Cando voltaremos A MAR?

Cando voltaremos A MAR?
TVG: O surf chegou a Zalaeta!

viernes, 27 de abril de 2018

Bici, Escalada, Rafting: Zalaeta víndonos arriba!!

 Máis vitamina N de natureza...
POR  QUE  VIAXAR EN BICICLETA?
Permítenos chegar ao rocódromo ou aos espazos naturais onde desenvolvemos actividades deportivas, xogos, relaxacións guiadas e meditacións. Viaxando en bicicleta vivenciamos ese sabio equilibrio entre corpo e mente conectados en movemento. Practicamos hábitos de sostenibiliade ambiental, sen malos fumes, reutilizando bicicletas e dándolles unha segunda vida... buscamos solucións de préstamo para quen non dispoña de bicicleta. A cultura da bicicleta é saber gozar da natureza, saber respectar as normas de boa convivencia e tráfico, elixir a ruta axeitada, dosificar enerxía, superar desniveles, terreos diversos, pedalear co vento en contra... saber poñer a bici a punto.
POR  QUE  APRENDER A ESCALAR?
Porque quen escala vai ao monte e a montaña é alguén que cultiva o espíritu no santuario da natureza. Escalar ensínate a comunicarte e confiar, a túa seguridade depende de quen te asegura ou guía... Aprendes a sentirte vulnerable, inseguro e con medo, aprendes a non negarlo, a recoñecelo e afrontalo sen que che bloquee ou limite a posibilidade de medrar no aspecto persoal. Escalar é superarte, aceptarte sen compararte.  Aprendes a coñecer os teus límites, a non querer chegar nin máis de prisa, nin máis alto do que podes. A montaña ensina a saber distinguir entre o necesario e o superfluo, cando fas a mochila non podes meter máis do que podes cargar as túa espalda. Tes que saber orientarte tomando referencias, ler nun mapa e no teu interior, ler as árbores, o ceo as estrelas, o noso sol... É saber ir e saber volver, saber perderse e encontrarse...

GRAZAS Mariquiña e AMIs por facelo posible!! http://amimontanismo.es/
Hai un grupiño que quere seguir e vai probar ir os luns de 17:30 a 19:00 ou xoves de 16:00 a 17:30. Sábados de 10·0 a 12:30´. Vas ir probar?


Todos os grupos estiveron moi a altura das circunstancias... PARABENS!!
Asi que a seguir soñando e facéndoo realidade... próximos retos de natureza en vena:
 probas combinadas no entorno da torre e piragüismo
 Chegamos ao rocódromo, xa coñecendo as claves da escalada e moi moi motis!!
 Esa Martaaaaa... se merece una olaaaaaa
 Chegar arriba, ao medio ou máis preto do chan... o importante e loitalo!! 
 Gañas de pasalo ben, de superar atrancos e dese subidón de autoestima en vena... fíxeno!!
 Asegurando ou asumindo responsabilidade na seguirdade dos compas!
 Animándonos e propoñéndonos retos
 Sentindo que tes que crer máis en ti e nas túas posibilidades, 
 depende de ti, e siiii podes facelo!!
 Compartindo e xogando a monear mentras esperamos que chegue o noso turno
Sentirnos felices de compartir vivencias tan potentes
  Intentando coñecer cales son os nosos límites
 cando xa agotaches todas as túas forzas
 e cres que xa non podes, aguantas e subes un pouquiño máis...
 Entendes a necesidade dunha práctica segura, non podemos ir de "sobraos"
 E ves que estás a piques de chegar ao teu reto... decides que non vas rendirte!
 Alguén abaixo está moi feliz vendo como es quen de superarte e está a animarte!
Ver chegar alto aos compas motiva moito
Moita excitación, diversión e complicidade
 Moita forza de vontade!! ou ir ben de cabesiña
 Guiño interxeracional moi chulo a "3ª idade". "Cando sexa avó vou facer deporte asi..."
A importancia que ten a conexión de corpo-mente e emocións...
Hai quen chega con moita facilidade, hai quen fai un esforzo titánico...
 Tod@s tedes moito mérito!! Sodes moi valentes!!
O tempo cando pasa voando... podo subir outra vez?
Hai quen decidíu que quere seguir escalando porque lle senta ben, porque lle fai feliz!!
Bonitas!! Esas nenas de primeiro, un pracer veros medrar cada vez máis destemidas!!
Máis seguras de vos mesmas e competentes para ó que sexa... bieeeen!!
SODES UNS CAMPIÓNS... Que é ser un campión?

Aínda non fostes ao cine a ver a película campeones? A qué estades esperando? Imos destripala e aportar entre tod@s argumentos para debatir... tod@s temos moito por aprender...

