Cando voltaremos A MAR?

Cando voltaremos A MAR?
TVG: O surf chegou a Zalaeta!

jueves, 4 de mayo de 2017

ESCALANDO fora e pintando a mona... dentro!!

Sacando para afora instinto silvestre... Pechados entre catro paredes o aire acaba por viciarse... Imos  enchernos de vitamina "N" de NATUREZA osíxeno renovado ao aire LIBRE, ou OUT DOOR!!


Os AMIS Mariquiña e Félix expandendo boas prácticas de iniciación a ESCALADA


     










DEPORTE ESCOLAR NA NATUREZA:
MOBILIDADE EN BICICLETA, ESCALADA EN ROCHA (AMI)
SURF (NAMAREA) , PIRAGÜISMO (SD AS XUBIAS en Oza)



Principio de integración

PARA ESTAR SAN PRACTICA HÁBITOS DE VIDA SAUDABLES E DIVÍRTETE!!. Para estudar con maior facilidade e rentabilidade hai que procurar estar san e sentirse feliz!!
HÁBITOS SAUDABLES: Descanso, alimentación variada e equilibrada, hixiene postural, vida activa, pensamento positivo, intelixencia emocional para ter criterio propio, VITAMINA "N" de natureza, actitude responsable e autoestima para evitar: evadirse consumindo substancias nocivas para a saúde, presión de grupo, facer cousas inconvenientes para ir de “guay”, desexar bens materiais imprescindibles para pertencer a un grupo de “éxito”, imposición moda e estereotipos... o duro que é sentirse de nen@ “patito feo” cos medios e redes sociais cheas de supostos “cisnes”...

Principio de
contextualización e
participación
TRASNFERIR A VIDA O APRENDIDO. Aproveitar a contorna próxima para crear ou reforzar hábitos saudables e de sostenibilidade medioambiental, aprendendo actitudes para a vida. Contextualizar o aprendido inter actuando a “tribu” nos distintos ámbitos: escolar, familiar e social de barrio e comunidade. Ter en conta motivacións e gustos. Asumir un rol activo, implicándose no grupo con iniciativa e autonomía. Tratarse con amabilidade, preocuparse polos demais,  cooperar, polo benestar persoal e social.

Principio de    pluralismo     metodolóxico e  reflexividade
MÉTODOS ACTIVOS, INCLUSIVOS E PROACTIVOS. PRÁCTICA VIVENCIAL E REFLEXIVA, ser curios@s para poder saber, analizar, relacionar ideas e saberes, interpretar, deducir, manexar a información e procurar facer xuízo crítico. Ser capaces de estruturar o aprendido, facer exposicións orais ou vídeos entendendo: Por que? Que? Como? E despois que? de todo ó que facemos. Onde podes seguir facendo surf ou indo a montaña.

Principio de transparencia na avaliación das   aprendizaxes
AUTOAVALIACIÓN, partindo dos criterios de avaliación concretados es standares, e diversificando instrumentos de obtención de datos e avaliación. Tomaremos conciencia de cal é o noso estado de saúde e intelixencia emocional, de cales son os nosos puntos febles e fortes ou dominio acadado, e do conveniente que sería que mellorásemos algúns dos nosos hábitos e actitudes ante os retos da vida.

Unha cidade. case illa, incrustada no océano...
"Ser de Coruña é coñecer o vento con sabor a mar que bate no espigón..."

Ser de Coruña é sentirse un pouco peixe... "É aprender deses homes e mulleres que lle botan agallas a vida"
 Que é ser de Coruña para ti...?

E que é ser de Zalaeta para ti...?
  Pintar a mona...?? 
Para que o instituto sexa un espazo de convivencia saudable...
Fagámolo bonito!!: Comunidade educativa, familias, colaboradores comprometid@s...
                            Porque o cemento, a suciedade, o descoido e a fealdade endurecen
                         Porque a natureza e a beleza humanizan, embelecen, e engrandecen!!
                               E para que sexa respectado, querido e mimado por tod@s!!
 Pintémola mona tod@s...
Mellorando a contorna do insti, do barrio, da cidade
Comunidade ou tribu...
Loitando por un bo vivir!!
Fortalecéndonos xuntos ante os múltiples retos deste século de tan complicado e cambiante...
MOTIVANTE!!
GRAZAS!!
    Pintando a mona...ja,ja
E sementando outras ricuras...
Creando PRODUTOS de Galicia calidade!!
 EDUCANDO para a VIDA!!
Para que pinte bonita!!

