
Mozas que deixan pegada de mans en Zalaeta, as que admiramos e aplaudimos:
Inés, Paula, Emma, Lidia, Elisa, Ainhoa, Andrea, Maria,
Maria Orro, Noemi, Claudia, Laura e Alejandra.
PARABÉNS a Pepe, David e Tania, a todo o corpo técnico do CV Zalaeta. E por suposto a esas nais e pais entregados que apoian as súas fillas para que podan facer deporte. Para saber máis: http://clubvoleyzalaeta.blogspot.com.es/
Cun obxectivo inicial de estar entre as 12 primeiras, chegamos a sextas!!
Gañamos a equipos potentes como as de: Burgos, Torrelavega, Castellón. Facendo o imposible tamén gañamos as enormes de Baleares. Eso foi pola mañá do venres, e ntentándoo de novo pola tarde contra as de Granada, neste caso non pudo ser unha victoria, porque a pesar de dalo todo, xa non había máis que dar e non chegou. Pero, as nosas guerreiras ou aloitadoras, en todo momento amosando unha motivación e unha entrega total.
E cun público comprometido co seu equipo, totalmente entregado que vibraba en cada punto, aupándoas en en xogos e puntos moi bonitos. Había nenas cadetes no campo, observando atentas e facendo as crónicas do partido para colgar no taboleiro do insti.
Temos un equipaso do que podemos sentirnos ben orgullos@s. Son todo un referente para as nenas de 1º, é o espello onde mirarse as categorías inferiores. Porque levar os estudos ao día e entrenar un día si e outro tamén e todos os fins de semana de pavillón en pavillón non é facil de compaxinar.
Estas mozas senten paixón polo volei, loitan, non se rinden. Por iso, no barrio das Flores a temperatura na grada subía, mentras o arbi asubía... A algúns lles recordaban tempos onde os profes berraban nas gradas: "Arre coño, carajo, puñetas, Zalaeta, Zalaeta..." ja,ja
Inés Rivas Fiel
Paula Rey López
Lidia Gudge Cerejido
Andrea e Paula coas súas compas sen deixar de pensar en positivo
Tania recordándolles por que están aquí e que é ó que queren conseguir
Arriba Zalaeta!!
Aí estamos, GOzala!! Zala Norte animando!!
Porque chegar ata aquí non é un camiño fácil, hai que varolalo e apoialo!!
Estreliña, a nosa Dire!!
Colgándose medallas quenes meréceno!! Nivelón de volei en Coruña!!
Parabéns as de Professional Answer Alcobendas: Campionas de España . Que foron quen de vencer na final ao DSV San Cugat por 3-0 (25-19; 25-19 y 25-16).
PARABENS a todos os equipos de supernenas!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.