Cando voltaremos A MAR?

Cando voltaremos A MAR?
TVG: O surf chegou a Zalaeta!

miércoles, 21 de junio de 2017

SURF: Se és quen de soñalo, serás capaz de facelo!!

Sería de ignorantes e pouco sensibles, mirar para outro lado cando pasexamos pola nosa cidade , desentendéndonos da OBVIA presencia do  mar!!
 Somos a nosa identidade colectiva... A Coruña é porto, é mar!!
E tamén é preservar as nosas tradicións e poñelas en valor... como facer un San Xoán sen botar merda ao mar...

Surfear é realmente reparador; 
a natureza requilibra e recoloca a xente...


Queres velo? a música de "Ahí estás tú" de Chambao é moi inspiradora: Sí aí estás ti, date valor, , conéctate a natureza, aprende, quérete, goza!!

Como canta Amparonoia en "Somos viento" xunt@s somos nordés...
Non somos de paso, non somos fracaso...

Hai deportes que endiosan, ou fan crer a xente que son divin@s...as masas teñen que aplaudil@s, besar por onde pisan ou pasan... Sen embargo a montaña ou o mar, fanche sentir que és vulnerable, que és pequen@... fan recoñecer que os seres humanos non podemos crernos que controlamos todo...
TABLA DE SURF DE ESCOLA: De gran superficie e volumen, branda, co invento,
BODY ou táboa de corcho moi lixeira, con invento,
Que tamén pode servirnos para deslizarnos na aréa, como cunha pastilla.
 SUP: Stand up paddel, táboa polivalente coa pala, podes facer travesía ou pillar olas...
 Xunt@s, conectad@s, celebrando que o surf chegou a Zalaeta para quedarse...
temos a praia a 3´do insituto...
 É como se estivese aí para nós!!
   Olaaaas!!!!! Daniel!!!!
                                      Outras oportunidades de aprender sen ondas...

ALOHA!!
Aquí na saída dos relevos nunha proba combinada: Correr, remar e nadar...
                                                                      SURF? Siii grazas!!


Hai quen rematou xa de estudar en Zalaeta, acadou 2º Bach, superou as ABAU, e onde foi celebralo? Onde vai ser??
 Na nosa praia, xogando ao volei praia e bañito terapéutico queredor... PARABENS!!!! ZALAETIC@S !! 
 Agora toca gozar do verán surfeando... e brincando por enriba do lume de San Xoan... para que non nos trabe nin cobra nin can...


Os surfistas amamos o mar, polo que non comprendemos que nesta cidade no San Xoán haxa xente que convirta a praia nun vertedoiro,

En Zalaeta queremos mollarnos por un San Xoan respectuoso co medio ambiente!! Por iso colaboramos nas accións do Concello:
https://es-es.facebook.com/FestivalMardeMares/.

Os nen@s e moz@s fixéronse fotos coa onda azul pintada na cara e subírona as redes cos hashstags #Móllate e #SanXoán2017... E máis información, e máis esforzos... en @corunasostible...

Peeero... Como entendemos ir de festa ou pasalo ben?
Queremos promover un San Xoán macrobotellón? Ou un San Xoán respectuoso coa vida, o medio ambiente, as meigas... as tradicións?
 Procurar herbiñas milagreiras, porque habelas hailas...


 E rir e brincar por enriba do lume de San Xoán...



Pero lamentablemente estas fotos foron feitas o Sábado 24 as 12 da mañá,  ata que os operarios de limpeza limparon as vergoñas alleas? Onde está o sentidiño??
Non é para que se nos caia a cara de vergoña?? 


Doceas de sardiñas asadas... alcohol a esgalla... podedes ver... xa vedes... xa sabedes... isto non se pode agochar ou facer unha autocrítica autocompracente dende o Concello... Houbo menos merda pola marea si... Polo demais, todo estivo moi ben...??

Algúen pode explicar dun xeito razoable como se parcelan zonas de uso común e deixalo asi?