PELÍCULA: “Campeones” 2018
Díalogos moi chispeantes, Javier Fesser saíndose de "normal", preséntanos múltiples situacións  divertidas con moitos xogos de palabras ou significados de expresións tomadas ao pé da letra. Grupo humano onde tod@s encaixan, entrañable, empatizas, rachan cos prexuizos en contra da integración de persoas con DISCAPACIDADE INTELECTUAL e consiguen conmovernos. A música reforza moito esa visión positiva e alegre.
Por que o protagonista comportase, pensa, sente desa maneira  cando ten que abordar a pena que lle impón a xuíza? Como reacciona a súa familia, prensa...?
Que é o que vive mobilizándoo e facendo que cambie de opinión?
De onde saca forzas para vencer os seus medos? Quen axuda a quen?
QUE LLES APORTA O DEPORTE AO BENESTAR PERSOAL E SOCIAL?
PODEMOS APRENDER A PERCIBIR O CORPO “IMPERFECTO” E DISCAPACIDADES DUN XEITO MÁIS RESPECTUOSO E TOLERANTE?


Proxecto pionero da Liga Genuine que ilusiona as persoas con discapacidade intelectual, é un proxecto de integración social "a lo campeones"
https://elpais.com/elpais/2018/06/10/album/1528653198_533256.html#foto_gal_1 e apela a todos a través da iniciativa "Las Botas de los Deseos" Unha frase nas botas está cambiando a mellor as súas vidas...   https://elpais.com/deportes/2018/06/07/actualidad/1528384886_651905.html

LIÑAS DE POSIBLES DEBATES:
-    -“En xeral, a socidade non tren prexuizos en relación coas persoas con discapacidade intelectual”
- “Os que somos “normais” somos moito máis intelixentes, por tanto superiores.”
- “Quen as fai as paga. Sempre hai segundas oportunidades.”
- “Ter un fillo con síndrome de down é unha adversidade terrible, un verdadeiro drama familiar.”
- “Criarse sen pai por abandono pode xerar medos que poden arrastrarse ao longo de toda a vida”
- “Unha guarra ou puta é unha muller que mantén relacións con máis dunha parella. É dicir, non asume o roll tradicional de esperar que chegue o seu príncipe azul”
- “A marca España ten un enorme prestixio no ámbito do deporte de alta competición”
- “Enganar a unha persoa que non ten principios éticos e sacar beneficio para un fin nobre é sempre facer xustiza social”
- “Vivimos nunha sociedade hiper competitiva, na vida real ó que de verdade importa é ter éxito, o importante e gañar”
- “Hoxe en día é posible superar calquera tipo de fobia ou medo”
- “Conducir con dous copas de máis debería sancionarse sempre con servizos sociais”
- “Viaxar é sempre unha oportunidade de medrar pesoal e socialmente”
- “O amor na 3ª idade é unha experiencia irrelevante”
- “Para que unha relación de parella funcione, ambos teñen que ter como prioridade o mesmo proxecto de vida e pensar igual en temas fundamentais.”
- “Para viaxes interurbanos aos grupos de persoas con síndromes de down deberían de poñerlles un autobus especial, pois molestan aos demais pasaxeiros”
- “É ridículo que un discapacitado intelectual poda pensar que é posible reducar ou reconducir a unha persoa normal.”
- Ser aprensivo e hipocondríaco axuda a coidarse máis e vivir mellor”
- “Non é posible que un discapacitado intelectual poda conducir unha moto”
- “A un mozo con síndrome down hai que permitirlle que mire o escote a unha muller dun xeito descarado”
- “Para os hispano americanos vir traballar a Europa no servizo doméstico é sempre unha oportunidade de mellor vida”
- “Un adestrador dun equipo de persoas discapacitadas nunca pode ser unha persoa exitosa”

XORNADA DE RAFTING POLO RÍO ULLA

Con Arrepións sentímonos confiados e segur@s

 Ala que chulit@s eses maiores...
 GUAP@S!!
 Ah! la vida pirata es la vida mejor...
 Preparad@s para equiparse e gozarse... río ata escachar no río...
  

viernes, 20 de abril de 2018

"O surf chega aos colexios como nova materia"

O xoves  tivemos a oportunidade de amosar na TVG esta experiencia dunha
 GALICIA VIVA!
Os nen@s no mar son máis propensos a medrar sans, a ser curiosos, actuar dende o respecto, equilibrio, amabilidade, a sentir felicidade, benestar persoal e social.
Na nosa praia a vida é máis refrescante, intensa e inmensa...   Facer surf permítenos sentir a natureza en todos os sentidos, exercendo o sentido do humor, e do amor ao mar, e a nós mesmos... Neste enlace falan de nós, "Zalatea" un instituto con moita vidilla

http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/o-surf-chega-aos-colexios-como-nova-materia

O SURF ensínanos a ser reflexiv@s, a non ir de sobrados, a ter paciencia e non precipitarnos, a ter constancia, a caer e volver levantarnos, a non rendirnos. Todo leva tempo, hai que esforzarse e moito. Aprendemos tamén a ver o aproveitamento que facemos do mar, a sobreexplotación… adquirimos máis sensibiliade pola sostenibilidade medioambiental.
Que gozada  cuerpear máis na natureza 
facendo  SURF  cos compañeir@s de clase!!

