Cando voltaremos A MAR?

Cando voltaremos A MAR?
TVG: O surf chegou a Zalaeta!

miércoles, 29 de mayo de 2019

San Xoán, máis plástico ao mar...

Somos en Zalaeta xente de moito COIDADO?
  Sabemos coidar o noso instituto, barrio, cidade, planeta? 
O medio ambiente precisa dos teus, dos nosos coidados,
 a noite de San Xoán coidémonos...
E ti que estás disposto a facer?
                
Outra corporación no Concello da Coruña, terán que decidir como se celebra nesta cidade o solsticio de verán ou SAN XOAN  o noso "Thanksgiving day"... 
"De los 275 millones de toneladas de residuos plásticos, casi 32 millones son mal gestionados. Y ocho de esos 32 millones acaban en el mar. La mayor parte del plástico que flota en nuestros océanos nunca se deteriora, simplemente se divide en pequeñas partículas, lo que ocurre con esas micro y nano partículas es un misterio." e un alarmante problema para a nosa saúde...
Como se producen, usan e canto plástico temos no noso corpo? 



Temos que aprender a ler, interpretar, significar, dignificar, gozar do noso 
PATRIMONIO NATURAL E CULTURAL
É a nosa identidade, o mar como camiño, como lugar de encontro

Queremos manter as tradicións e celebracións en conexión coa natureza viva? 
 Ou imos continuar con tan mala EDUCACIÓN 
 medio ambiental, cultural, cívica?
Na nosa cidade o mar envólveo todo
Nesta festa a praia do Orzán e zonas anexas son parceladas, fragmentadas, acotadas. Espazo público pechado, vulnerado, ensuciado, dañado...  o Concello seguirá promocionando actitudes tan contrarias a convivencia e a falta de sensibilidade e educación?
A celebración do solsticio do verán converteuse nun macrobotellón 
ou forma patolóxica de divertimento
Onde está a dimensión pública ou latexo dunha tradición presidida polas sardiñas do mar, as lumeradas abertas e inclusivas para brincalas e purificarnos?
E se reivindicamos un planeta limpo coas folgas dos venres seguindo a Greta Thunberg , e deixamos cheo de merda o patio do instituto ou a nosa praia? En que quedamos? Limpamos ou enmerdamos?

O que estudiastes nas aulas agora tedes que saber descubrilo coa vosa curiosidade, sensibilidade, intelixencia... para que o que se aprenda medre en vos enriquecéndoos
 Acompañándonos por ese mar  noso, que xogando coas olas e o vento foi debuxando ao longo da historia a nosa xeografía. Máis alá todo era finis terrae, descoñecido, inquietante... O faro traía de volta a casa aos homes do mar...
  Dentro e fora da cidade, nun promontorio está en pé de pedra o noso símbolo que nos define como comunidade apegada ao mar.
 A cidade é xeografía, pero tamén historia , hábitos, costumes, ritos, tradicións, ideais, 
CULTURA
 En sintonía coa orden natural dos lugares
 Íntima relación cidade-natureza nos menhires, lugar sagrado, de culto, espazo máxico, telúrico, fronte a plenitude do mar. Sinalando o ceo no que habitan eses deuses da natureza inventados pola humanidade. Este espazo na boca da ría ou entrada ao acubillo do dique de abrigo, o porto...
 A entrada do portus magnus artabrum, as tres rías da coruña. Escenario de tráfico mariño pesqueiro,  confrontacións bélicas, lembranzas de lazaretos e épocas coloniais, migracións... recreación, deporte, turismo... vela, remo, motor, madera, fibra... petroleros que esnaquizan, gaseros, prácticos...
 Nun escenario dunha beleza natural extraordinaria e viva, dun azul de ceo e mar cheo de historias e mitos que nos recordan de onde vimos. Cun protagonismo da Torre e algunhas pezas artísticas integradas na paisaxe como a Caracola, os Menhires, a rosa dos ventos, a praza ártabra, ou Breogán dando a benvida...  

Outras, quizá demasiadas, e ao non ter carteis, non haber ningún plano, non se facilita a  identidade nin localización: guitarra homenaxe a Picasso, menhir pentacefálico, guardiáns, porta do sol, Caronte, copa do sol, Hércules na nave dos argonautas, hidra de Lerna, combate entre Gerión e Hércules... A Espinoso tragóuno o océano e non quedou rastro...  Dos petroglifos tampouco hai ningunha referencia.

Quizá neste santuario de natureza, sería mellor non intervir con tanto  exceso de elementos artísticos, que distraen do verdaderamente importante e imponente.  
 Facendo camiño pola nosa memoria colectiva ou tempos anteriores a nós, xogando...
 Escoitando, falando... dende o respecto e o coidado . 
Como nos relacionamos?
 Como falamos? (Volúme, ton, rexistro, emprego idiomas...)
 Conformando un grupo amable onde ninguén se sinta vulnerable
Fortaleza de grupo!! E reivindicación de limpeza e natureza!! 