 Qué é iso de pechar un sitio que é para bo uso de tod@s? E darlle un mal uso uns cuantos que acordonan a zona dende pola mañá...??


No medievo tamén había unha sociedade feudal con murallas para separar os reis do mambo da plebe...


Non sería mellor facer un número limitado e razoable de cacharelas na praia  e compartilas??  

Queremos visitantes que veñan compartir e gozar da nosa cultura, natureza, gastronomía, humanidade... Ou queremos macrobotellón e  record de ambulancias atendendo comas etílicos...?? Totalmente insostible me e "invendible"...


Non é mellor ter un número de lumeradas axeitado ao espazo, abertas, sen parcelar, sen amurallar...  Non sería mellor que houbese venta de sardiñas e churrasco para tod@s? Eses cartos poderían destinarse a causas solidarias, ou axudar a sufragar gastos de limpeza...


A única vía para reconducir esta situación é reducar? E a autoridade "responsable"  debe promover unha festa macrobotellón?   Ou debe velar polos dereitos de tod@s, a saúde pública e o respecto as normas cívicas de convivencia pacífica?


Claro que está ben repartir vasos de plástico para traer e levar de volta a casa... claro que está ben recoller a merda... pero mellor estaría non autorizar, non ser cómplices da venta e consumo de alcohol a menores...  non aplaudir esta desfeita.  Non se debería regular máis a entrada a praia con determinados produtos, materiais...?  E sancionar a quen incumpra a normativa?

Queremos preservar a tradición do solsticicio de verán,  as boas relacións humanas, a diversión gratificante e saudable na natueza?? ou poñernos invidentes... e mirar para outro lado...


Menos mal que hai nen@s
  concienciados que entenden que gozar non é sinónimo de ir de botellón, 
encher de merda o mar...

Recordando algunhas achegas vosas, neses momentos de sentirnos con poder, de sentir que formamos parte da natureza. Que non somos tan incivilizados como para danala como se fóramos bárbar@s... que preferimos o subidón dunha rocha para escalar, unha ola para surfear, unha ruta en bici, compartir unha noite cos amig@s a beira do mar ou nun refuxio de montaña ... ou un San Xoan que ir de botellón...



E aprendendo a aplicar na vida ó que aprendimos en ioga, tomándonos un respiro entre clases, crendo en nós, sorríndonos e tratándonos ben dende o pensamento positivo...
Vivenciando como a natureza pode facernos cambiar a mente, o corpo, as emocións... 

De como todas esas vivencias intensas, brutales!!  Podemos revivilas ou volver sentilas  para darnos poder, neses momentos onde precisamos requilibrarnos, renerxetizarnos, estar atent@s e content@s... cando precisamos sentirnos fortes e competentes...
Facendo unhas completas e un inventario corporal, acougando, escoitándote, nese silencio, sentíndonos a ben cun mesm@s, tratándonos ben... non imos solucionar deste xeito os problemas, pero si distanciarte deles e propoñerte retos alcanzables, animarte e darte valor pensando que vas facelo o mellor posible!!



                                 

                  Porque enfadarte contigo mesm@ ou cos demais en vez de solucionar empeora, haberá que tranquilizarse, pensar que poderíamos facer mellor e intentalo de novo con máis forza... Recorda este ano aprendiches un lote de cousas, pois diso vai o desenvolvemento persoal, facernos mellores pasiño a pasiño... e ser capaces de rirnos de nós mesmos axuda a desdramatizar, a vernos dun xeito máis relaxado e saudable nese proceso voluntario de mellora...
                                

Sentirse parte da natureza, ir a zona dos menhires en bici e respirar a pleno pulmón, entregad@s a brisa mariña, sons da natureza... integrando, compactando todos os nosos poderes... botando para afora todas as tensións e enchéndonos de benestar e poderío ultramariño!!