 Os de 1º ESO que queran máis... podedes incorporarvos cos de 2º e 3º, mirade e flipade como en Basti o outro día pillaron moitas ondiñas de metrimetrillo... quedamos os Domingos na fonte dos surfeiros as 15:30´e comezamos a clase as 16:30´
 GRAZAS AS FOTOS CHULISIMAS QUE FIXO UNHA MAMI!!!
Ao fondo a bolla do chino... uns levando o timón nun través... e nós na espera desa ansiada onda...
 Ablay sacándolle todo o potencial a unha onda pequeniña
Alejo que promete moitos momentazos en compes nosas por grupos
Ablay atrás buscando o punto, Dani mirando a Anxo e dicindo a próxima é miña 

 A capitana dándoo todo!! Por algo ten esa distinción

 Anxooo esa estivo moi moi ben!!

 Éste do tupé é Álvaro?

Dani baixo a atenta mirada de Nacho. Nunha lograda posición aí abaixo pareces pro... de promesa...ja,ja. En serio, para quen loita haberá recompensa no surf e en calquera cousa que se propoña. Que saibades que somos fan fan fans vosos... 
ZALAETA NA CRESTA DA ONDA!!
 Adelante mis valientes!!!

Quen vos fixo unha mal intencionada pregunta?
Siiii sabemos ler os sons da mar e gostar da maxia dos poemas nosos e tamén deste granaino universal, Federico García Lorca que falaba do mar como un anaco de ceo caído, o paraíso pérdido...


Balada Del Agua Del Mar 
"(...) El mar
sonríe a lo lejos.
Dientes de espuma,
labios de cielo."



Mar

El mar es 
el Lucifer del azul.
El cielo caído
por querer ser la luz.

¡Pobre mar condenado 
a eterno movimiento,
habiendo antes estado
quieto en el firmamento! 

Pero de tu amargura
te redimió el amor.
Pariste a Venus pura,
y quedose tu hondura
virgen y sin dolor.

Tus tristezas son bellas,
mar de espasmos gloriosos.
Mas hoy en vez de estrellas
tienes pulpos verdosos.

Aguanta tu sufrir,
formidable Satán.
Cristo anduvo por ti,
mas también lo hizo Pan.

La estrella Venus es
la armonía del mundo.
¡Calle el Eclesiastés!
Venus es lo profundo
del alma...

...Y el hombre miserable
es un ángel caído.
La tierra es el probable
Paraíso Perdido. 


  (Libro de Poemas, 1921)

Por que é tan importante ter un diálogo con nós mesmos en positivo? Como funcionan as palabras no noso cerebro? Porque temos que falar aos demais dende o respecto e o agrado?
 Por que falar bonito e en positivo nos fai mellores persoas?


Poemas de nen@s de 1ºESO  de AUGA e VIDA... feitos na clase de galego con MªXosé
                                                                                             
                                                                       1ºC Lucía

Carmen 1ºD

1ºC Laura

María 1ºD 

Ruggero 1ºC 

Juanjo 1ºD

Pedro 1ºA

Lucía 1ºB 

Lucía 1ºC

Viki 1ºC 

Cando o corpo pide sal e sol de primavera... queremos revivir como esta árbore fantásticamente dibuxado por Andrea 1ºA


E sentir calores a cores... como este power flower  de Paula 1ºC

E mirar pola ventana ao mundo con esta pose daliniana... feita por Celia de 1ºA

E alegrarnos o ollo e o corazón con quen nos agrada, engrancece e ata desestabilisa...

NON É MOI PERIGOSO O ORZÁN?
 Ó que é perigoso é que os nen@s estén pechados na casa con pantallitas. O perigoso son os adolescentes que pensan que o consumo de alcohol, tabaco, drogas legais ou ilegais son unha forma divertida de relacionarse, e que iso é de “guays”... Os nen@s urbanitas inseguros, con medos, fobias… ou dependentes de substancias para sentirse felices, e que descoñecen o mar… aí está o perigo...

Que pintor coruñes recreaba a nosa mariñeira urbe rodeada de océnao Atlántico?