Despois que ninguén diga que este equipo Directivo non curra... 
GRAZAS POR DIGNIFICAR ESPAZOS!!
estaban que se caían a pedazos... 

  • MÁIS AMABLES MÁIS SALUDABLES: A amabilidade é unha fonte inagotable de recursos que conducen ao éxito. Fainos máis fuertes, máis sans, máis felices, máis seductores e máis creativos. En tempos de crise, mellor derrochala que recortala...
  • Máis endorfinas practicando VIDA SAUDABLE e AMABLE!!

Para quenes van ser os próximos premios brochetas de froitas?? Vos diredes...



lunes, 1 de mayo de 2017

SEXTAS no Campeonato de España xuvenil feminino.

                                                                                                                                                                                Auuuuuu!!  AS NOSAS GUERREIRAS Volei Zalaeta dándoo todo!!

CAMPIONATO DE ESPAÑA6ªs!! PARABÉNS!!

Mozas que deixan pegada de mans en Zalaeta, as que admiramos e aplaudimos:

Inés, Paula, Emma, Lidia, Elisa, Ainhoa, Andrea, Maria, 
 Maria Orro, Noemi, Claudia, Laura e Alejandra.


PARABÉNS a Pepe, David e Tania, a todo o corpo técnico do CV Zalaeta. E por suposto a esas nais e pais entregados que apoian as súas fillas para que podan facer deporte.  Para saber máis: http://clubvoleyzalaeta.blogspot.com.es/

Cun obxectivo inicial de estar entre as 12 primeiras, chegamos a sextas!!
 Gañamos a equipos potentes como as de: Burgos, Torrelavega, Castellón. Facendo o imposible tamén gañamos as enormes de Baleares. Eso foi pola mañá do venres, e ntentándoo de novo pola tarde contra as de Granada, neste caso non pudo ser unha victoria, porque a pesar de dalo todo, xa non había máis que dar e non chegou.  Pero, as nosas guerreiras ou aloitadoras,  en todo momento  amosando unha motivación e unha entrega  total.  

E cun público comprometido co seu equipo, totalmente entregado que vibraba en cada punto, aupándoas en en xogos e puntos moi bonitos. Había nenas cadetes no campo, observando atentas e facendo as crónicas do partido para colgar no taboleiro do insti.


 Temos un equipaso do que podemos sentirnos ben orgullos@s. Son todo un referente para as nenas de 1º,  é o espello onde mirarse as categorías inferiores. Porque levar os estudos ao día e entrenar un día si e outro tamén e todos os fins de semana de pavillón en pavillón non é facil de compaxinar.


Estas mozas senten paixón polo volei, loitan, non se rinden. Por iso, no barrio das Flores a temperatura na grada subía, mentras o arbi asubía... A algúns lles recordaban tempos onde os profes berraban nas gradas: "Arre coño, carajo, puñetas, Zalaeta, Zalaeta..." ja,ja


                                                                Inés Rivas Fiel

Paula Rey López



 
Lidia Gudge Cerejido




Andrea e Paula coas súas compas sen deixar de pensar en positivo

Tania recordándolles por que están aquí e que é ó que queren conseguir

 



 Tempo "morto"? O equipo e a súa afeción estábamos moi vivos!! Nesos momentos intensos e inmensos de alegría colectiva zalaética.


Arriba Zalaeta!!

                                                       
 Aí estamos, GOzala!!  Zala Norte animando!!


No deporte e na vida, non fracasamos cando perdemos algún partido ou non veñen ben dadas algunhas cousas. Fracasa quen non cree nun mesmo ou non intenta superarse.


Porque chegar ata aquí non é un camiño fácil, hai que varolalo e apoialo!!


Estreliña, a nosa Dire!!

Colgándose medallas quenes meréceno!! Nivelón de volei en Coruña!!
 

Parabéns as de Professional Answer Alcobendas: Campionas de España .  Que foron quen de vencer  na final ao DSV San Cugat por 3-0 (25-19; 25-19 y 25-16).

PARABENS a todos os equipos de supernenas!!