 A bicicleta como medio de transporte sostible co medio ambiente... viaxar en bicicleta humaniza, fortalece e engrandece... LIBRES DE MALOS FUMES...
Dándonos vidilla ou brillo, sacando para a fora ou buscándonos nesa parte máis luminosa que tod@s temos... sodes uns soles!! FELIZ EVERÁN!!

Ou o medo que tivestes que superar cando probastes por primeira vez o surf, body surf... ja,ja
Medo eu, eu...??

Para tratar co mar hai que estar ben informado das condicións cambiantes para evitar posibles perigos...

Atende aos consellos que che da o noso colaborador e gran motivador Fran de Namarea. Pregúntalle todo aquelo que te ande na cabeza por se estás pensando seguir co surf este verán. Querrás saber que precisas para comezar...Como? Onde? Material?...
http://namarea.com/

Para comezar: Ondas pequenas, para baixar  pola rampla, moito mellor que escumas ou ondas que xa escacharon... o ideal é aprender dende o principio a ler a onda e ver onde está o pico ou lugar exacto onde a onda vai levarme pola rampla...


 Así que xa sabes en verán Orzán en baixa e Basti en alta. Pronto poderás ir a basti en bici, din que o carril bici pronto será unha realidade...
 Por que o traxe de neopreno é un dos mellores regalos para a un nen@ ou moz@ na Coruña ? Non fai falla gastarse moitos cartos nunha táboa, pero si convén sempre ter un traxe de neopreno !!



Neste deporte das 3 quillas... a táboa podes conducila pola función destas
  a tabla ten que ir plana para deslizar...


E tamén faille caso a Alejandro, o Director técnico do Art Surf Camp. Vai explicarche
  Como podoes poñerte en pé nunha táboa e comezar a deslizarte.

  


Como sabedes o departamento de EF e inglés estamos preparando a 1ª experiencia zalaética: BLUE WEEK para o próximo mes de Outubro en Razo. Aquí tedes máis tutoriais e podedes ver a filosofía e ambiente que se viven nos campamentos de surf, onde ven xente de moitos sitios de Europa porque as ondas de Razo asegúranos moitos momentazos...
https://www.youtube.com/user/artsurfcamp
En setembro colgaremos o organigrama da semana, e claritos obxectivos nos dous ámbitos: Desvergonzarse falando inglés con Jei, e aprender as claves para poder surfear ondas nun nivel de iniciación.

Por se queres chegar en forma para facer surf  e poñerte de pé na táboa máis facilmente, practica  este verán saúdos ao sol e podes complementar cunha boa táboa de entrenamento, por exemplo:
 

Na valoración das prácticas de vida saudable e deporte escolar na natureza preguntámosvos, para ver alcance e grado de satisfacción, unha frase que vos defina como grupo, e que aprendiches neste curso? Aí van algúnhas perlitas...
1ºA
"Dificil? Si. Posible? Tamén" 

"O deporte é máis importante do que pensaba"
"A soltar todo o estrés e pasalo moi ben facendo exercicio"
"Moitos deportes e máis maneiras de divertirme"
"A nunca rendirse, a sempre dalo todo"
"Valorarmemás y hacer frente a situaciones con positividad"
"Trabajar en equipo"
"Quererse a ti mesmo, aprender novos deportes, técnicas de relaxación e a disfrutar do deporte"
"Mellorar no traballo cos compañeiros"
"Aprendín a respetar as capacidades dos demais"
"Que me gustan diferentes deportes que probei neste curso"
"Eu aprendín a ser máis tranquilo grazas ao ioga e a traballar mellor en equipo"
"Aprendín a relaxarme nos momentos de tensión"

1ºB 
"Rendirse no es una opción"
"Cando estou no mar penso que estou no paraiso"
"A ayudar en lo que sabía"
"A moverme en bici de forma ecológica"
"Autocontrol"
"A valorarme más, a no ser tan manipulable"
"El compañerismo, es muy importnate que sepas relacionarte cos compañeiros"
"A valorarme a mi mismo"
"A que con actitud y esfuerzo puedes conseguir lo que te propongas"
 El respeto"
"No se puede ser tan acomplejado"
"Aunque no te salga bien algo tienes que intentarlo y no rendirte"
"Que tiene muchos obstáculos la vida"
"Conocerme a mi mismo"

