O Ulla e o Rafting nunca deixan a ningúen indiferente
E nós preparándonos para remar, rir, cantar e xogar
Gocemos do deporte e aprendamos
a ler no reloxo dos tempos, da natureza, da vida, dos amores imposibles...
"Penar de Macías, por mor da desemellanza social, símbolo deses amores prohibidos"
GRAZAS!! aos compañeir@s do IES Macías o namorado pola cálida acollida
Pensemos nas vellas formas de ruralidade, e as carencias ou penar fondo, o emigrar... e tamén nas alegrías dese mundo agrario do S.XX . Houbo un ditador, que por certo iba pescar ao Ulla, que ditaba ó que tíñamos que facer, dicir ou como falar e ata que pensar... ( En "La familia de Pascual Duarte" "La Colmena" podedes ver como retrata esa rancia e lúgubre sociedade, Camilo José Cela) onde por suposto o rol das mulleres era casar e mellor bonitas e caladiñas...
Procurémonos espazos libres de violencia de xénero machista ou sentimento de sexo forte dominando ao sexo débil. E pensemos e sintámonos en sintonía coas novas vías de ruralidade do S.XXI ou filosofía vital do agro ou d@s "supervivientes" das aldeas... Como son os seres humanos que habitan nesta contorna rural? Porque as veces hai que recordarlles aos moz@s de Lacoru buuu neno mirar a hora en que vivimos neste reloxo do tempo... Escoitemos con admiración esos cantos da terra que transmite a grande Sés! Quen che aprendíu eses cantos?
Alegría é baixar en raftin, alegría é cantar...
E pousa e pousa e pousa é non nos toques naquelas cousas...
E librémonos de todo tipo de ditaduras, violencias, incongruencias, intransixencias e incoherencias... Porque é bonita e nutritiva a DIVERSIADE de idade, xentes, ideas, proxectos, crencias e creadores.
Menos postureo urbá, e máis espírito de traballo de sacho
máis agro rock&roll e admiración e dar vida ao noso!!!!
Máis DAVILA!!

Nunca choveu que non escampara...
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.