta en práctica para a vida do aprendido, onde nos tratemos con sensibilidade, intelixencia e afecto, paciencia, confianza, onde nos sintamos tranquil@s e content@s...
Xuño! aínda non abrazaches árbores e estrelas ou puxestes un pé na area?
"Te voy meter un fotón que lo flipas!" ja,ja Hai que ir a praia a por fotones nen@s! nas nosas pupilas, na nosa pel, GOZA NA NATUREZA!!
Grazas Lola (1º A), por compartir este fotón neste fotoxénico saque de verde-volei!
que bonitiño escoitarvos!
nun mundo dado volta por un virus.
Estamos practicando hábitos saudables
agora que podemos ir a natureza?
Grazas Alma e irmá, Diego, Clara e Irene
o móbil é para ti símbolo de poder e gloria... ??
QUE USO ESTAMOS A DARLLE AO MÓBIL?
e demais dispositivos electrónicos?