1ºC
"Pequenos soños, grandes posibilidades"
"Ojalá que el año que viene venga con surf"
"A controlar mis miedos en escalada"
"Surfear e estar de pé na ola"
"Valorarme y superar miedos"
"Valorarse a uno mismo y probar cosas emocionantes"
"A non dicir que non a unha excursión deportiva na praia"
"A superarme"
"A conocer Coruña, Oza me encantó"
"Surf y escalar"
"Aproveitar as oportunidades de poder facer surf, escalada, piragüismo, andar en bici..."
"A jugar bien al voleibol, porque antes no sabía y a trabajar en equipo"
"Que hai que seguir adelane y no rendirse"
"He aprendido a ser mejor persona"
"A enseñarme que soy capaz de hacer cosas que nunca hice"
"A quererme a mim mesmo e traballar en equipo"


1ºD
"O esforzo é o camiño do éxito "
 "A ter paciencia"
"A utilizar a bici como medio de transporte urbano"
"A saber razonar"
"Que mellorei como persoa"
"A superar medos"
"A saber sobre mi ciudad y la playa"
"A trabajar en grupo"
"Técnica de volei y valores"
"Ser máis paciente e asi poder disfrutar mellor as cousas"
"No hay que ser negativo y tener la mente abierta"
"Con buena actitud puedes conseguir mucho"

Hai unha nena que di: "Foi o mellor curso que vivin"  que chulada!!
Siii cremos que incidimos dun xeito relevante nunha cultura do ocio e dun consumo responsable.




E ó que rimos e gozamos o último día cos monóloc@s e bailes!!

GRAZAS!! A Pedro e Lois de 2º Bach, oficialmente xa ex-alumnos, por organizar, presentar e animar aos peques para que sigamos dando medo aos outros coles e instis coa nosa presenza nos concursos de monólogos. Grazas tamén a Almudena e Neves quenes comezaron nesta andaina e este ano a María Xosé.


Falábamos de que Lois e Pedro sentíanse moi identificados con este par de personaxes,  bueno 3, que tamén estaba Hermosinda... PARABENS aos gañadores!!
moi convincente o negocio dos kartings

Flipamos con este baile todo frescura e invitación a facer cousas moi chulas,,, O curso que ven incluiremos esta idea tan lumínica!!  nese espectáculo que ides montar entre tod@s: A historia da humanidade a través da danza... nenas  moi inspiradoras!!
 Hai eses profes... hai eses alumn@s... si no fondo querémonos...ja,ja
 Repartindo caña e moita coña...
 Iria e Amalia enfrontándose a Iván e Daniel, por ver quen leva razón...?
 Outra parella moi talentosa, ó que vai de friki e o colega que o pon no seu sitio...ja,ja
 Bailemos, riamos...  siii
 Onde está Daniel??...ja,ja
Daniel aupado, en todos os sentidos, por Pedro...
 Carmen e Giselle coma sempre nos teñen afeitos, nivelón!! Falta foto con "Juanita"... ja,ja

Menos mal que rematou o curso se non os especialistas en trincheiras seguiríades dándoo todo... ja,ja


Alucina vecina!!! Otro año más Zalaeta con su Compañía de Teatro,  ganando el PRIMER PREMIO NACIONAL de tragedia Grecolatina en Mérida.  BRUTAL!! Sois lo más!!!!!!!
Teneis un meritazo enorme!!!!


Orgullo Zalaético... Mimadriña que xente máis humilde e traballadora, que non é autocomplaciente, que desexan seguir mellorando...  e soñando... oleeeee una ola?, no muuuuchas olas!!!!!!!!...


