Cando voltaremos A MAR?

Cando voltaremos A MAR?
TVG: O surf chegou a Zalaeta!
Mostrando entradas con la etiqueta CREACIÓNS BAILE. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta CREACIÓNS BAILE. Mostrar todas las entradas

miércoles, 17 de febrero de 2016

UDI: "A culpa non foi do chachachá... "

Foi da sociedade... 
Décheste a oportunidade de moverte conectándote coa música sen prexuizos?  

Un grupiño de nenas entusiastas ou "Comité de sabias", están facéndoos bailar polas mañás ao chegar ao insti e preparan a
 II Gala ALABAILA que se celebrará o
 Xoves 17 de Marzo no salón de actos, de 12:30´a 14:10´

Ao abrirse o telón poderá verse o resultado final, a clave é o xeito de traballo do alumnado que asumíu unha metodoloxía altamente participativa e proactiva.

Actuamos na prevención de prexuízos ou estereotipos sociais de calquera tipo, promovendo a elegancia nas formas de ser, estar, e falar... a solidaridade, o espírito democrático, a implicación respectuosa e responsable nas actuacións colectivas e a resolución de conflitos en todos os ámbitos.



Ensinamos a ver con "gafas de aumento" para ver e interpretar a linguaxe verbal e corporal, para procurar relacións dende o respecto e o afecto. Corriximos condutas para evitar que haxa quen quera exercer poder, presión, violencia, "micro machismo"...
 Non podemos minimizar os efectos negativos do incivismo. 


  Se és quen de vencer as emocións negativas de inseguridades, medos, inhibicións, bloqueos...

Bailar libera o corpo e a mente !

Mola ver como en EF tedes máis prisa por chegar a clase que por marchar!! E ise é o mellor indicador de que bailando xa xodes uns sinvergonzas...


jueves, 20 de febrero de 2014

BECAUSE I´M HAPPY!!

The happiness is not a feeling, it´s a decision...
 so I´M HAPPY WITH YOU!! ARE YOU HAPPY?
This week in Zalaeta was really amazing. Do you know , “in Lacoru”, any school where you could BEGIN THE SCHOOLAR DAY SMILING AND DANCING? I like it.


The PE teachers, and Andrea,  are very happies with your behaivour and evolution!!
 Houbo MOTIVACIÓN, OPTIMISMO E XESTIÓN DO FRACASO. . Bailando cometemos erros, pero non hai que ter medo aos erros. Se non houbera erros ou obstáculos que temos que superar, non habería a posibilidade de aprender.  Bailando, hai que recoñecer erros e medos, analizar as causas, e poñer en marcha estratexias para superarnos; un aprendizaxe ao longo da vida...

A continuación veredes os vosos vídeos, as vosas creacións grupais de expresión e baile. Nas catro primeiras clases de EF “con músicas raras”  foi como darvos un manual de instrucións do corpo, para recoñecervos coas vosas emocións e expresións corporais. Logo escollestes as vosas músicas e xa vos lanzástedes ao espazo escénico exercendo a vosa   AUTONOMÍA, RESPONSABILIDADE E LIBERDADE!!
Canto máis vos coñezades e traballedes, máis ides gustarvos, teredes un estilo propio, e sentiredes que sodes máis libres e felices bailando. E non precisaredes, para ser felices, facer parvadas na procura da aceptación dos demais... Se alguén non vos acepta ou  valora o que fixestes soamente en 4 clases de EF, é que vai de sobrad@, ou non se acorda de cando era “coma un” adolescente.
OS QUE PENSAN QUE FAN TODO BEN, NON VAN COMPRENDER NIN VALORAR ESTES VÍDEOS...
Agora toca máis REFLEXIÓN, INTERACCIÓN, E AUTOAVALIACIÓN evitando contradicións ou sendo coherentes,  sendo obxectivos ou aportando argumentos válidos relacionando o sentido co vivido; o traballado co logrado.

"LA COSA NOSTRA": Nacho el peligroso capo de tutti folloni expresivo mafioso...



A chave da felicidade...
A EF, SEN DÚBIDA, ALÉGRANOS, FAINOS MELLORES E MÁIS LIBRES!!