Para construir un mellor mundo máis limpo e amable!!
 Mobilidade sostible e natureza en vena!!
 Estando a gusto e en forma
 sentíndonos parte da natureza
 Forza zalaética!!
 Sentimento de LIBERDADE fronte a prisión...
xente encarcelada, torturada, asesinada polos seus ideais...
Corredoiras preto da praza ártabra, esculturas que nos falan doutras épocas da cidade e os seus momentos: amurallada, aburguesada, ilustrada, modernizada, represaliada...
 Imaxes para o recordo dun día intenso de instituto onde pensábamos en verán...
Verán azul!!!!!
E máis verde!!
Coñecendo e querendo a nosa cidade
E todas as posibilidades que nos ofrece para vivir saudablemente











En verán a bici, a mar, un bo libro, amig@s, música, ceo... todo ao teu alcance
http://sdasxubias.eu/
E facendo un deporte que nace dunha práctica ancestral utilitaria. O nome  de canoa ven dunha embarcación lixeira feita dunha peza de tronco dunha árbore. Do taíno caná-oua, canâa (cavar, vaciar) e  ueé (arbore). Kaiak procede do idioma inuit do norte de europa. Qayak, literalmente 'pequeno bote de peles'. Na súa orixe estaban feitas  con peles de foca ou morsa, que se extendían sobre unha armazón de madeira ou osos de balea ou outros animais.
 Isto é piragüismo, o remo é outra cousa, por que? Diferencias?
 E entre kaiak e canoa? Distinguimos un c-2 dun k-2?
 Coñeces a algún piraguista olímpico galego? De que modalidade?
Teresa Portela, digna merecedora dunha medalla Castelao 2019:
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2019/06/06/cardiologa-marisa-crespo-leiro-piraguista-teresa-portela-medallas-castelao-concedidas-2019/00031559822843158863654.htm
Hai probas combinadas con porteo?
 Como compensan e poden manter o rumbo sen timón nunha canoa? 
A auxiliar no mar e para cando precisamos axuda, non por capricho ou comodidade...
En que dirección ven o vento hoxe? É moi forte? 
Partes da pala e como metela ben na auga para empurrar moita auga e avanzar dun xeito eficaz?
  Está a marea alta ou baixa? Como é a corrente, favorece a saída ou chegada? 
 E despois de navegar e recoller o material,
momento bautismo de mar temporada 2019 
 A auga facéndonos sentir VIDA!!
 Rico bañito salao cos compañeir@s de clase
 Nun final de curso onde xa estamos tocando o verán
 Zambullidas con impulso en bombita ou de pé.
Coñecemento do lugar, estimación da profundidade...
 A seguridade no mar é un principio irrenunciable
 E "lagartijeando" ou transformando vitamina E... 
 Corpo relaxado e sensitivo de verán...
 Ángulo recto coa pala por enriba da cabeza e dinámica fluída da palada
Navegando pola ría da Coruña/Burgo que conforma o Golfo Ártabro
xunto coa de Ferrol e Betanzos/Ares
 Sempre acompañando, apoiando, axudando, animándonos entre tripulacións
 Sempre con hixiene postural, ou levantando pesos máis coa forza de cuadriceps 
e implicando menos a zona lumbar 
A espalda xa a castigades de máis cada día cargando mochilas,
 nalgúns casos con pesos que se saen do saudable...
 Unha espalda tonificada e flexible, unha espalda alineada nunha postura correcta
 Unha espalda recta pero non ríxida, en posición de poder de "montaña" aquí levada ao mar...
 Dando a benvida aos que chegaban despois de nós
 Recollendo algún plástico que vimos sobre a superficie do mar...
 Outros plásticos non os vemos, pero os comemos...
 Aquí a auga limpa sobre a rampla de pedra do pantalán
cunhas cores e luminosidade lindisima
 Coa satisfacción enorme de aprender algo cada día, de gozar esforzarnos por superarnos
 Compartindo sensacións e momentos de navegación
 Neste rumbo de chegada ao club aproándonos ao vento, que viña do Oeste
 Cunha marea xa alta que non facía moi dificil a volta
 Cun tempo radiante, como o noso estado de ánimo!
 Adiante valentes!!
 Merecedes bañito ou máis sol e mar en vena,
recargando serotonina, segregando endorfinas!!
 Aos pés da ría onde clonflúen as praias de Oza, Sta.Cristina, Bastiagueiro, Bastiagueiro pequeno, Sta.Cruz e Mera; alí seixo branco e a enfilación de faros que determinan a boa posición para entrar grandes petroleros cheos dese combustible fósil... por canto tempo imprescindible? Sabes a cantidade de pecios de barcos oxidándose, da 2ª guerra mundial cos depósitos cheos de combustible...?
Espectáculo natural de auga aparentemente limpa e renovada...
 Impusión, emoción, divertimento, agradecemento...
 Cos pelos de punta, unha auga moi estimulante e revitalizante...
 AZUL ceo, AZUL mar!!  refracción da luz,  de todas as cores nas que se descompón, e segundo a súa lonxitude de onda, percepción ocular e neste caso de pel ou alucinar por cores...
Outros días con máis risco de chubascos ou nubes amenazadoras que descargan auga en movemento levadas polo vento
E como cousa de encantamento algún claro abríndose no ceo. De calquera xeito,
 somos galeg@s: "NUNCA CHOVEU QUE NON ESCAMPARA..."
 Tripulacións avante!!
A ría a estribor e mar aberto, fora do acobillo do dique de abrigo a babor...
 Nalgúns momentos proa ao vento ou en empopada, co vento pola popa
 facendo camiños polo mar vendo o debuxo que fan as rachas do vento  avanzando na auga

Coñecendo outro barrio da nosa cidade. A anexión do termo municipal de Oza a Coruña foi en 1912. Que máis temos que saber de Oza?

Canto de bonito ou de feismo temos en Coruña? 
Canto de coidado ou descoidado? Por que? 
Queremos melloralo e dignificalo? Aínda é reversible?
  Actuemos xa!!
Non sexamos inhumanos deixando a bahía do Orzán chea de plásticos tras a noite de San Xoán. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.