PARABÉNS PARA VOSE, nesta data querida...

FELIZ SOLsticio de verán!! 
E máis e mellor EDUCACIÓN!! Os "esit@s" tedes que soñar ao grande, porque o futuro e o mundo será voso...
"Coida o presente porque nel vivirás o resto da túa vida"...

Coidar o noso mar non é unha opción é obligatorio!!
O océano xenera osíxeno, almacea carbono, define a química do planeta, regula a temperatura, dirixe o clima, danos de comer, facilita as comunicacións, transporte de produtos, e aínda por riba é unha fonte de benestar e goce!!
Que ten que pasar para que non lle fagamos tanto mal?
https://elpais.com/elpais/2017/07/28/ciencia/1501252929_307074.html

  Apertas atlánticas!! 


viernes, 9 de junio de 2017

PIRAGÜISMO: Aínda que o vento sople en contra, non te deteñas!!

Fixemos esta actividade mariña para que coñezas  o piragüismo, coñezas mellor a túa cidade e as posibilidade de ir a Oza en bicicleta, aos teus compañeir@s, pero sobre todo, para que te coñezas mellor a ti mesm@... para que goces da poesía... 
Igual que a boa xente, 
que resulta aínda mellor cando se coñece...
A nosa cidade tamén!!
A esquerda a Capela de Oza... escoitemos as pedras que teñen moito que contar...
Podería ser que María Pita descansase en paz en Oza??
Non podemos ignorar un barrio da nosa cidade,  onde séculos atrás houbo Castelo- fortín defensivo e muralla, Hospital do mar e Lazareto con Igresiña...

Nese mesmo lugar agora está o Porto pesqueiro da Coruña e o Club Náutico o Puntal cos seus pantaláns. Seguindo en bici ou camiñando chegas a praiña artificial de Oza, e un pouquiño máis adiante  está o  CN As Xubias onde este verán seguro que vas con algún amig@ a revivir e gozar do mar, na nosa ría, en piragüa.  
http://sdasxubias.eu/ 
Fostes quen de asumir retos, loitar, gozar superándote e compartíndoo? 

Por suposto que aprendemos o básico deste deporte, modalidades, claves técnicas  e sobre todo a ... ler no mar, ou na proa das embarcacións "aproadas" a dirección do vento. De como as mareas inciden  formando as correntes, onde o río Mero perde o seu nome ao xuntarse co Atlántico...

 
A mar, mariñeir@s!!
Auga e mocerío a punto de... SAL!!  K-1 ou K-2 de iniciación
   
Navegamos indo cara a ría e volvendo cara ao vento mareiro...
"Fomos ficando sós
o MAR, o barco e máis nós"...

Din que o vento volve máis atolada a xente, certo!! 

Houbo bañito e tamén, houbo quen interesouse pola vida pirata, ou de poetas ou outras vidas, ou como eramos antes... e agora?

- Invasións nórdicas que ameazaban aos lugareños séculos atrás

- O gran imperio que foi España cando íbamos facer as Américas. A xente normal ou importante saía ou entraba do continente por esta cidade, o porto da Coruña

- O pasado importante da aldea de Oza

- Os problemas medioambientais que ten a ría na actualidade con eses lodos que non deixan vivir aos moluscos bivalvos e xente que traballa mariscando a man ou dende embarcacións co raño

-  De como a nosa cidade vive de costas ao mar, descoñecendo o seu pasado portuario e a súa esencia!! , agora cidade de servicios... Do bonito que é redescubrila e amar o mar, coñecelo, coidalo, querelo e gozalo... igual que aos compañeir@s que hai que tratalos con afecto e gozar da súa compañía, a nós mesmos tamén temos que tratarnos ben...


