En Zalaeta somos xente destemida que gozamos asumindo retos de superación.
Gústanos o noso instituto e sabemos facer grupos onde hai un gran benestar social.
Sabemos valorar ó que temos e agradecer a quen nos facilita ó que nos falta...
Todos os días por vir en ZALAETAcomo canta Serrat: poderían ser un gran día, en parte depende de ti...
Superado con creces este primeiro reto grupal, a semana que ven imos traer as bicis, tedes que axudarvos. Hai que apoiar, animar e ensinar aos que están en proceso de aprender a andar ou manexarse con seguridade en bicicleta. Procurémonos unha cidade máis amable e sostible, cunha maior concienciación ambiental.
Grazas ao CLUB DO MAR de San Amaro por cedernos en horario escolar de mañá, unha parte da piscina para poder celebrar a benvida dos esit@s cunha festa da auga xogando a
WATERPOLO
Grazas as xogadoras Marina (ex-alumna), Raquel e Sara adestradora do
Club Natación da Coruña por facer posible este achegamento a este balonmán acuático tan divertido. E se queredes máis: https://www.cncoruna.com/Noticias%20Waterpolo.htm
Na procura do AUTOCOÑECEMENTO e a AUTOACEPTACIÓN
Sei pasalo ben compartindo xogos e balón cos meus compañeir@s na piscina?
ACTITUDE RESPECTUOSA, RESPONSABLE E AMABLE
Cal é o meu nivel de adaptación ao medio acuático?
Síntome a gusto nadando na piscina? e na mar?
Cal é o meu nivel de Natación? É importante saber nadar en Coruña?
Comprendín cales son as claves técnicas e tácticas deste deporte de equipo?
Motiveime intentando meter gol na portería do equipo rival?
Sei traballar en equipo? Ou vou a "miña bola"?
Teño habilidades comunicativas?
Sei traballar na corresponsabilidade compartida nenas e nenos?
Recoñezo o mérito cando fai unha xogada bonita o outro equipo?
Sei cumprir coas regras de xogo?
Cando teño dudas, pregunto?
Son capaz de ter AUTOREGULACIÓN E CONTROL?
Sei ter iniciativa en ataque?
Sei valorar o esforzo e acertos dos rivais?
Baixamos a defender?
Os nenos son mellores que as nenas facendo deporte?
Estaban equilibrados os equipos e había gañas de gañar?
Pedindo o balón ou facendo natación sincronizada artística?...ja,ja
Hai quen foi a lúa por primeira vez... e ten moito mérito
é moi bonito recoñer , apoiar
alegrarnos cando os nosos compañeir@s están a superarse
Hai quen nada pola piscina coma un peixe, ou pescada... ja,ja
Nada como nadar para logo compartir xogos con balón
Ao principio había quen estaba pegad@ ao balón
Ata que vimos que o balón é máis obediente do que parecía...
Que levante a man que estea atendendo a Sara
Consigamos goles como soles
Que bonito é xogar
Que bonito é rir
Que bonito e sentir que nun grupo contan contigo
GUAP@S!!