É posible gozar da natureza en horario escolar? Siii
É posible sentir que escalar axuda a superarse? Siii
É posible desexarnos unhas boas festas de Nadal escalando? Siii
Esta semana fomos ESCALAR e para chegar alí viaxamos en bicicleta
conectándonos coa cor do ceo, coa salitre do mar
co son dos estoupidos das ondas
Sentíndonos máis viv@s e felices na natureza!!
O bonito é escalar en rocha ao aire libre, pero a maioría dos humanos vivimos en cidades, para iso están os rocódromos, para entrenar e
sacarse o mono ou mona que tod@s levamos dentro...
Chegamos ao rocódromo moi motis, cunhas enormes ganas de superar un novo reto en EF.
Hai quen quería e sabía que podía subir ata arriba de todo, hai quen non sabía do que era capaz de facer e conseguíuno ao primeiro ou por loita persoal no segundo intento. Hai quen superou medos e conseguíu chegar o máis alto posible, e non por isto ten menos mérito.
PARABENS A TOD@S!! SODES MOI VALENTES!!
Dicimos que a escalada é un deporte de equipo porque en Zalaeta cada vez hai máis AMIs ou amig@s que entenden que compartir vivencias escalando nos fai mellores como persoas e fortalece lazos de grupo. Ides ver escalar a Pilar e Dani? Adrián acaba de comezar, pero despois destas xornadas @s AMIs seguirán crecendo en Zalaeta
Mariquiña, Elena e Rebeca axudando a atopar o camiño de cada quen nas alturas do rocódromo.
Mentras Félix preparando ese proxecto vital que será unha aventura moi moi dura, levando o corpo ao seu límite e a cabeza tamén. Moita sorte nese K2 menos amable en inverno...
E aquí están imaxes vosas desta semana antes da celebración do Nadal
Nós xa estábamos de brincadeira dándoo todo
Aínda que a escalada é un deporte moito máis ZEN
O ambiente prefestivo xa estaba no ambiente
Celebrando esta oportunidade de subirse polas paredes
Aproveitastes ese subidón
Facendo dun día de diario algo especial con moito significado
Queremos e podemos facelo!!
E coma sempre fixémolo!!
Parabens, sodes uns campións!!
Veñámonos arriba en Zalaeta
E despois de subir viaxe de volta para baixar, estilo "chouriso" ou rapelando con boa técnica
Coñecendo a vosa valía; non nos esperábamos menos destes esit@s
Este grupo deixando moi alto o número de "arribadas"
Moi bo ambiente grupal de apoio, mezcla de excitación e tranquilidade
Foi moi bonito acompañarvos e darvos ánimos para que creades máis en vos mesmos
Grazas as monis de AMI por facelo posible
Mariquiña : "Estes nen@s de Zalaeta son bos escalando, teñen mañas de campións"
Helena: "Xa verás como aquí hai canteira"
Así que xa sabedes pala e pico, pala e pico... ja,ja
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.