NO TE DETENGAS 
No dejes que termine el día sin haber crecido un poco,
sin haber sido feliz, sin haber aumentado tus sueños.
No te dejes vencer por el desaliento.
No te permitas que nadie te quite el derecho a expresarte,
que es casi un deber.
No abandones las ansias de hacer de tu vida algo extraordinario.
No dejes de creer que las palabras y las poesías
sí pueden cambiar el mundo.
Pase lo que pase nuestra esencia está intacta.
Somos seres llenos de pasión.
La vida es desierto y oasis.
Nos derriba, nos lastima,
nos enseña,
nos convierte en protagonistas de nuestra propia historia.
Aunque el viento sople en contra,
la poderosa obra continúa:
Tu puedes aportar una estrofa.
No dejes nunca de soñar,
porque en sueños es libre el hombre.
No caigas en el peor de los errores:
el silencio.
La mayoría vive en un silencio espantoso.
No te resignes.
Huye. 
"Emito mis alaridos por los techos de este mundo",
dice el poeta. 
Valora la belleza de las cosas simples.
Se puede hacer bella poesía sobre pequeñas cosas,
pero no nos podemos remar en contra de nosotros mismos.
Eso transforma la vida en un infierno.
Disfruta del pánico que te provoca
tener la vida por delante.
Vívela intensamente,
sin mediocridad.
Piensa que en ti está el futuro
y encara la tarea con el orgullo y sin miedo.
Aprende de quienes puedan enseñarte.
Las experiencias de quienes nos precedieron
de nuestros "poetas muertos",
te ayudan a caminar por la vida.
La sociedad de hoy somos nosotros:
Los "poetas vivos".
No permitas que la vida te pase a ti sin que la vivas.

Walt Withman

Escoita, lee, escribe, fala... Goza camiñando, escalando, navegando, surfeando... e sóñate!! Se és capaz de soñar ou soñarte serás capaz de facelo ou facerte...

MAPAS DE PAISAXES XEOGRÁFICOS E EMOCIONAIS...

Igual que nunha cidade que non coñeces precisas un plano ou mapa para saber por onde andas ata que non a coñezas. Na adolescencia, ou antes de chegar a madurez do mundo adulto, tamén precisas recoñecerte non só por fora, tamén por dentro...
 Mapea, bruxuléate, encóntrate... para poder sacar o mellor de ti ou o teu lado luminoso...
Es igual cando chegaches en Setembro ao insti que agora en Xuño?

                  MAPA EMOCIONAL... 
non é un inventario de defectos, non é unha clasificación perversa... non é algo par inculparte ou destacar ó que non tés... É para aprender  recoñecerte, construirte e sobre todo para quererte!! É para saber se queres ser máis lumínico ou oscuro.

 ¿Que eneatipos és? Cara a onde vas cando trastornas ou descentras? E cara onde vas cando atopas o teu equilibrio e te das valor?...
Somos as dúas caras da moeda... somos luces e sombras. Somos LUZ ... Somos REFLEXO. Tod@s teemos unha parte lumínica e outra oscura.  Tod@s temos virtudes e defectos, os defectos as veces son as virtudes... ou non...
    LADO LUMÍNICO  “idílico”...   
 Somos luz... Somos reflexo  


LADO OSCURO: medos, fantasmas, contradiccións, adiccións...
Pensamento positivo constructivista, facer, construir, orden, disciplina, integrar, satisfacción, seguridade, relexión e dominio de si mesm@ou control emocional, consistencia, estabilidade, boa AUTOESTIMA!!
Pensamento negativo destructivo, desfacer, tirar abaixo, desorden, indisciplina, desmoronar, insatisfacción, inseguridade, impulsividade, descontrol emocional, inconsistencia, inestabilidade, chegar a detestarse...
Se alguén na adolescencia vai de machote ou machota, listill@, “sobrao”, insolidario, chulit@, se non é capaz de asumir retos individuais e de grupo, se non actúa con intelixencia e sensibilidade... ten máis posibilidades de deixarse seducir polo lado oscuro, gostar das situacións problemáticas, deixarse levar por actitudes cómodas pero inaxeitadas... E hai quen se autoengana e engana aos demais dando a entender: "Es que yo soy así"...? Son como quero ser, gústome, eu fago as cousas mal porque quero, pero sei facelas ben... eu non caerei na adicción as drogas legais ou ileagais porque “Yo controlo”...??? e bla, bla, bla... palabrería...
 OS FEITOS SON OS QUE FALAN POR TI!! 
Temos que ser valentes, recoñecer os nosos medos, afrontalos e querer superarnos. Berrar, exercer violencia, menosprezar non é o camiño, e menos nun centro educativo, todo ese tipo de conductas dánannos a tod@s... A ti, ao teu grupo, insti, barrio, cidade, país, mundo...

