de altas, medias ou baixas capacidades, con normopeso, baixo peso, sobrepeso ou obesidade, con boas ou malas habilidades sociales, tdah… Queremos espazos libres de violencia machista e todo tipo de violencias, segregación, discriminacións...
- OBSERVAMOS DIFERENTE IMPLICACIÓN NAS CLASES DE EF SEGUNDO SEXO
En xeral, as preferencias
dos nenos son cara a deportes competitivos colectivos, preferentemente o fútbol
ou baloncesto. Ou competir para ver quen salta máis rápido, máis forte, maís alto... As nenas amosan unha actitude máis positiva cara actividades
físicas individuais como o ioga e colectivas estéticas, como o baile. Se non
tiveramos isto en conta nas clases de
EF, estaríamos dando motivos para o rexeitamento do deporte. Temos que reducir,
retrasar, e intentar evitar o abandono da práctica deportiva nas nenas, nos
nenos prodúcese máis tarde.
- IGUALDADE DE OPORTUNIDADES; NON DISCRIMINACIÓN DO SEXO FEMININO
Os nenos facendo deporte están máis seguros das súas posibilidades, cómodos establecendo contacto, asumindo rol competitivo agresivo e exercendo liderazgo. Gústalles amosar que teñen resistencia, potencia... Moitas nenas rexeitan esforzos de certa intensidade. A sociedade establece estereotipos físico-sociales e actitudes sexistas, interiorizamos formas de sentir e pensar segundo o sexo. Os nenos imitan a determinados deportistas, admíranos e queren ser como eles, o deporte está asociado a unha imaxe masculina implícita... Moitas nenas sitúanse en inferioridade para afrontar as aprendizaxes motrices, pensan que están máis limitadas para aprender. A menstruación asociada a tradicional inhibición deportiva da muller, xunto co medo a masculinización polo imperativo do imposible canon de beleza feminina e hipersexualización temprana nun entorno consumista brutal, son a excusa perfecta para preferir “sentirse femininas” e pasivas, e estar máis pendente do pelo que de gozar do movemento.
"ES INADMISIBLE. NO SOMOS DÉBILES NI ESTÚPIDAS, SOMOS SERES HUMANOS EN PIE DE IGUALDAD"
En el deporte "LOS MEJORES SON LOS HOMBRES"
Cuestións biolóxicas...? Hai sexo fuerte e sexo débil...? Hai quen pensaba así e non só no mundo do deporte... Unha eurodiputada fai pouco tivo que contestar a un "macho alfa":"ES INADMISIBLE. NO SOMOS DÉBILES NI ESTÚPIDAS, SOMOS SERES HUMANOS EN PIE DE IGUALDAD"
Este mítico cartel segue a inspirar a humanidade... sabes cal é a súa procedencia:
https://smoda.elpais.com/moda/rosie-la-remachadora-la-verdadera-historia-que-esconde-el-icono-del-feminismo/
"La batalla de los sexos" ten MOITO QUE VER...
Foi unha chulada coñecer a esta terrestre extra... nesta xira que está facendo por España con Finuco
e tamén emocionarnos ata moquear cos atrancos dalgúns dos 14 x 8.000 que vivíu a alpinista Edurne Pasaban, para facernos unha idea alí o ceo xa está por debaixo... Esta muller, por se fora pouco ser vasca, está agradecida a quen a axudou a ser e estar tan arriba...
- O DEPORTE NON SEMPRE É MODELO DE VALORES OU PROMOCIÓN DE SAÚDE
O deporte espectáculo as veces non é un bo espello onde mirarse... A pesar da evidencia sobre os efectos positivos do deporte en xeral, o deporte mercantilizado pode provocar tamén efectos negativos e prexudiciais. Moitos ídolos do deporte non son o mellor exemplo de referencia persoal para os nen@s. O deporte escolar ten que desvincularse dun mal uso ou abuso da competición, na escola non poden reproducirse eses “modelos”: vanidade persoal e soberbia, trampas para a victoria como sexa, odio entre rivais, intolerancia e desconsideración polos demais, frustración ante a derrota, agresividade, violencia, insultos e linguaxe soez, cuspir… Estamos fartos de ver dentro e fora dos estadios conductas viscerais de ultras mal educad@s, onde a agresión e as conductas destructivas están socialmente aceptadas e incumplir as normas é de heroes…
- AS CLASES DE EF NON SERÍAN TAL SE SÓ PRIMÁSEMOS O RESULTADO, OU PUXÉSEMOS O ENFOQUE EN QUE DESTAQUEN SÓ OS MELLORES.
O deporte é bo cando practicamos valores para a vida: conviencia, comunicación, cooperación, respecto por un mesmo, polos demais, polas normas… autoconfianza, afán de superación, traballo en equipo e resolución de problemas, liderazgo, honestidad, disciplina, responsabilidade, satisfacción, afrontamento da frustración cando hai que facelo mellor…Tod@s debemos ser competivos, se por iso entendemos asumir iniciativa, poñerlle entusiasmo, loita apaixoada, esforzo na superación, afrontamento da frustración e agradecemento aos que nos fan mellores...
Agradece a quen traballou contigo animándote e facéndote sentir ben, adicándoche o seu tempo, esforzo e atencións...
Grazas pola vosa xenerosidade , empatía, alegría e autodisciplina...
DE QUEN É A
RESPONSABILIDADE DE CONSERVAR A ESENCIA DO DEPORTE PARA QUE CADA QUEN SAQUE O
MELLOR COMO PERSOA?
Sigamos facendo espazos e grupos AGRADABLES !!
onde a enerxía e disciplina positiva flúe...
Moito mellor que outras metodoloxías onde prevalece a enerxía negativa e comportamentos tóxicos...
Onde supostamente apréndese baixo ameaza de mala nota ou parte a casa... onde os nen@s teñen que estar sen moverse e repetir ó que se lles manda facer calados...

Pero non todo se aprende dentro das jaulas... tamén vivimos ao aire libre momentazos liberadores... O Pazo de Faramello deixóunos moi bo corpo e espírito:
E ti, sabes pasexar e conectar coa NATUREZA??
Pasas do móbil? Tes bo oído? Levas presa? Admiras o minúsculo? És bo observador? De sorriso fácil? Sensibilízas coa beleza? Déixaste fascinar co maxestuoso? Sabes escoitar? Falar sen berrar? Atráenche os pensamentos positivos? Tes enerxía ou amosas cansanzo, pereza, desgana? Prestas atención a musicalidade da auga das fontes e ríos? Góstache abrazar árbores? E bailar de alegría?
Cres que foi un gran día? Recomendarías unha visita guiada a este pazo?
Que precisa unha árbore para enraizarse e medrar?
Que precisamos os seres humanos para enraizarnos e medrar?
Grazas a tod@s por esta xornada de natureza en vena tan agradable e enriquecedora!!