Que me gusta e desgústame do MEU/ NOSO instituto?
Acompañad@s da ONG Arquitectos sen fronteiras!! imos facer un roteiro polo instituto, lendo un plano, para que pensedes que cousas podemos mellorar entre tod@s. A aventura de vir ao insti por primeira vez!! e rodar e rodar...
Acompañad@s da ONG Arquitectos sen fronteiras!! imos facer un roteiro polo instituto, lendo un plano, para que pensedes que cousas podemos mellorar entre tod@s. A aventura de vir ao insti por primeira vez!! e rodar e rodar...
Vir ao insti nunha sinxela máquina de dúas rodas, pedaleando para avanzar coa transmisión cadea-plato-piñóns, levando baixo control os frenos, sin pasarse de velocidade ou de frenada... eso pode facelo calquera...? Pois non...
Aínda que VIAXAR EN BICICLETA CHE CAMBIA A VIDA A MELLOR!!
iso é cando a cidade e os seus cidadáns teñen ó que hai que ter... e se aínda non a temos,
CAMBIEMOS AS COUSAS!!
Comezamos celebrando coñecernos na piscina do Club do Mar, facendo WATERPOLO, da man da ex alumna Marina, xogadora do Club Natación Coruña e Sara a Adestradora e Seleccionadora. Na piscina hai quen elixe estilos, combinada de triathlon, natación sincronizada ou xogar a waterpolo...
Algúns queredes máis e ides probar co equipo de iniciación mixto un adestramento no INEF.
A próxima actividade na cidade iremos en bicis... Queremos unha cidade con máis vehículos privados de uso unipersonal ou nen@s que vaian ao instituto en coche, ou en bicicleta por camiños seguros?? Queremos beirarrúas e paseos peatonais de pedra e fríos e sen alma?? ou máis verdes que permitan camiñar a modo, pedalear, pararse, sentarse, apegarse a natureza e encherse de vida escoitando as conversas das aves...
Nesta sociedade urbanita hai quen colle o coche para trasladarse e ir facer spining cunha bicicleta estática...?? Nós imos aprender e gozar en bicicleta!!
GRAZAS a DGT polo material que nos facilitaron: chalecos, brazaletes, guías de ciclistas, revistas e CDs con contidos específicos de educación vial, seguiremos avanzando!!
A bicicleta non é algo anticuado que deixamos atrás, ou miramos cunha nostalxia friki para ir a moda "inditex"... Hoxe en día contadas cidades teñen solucionado os problemas de tráfico, contaminación ambiental, e obesidade infantil... a bicicleta non só foi unha boa cousa e causa do pasado...
Que bonito podería ser parecernos aos paises nórdicos ou a Pontevedra cos "Colecamiños"... Que bonito gozar dunha boa EDUCACIÓN e VIR AO INSTITUTO EN BICICLETA NUNHA CIDADE LIMPA E AMABLE!!
Por que non imos aos colexios, institutos ou universidade, aos traballos en xeral en bicicleta en Coruña? Podemos facer algo para revertir esta situación? Porque viaxar en bicicleta che cambia a vida a mellor?

Que tipo de bicicleta é a máis apropiada segundo o uso que queremos darlle?
Porque en España seguimos comprando máis bicis de montaña?
https://elpais.com/elpais/2017/09/22/escaparate/1506064957_637047.html
Nós imos comezar de novo cos 1º ESO espallando cultura da bicicleta, non imos conformarnos cun día da bicicleta, nin cunha semana da bicicleta, nós queremos que este curso 2017-18 sexa o ano da bicicleta en Zalaeta!!
Fagamos entre tod@s espacios máis agradables e saudables!!!
Por unha cidade a pé de rúa e de pedal e dúas rodas... Como interpretarías estes debuxos...?

Sabías que ...?
A bicicleta debémoslle a liberación da muller da opresión dos corsés ou condicionantes de estereotipos imperantes na sociedad...
https://m.xataka.com/historia-tecnologica/la-bicicleta-hizo-mas-por-la-emancipacion-de-la-mujer-que-cualquier-otra-cosa
http://www.rtve.es/alacarta/videos/la-aventura-del-saber/aventurampaseo/3880752/
Para saber máis do noso proxecto de EDUCACIÓN VIAL E AMBIENTAL!! e do deporte na natureza que imos facer desprazándonos en bicicleta...