domingo, 21 de mayo de 2017

Ánxela Blanco con "Ulises e a nena durmida"

Dende a programación Expandida do TRCDanza 2017 e con motivo da presentación de
 "Ulises e a nena durmdia" de Ánxela Blanco, 
tivemos a gran sorte de contar, por ser centro cómplice, con este
 pedazo de muller artistaza; a moi brava Ánxela Blanco!! 

Aos deuses do Olimpo, a forza épica da Odisea, a beleza e poesía dos mitos... tamén hai que poñelos en "tela" de xuizo. Como ese pano que facía e desfacía Penélope, para manter alonxados aos seus pérfidos pretendentes... 
Nós da man de Ánxela imos desfacer algún concepto do corpo, e do uso que lle daban as mulleres en Grecia e que hoxe en día
 non estamos dispostas a asumir... 

Ánxela antes de presentarse no Teatro Rosalía de Castro, e deixarlle claro ao público que non a coñecíamos, quen é ela, por que?? e como?? reinterpreta a Odisea,  e sobre todo despois que...???
 As mulleres, temos que seguir asumindo papeis secundarios?? Vendo pasar a vida en espera dos protagonistas que son os homes, que son os heroes? Non sendo donas dos nosos corpos ...

A ver, ós que estivemos alí véndoa, quedamos abraiados. O comezo é brutal, pensas como poderá esta muller soa no escenario manter este nivel ao longo de toda a obra... e faino!!
Hai tal lotaso de momentazos de alto impacto visual, outros sublimes, outros  dunha enerxía bestial, outros onde pendurada abanéase e recrea, soña... outros de alto contido sexual, enorme elegancia, guiños de humor... é que hai de todo nesta viaxe de volta a casa con Ánxela...

Pero, antes de deixarnos boquiabertos e coas mans cansas de brindarlle sinceiros e admirados aplausos, estivo en Zalaeta nunha clase de 3º ESO... e a través da expresión e comunicación corporal,
achegóuse aos seus corpos, mentes e emocións......
 Porque as veces non somos conscientes de que somos un corpo, e que no corpo de cada un de nós hai moitos corpos... que ignoramos ou agochamos...
 corpo- poder corpo- máscara, corpo- comunidade, corpo- colonizado, corpo- mítico... A xulgar polas caras de complicidade no grupo o reto que vos propoñía Ánxela estaba sendo aproveitado,
 a gusto nos vosos corpos...
A adolescencia é unha etapa clave no desenvolvemento da personalidade, é un momento de elixir como quero ser de maior, é un momento de cuestionamento, de trasformación...
 Por iso é tan chulo que alguén veña a facernos reflexionar sobre a identidade sexual, os roles, os mitos... e todo traballado e vivido na aula, meténdose cada un no seu corpo, sentíndoo, e tratándoo ben!!!
 Porque as narracións míticas gregas e as lendas bíblicas son a fonte ou a cuna da nosa civilización occidental, hai que coñecelas, gustar delas, preservalas, tamén saber interpretalas...
 Que sente Penélope cando Ulises o rei das tretas, ese "nadie", ese que non se deixa engaiolar por cantos de sirenas.... di que volve pronto, e non da chegado...
 Pois se queres sabelo vai ao Teatro e mira como ou que elixe Ánxela desta epopeia, e dar presencia a Telemáco, Circe... Cada quen ve... ti que viches??
 E por se fora pouco, Ánxela volverá ao instituto para darnos máis que pensar e agradecer...
 GRAZAS a Ánxela e a todo o grupo de creativos e expansivos, que fixestedes posible que unha obra como ista, enorme!!!!! non só sexa interpretada nun teatro, se non que sexa levada aos moz@s dos institutos

Neste enlace podedes ver o Pre texto... quedádevos con esta páxina e ao tanto de próximas estreas na nosa cidade de DANZA CONTEMPORÁNEA!!


