"La vida no es justa. Contamos a nuestros hijos que lo es, pero es una maldad. No es una simple mentira, sino una mentira cruel. La vida ni es justa, ni lo ha sido, ni lo será" Mítico Goldman "La princesita prometida"
E ningún heroe con super poderes vai salvarnos
Supernenas
Supermansitos...
Coñecernos, querernos, crer en nós ou valorarnos e querer superarnos aprendendo cada un dos días da nosa vida, divertirnos e estar a gusto con nós!! Entrenar o corpo-cerebro e emocións son os nosos SUPERPODERES!!
“Se un ve algo mal ten o deber de cambialo”
(Sadiq Khan) Porque nas nosas mans está mellorar o mundo!! Os retos que temos no planeta terra non teñen arranxo só pola vía tecno , máis ben pola lóxica... A tecnoloxía do peor móbil do mercado actual que temos nas nosas mans, é tan complexa como o cohete que foi a lúa por primeira vez... a tecnoloxía progresa vertixinosamente, xa estamos humanizando robots... No que non avanzamos ou retrocedemos a humanidade é no comportamento dos seres humanos en relación ao poder...
En ESO algúns queren reivindicarse ou facerse un oco, amosando actitudes de poderío... Por que?
Por que hai grupos onde son os propios nen@s ós que están máis cómodos cun profesor sarxento?
A adolescencia é unha etapa vital onde hai unha necesidade real de poñer límites!!
“Se un ve algo mal ten o deber de cambialo”
(Sadiq Khan) Porque nas nosas mans está mellorar o mundo!! Os retos que temos no planeta terra non teñen arranxo só pola vía tecno , máis ben pola lóxica... A tecnoloxía do peor móbil do mercado actual que temos nas nosas mans, é tan complexa como o cohete que foi a lúa por primeira vez... a tecnoloxía progresa vertixinosamente, xa estamos humanizando robots... No que non avanzamos ou retrocedemos a humanidade é no comportamento dos seres humanos en relación ao poder...
En ESO algúns queren reivindicarse ou facerse un oco, amosando actitudes de poderío... Por que?
Por que hai grupos onde son os propios nen@s ós que están máis cómodos cun profesor sarxento?
A adolescencia é unha etapa vital onde hai unha necesidade real de poñer límites!!
Para estar a gusto nun grupo precisamos:
- Crear sensación de pertenza ao grupo e importancia de cada un dos membros, ninguén sobra ou é menos que ninguén
- Conexión emocional ou búsqueda conxunta de solucións para lograr retos
- Disciplina positiva ou ensinar a proceder con firmeza e asertividade
- Asumir retos educativos ilusionantes:
Pais, profes, sociedade, medios... ou a tribu ao completo... seguemos sen materializar prácticas reais e alternativas válidas e re válidas... ao modelo hiper competitivo, con inflamación de examinitis... Non acabamos de comprender que estamos nun vertixinoso S.XXI...
A ver cando EDUCAMOS BONITO?
EN DISCIPLINA POSITIVA, porque
GRAZAS!! A Lummerland por "EDUCA BONITO con disciplina positiva" unha interesante charla de María Soto que vai de ferramentas para educar para a vida e crer nun mellor mundo posible
O final de curso está a volta da esquina e aumentan o corre e corre, descansar peor, e veñen lesións, dores estomacales, de cabeza e a medicación en vez de a meditación... e máis "sedimentarismo" en vez demover o cú... tensións e mal humor...
Aumentan as actitudes de rebeldía da adolescencia ou desafío ao poder, a calquera tipo de poder...
Por que?Por desalento?
Alentemos aos nosos moz@s e aprendamos xunt@s a ter valentía e pedir perdón polos nosos erros...
Cal é a emoción na que recoñeces que és mellor persoa, pensas, actúas e che sentes mellor?
O DEPARTAMENTO DE EDUCACIÓN FÍSICA A FAVOR DA DISCIPLINA POSITIVA

A FAVOR
Disciplina
positiva
|
Asumir respecto
polas persoas, TODAS as persoas, temos dereito a ser respectadas, somos
dignas dun trato aflable e asertivo. Tod@s temos dereitos e tamén deberes que
cumprir.
Convicción de que o
cumprimento das normas de convivencia benefícianos a tod@s.
Autoridade moral lograda co exemplo de quen obra con compromiso, coherencia e ten credibilidade
Autoridade baseada
na firmeza co prepotente e arrogante e cercanía para axudar a sentirse
segur@s ao débil e diferente.
Establecer bos
líderes con sensibilidade social e xuizo crítico, que sexan verdadeiros
modelos morais, que saiben resolver conflitos dende a asertividade e empatía.
Prácticas reflexivas
e recoñecemento de quen fai as cousas ben, de quen é bo no seu traballo, darlle
valor aos bos estudantes que se esforzan por mellorar no ámbito persoal e
académico; desenvolvendo as súas competencias (Aprender a aprender, Social e
cívica, Espírito emprendedor…) O bo
estudante non necesariamente é o que saca as mellores notas. Vaiamos pola
inexplorada vía de programar por competencias clave, a diversidade de
instrumentos de avaliación, a
disciplina en positivo, o traballo en
equipo, máis responsabilidades aos nen@s nas súas aprendizaxes, máis nivel e
aprendizaxes, grado de satisfacción e integración ou espazo educativo onde
non sobra ninguén.
|
EN CONTRA
Disciplina
negativa
|
Non todo vale para
obter disciplina nun grupo
Intentar a
desesperada con disciplina imposta con autoritarismo e única vía: sancións a
“aula de convivencia inclusiva” apercibimentos, expulsións, expedientes… como
única vía ou a máis válida para lograr mellorar a disciplina e os resultados
académicos dos bos.
Disciplina baseada
nunha autoridade xerárquica que impón ou exerce o poder con represión e
violencia: infravaloración, descalificación, menosprezo, humillación a
alumn@s . Que xeran escenarios onde son “normais” ameazas, mal entendidos e mentiras,
medos, castigos grupais con deberes abusivos, inxustizas…
Autoridade que
procura alumn@s sumisos para manter unha estrutura xerárquica ríxida na que
se aplican arbitrariamente as normas de comportamento, sancións, criterios de
avaliación...
Jactarse e beneficiarse
do poder que nos outorgan os nosos dereitos recollidos na lexislación vixente
Incumprimento dos
nosos deberes e imposición de sancións para intentar disimular o desorde,
desmotivación, carencia de rigor…
Establecer líderes
que exerzan a presión de grupo e o dominio, e xeren medo a discrepar o
expresarese libremente dende a boa educación e o xuizo crítico razoado.
|

O desexable sería reducir o control externo para chegar a unha auto disciplina ou disciplina positiva razoada baseada na confianza, cada un ten que facerse responsable da súa propia conduta e toma de decisións.