                                                GUAPA!! BRAVA!! xa sabes, porque así cho fixemos saber no teatro, en Zalaeta somos fans, fans, pero que moi fans túas!!!

E esas nenas que viron Danza Contemporánea por primeira vez... Seguro que marcharon para casa con moitas cousas que contar... porque alí enmudeceron, non é de extrañar, alí eras moi moi grande, enorme!!!!! Así que xa cho contarán no insti... cando volvas estar a súa altura...ja,ja

GARZAS! e cóntalles canto tempo traballas ao longo dunha semana, para poder ter ese corpo-dourado... É un pracer enorme coñecerte!!


miércoles, 17 de mayo de 2017

Indispensable en SURF: Sentirse moi feliz!!

Onde a cidade acaba e comeza o océano... hai tanto que sentir:
A maxia salta e chega a onda!!
 Miradas atentas que non queren perderse o empurre, aí ven a serie, estamos no xusto momento e no sitio preciso, rema, rema, arriba, arribaaaa!!!!!!


Coma sempre imos coa marea baixa, poñemos rápido o traxe, porque xa nos tarda ir coller as ondiñas, que hoxe estaban pequenas, aproveitámolas todas!!

Marina, hoxe soubemos de ti pola prensa:
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2017/05/19/surfeando-olas-vida-ciegas/0003_201705G19P28992.htm
xa che faremos chegar a nosa admiración e ánimo!!
 Serás invidente para afora... porque para adentro ves estupendamente!!
Nós estamos tamán con vivencias surfeiras e hai nen@s que rexeitan vir facer surf...
 e co teu exemplo ao mellor se lles pasa a miopía psicolóxica...
 és unha aloitadora!! enorme!! campiona!!


O día que foron os de 1ºC, estaban increibles... as veces viñan cheas mimadriña...
Grazas a mamá de Iria por estas fotos que nos fixo, que se vexa que sodes uns valentes!!
                                     Era dificil chegar coa táboa arriba, tiñas que levantala
                                           Con coidado para non atravesar a táboa a onda
                                                    Intentando poñerse de xeonllos...
En pé só podía facelo Diego, hoxe coa súa táboa estivo pelexando e dándoo todo na onda!!

Diego é o único neno en 1º ESO que fai surf en Zalaeta, 
de momento... Por 10€ ao mes, se aprobas todo, se non 15€, poderías dispoñer de clases de surf!!! para saber máis de material, praias onde surfean... mira a páxina e pregúntalle a Fran de Namarea, sería moi chulo sacar un grupiño de surfeir@s desta promo de 1º ESO
... sabedes que estamos argallando unha BLUE WEEK...?? 

 E o noso alumnado de 1º que foi a León, fixeron sentir a Raquel e Elena que da gusto querer medrar en todos os sentidos... Foron moi receptiv@s, sabendo aproveitar as oportunidades de aprender na vida falar inglés e máis de pasalo ben rindo, bailando, escalando, tirando con arco... beee beeeeen!!!!







Practicando vida saudable e nutritiva, coidando do noso ortiño, prantando aromáticas,
ricas leitugas, tomatitos, ceboliños... 
regando prantas e caras colorás...ja,ja






 Aguitaaa, NO WATER, NO LIFE!!

Cando volvemos facer surf, e piragüismo??
A organizarse ben o fin de curso para sentirse en forma e competentes para o sprint final...