Cando voltaremos A MAR?

Cando voltaremos A MAR?
TVG: O surf chegou a Zalaeta!

lunes, 1 de mayo de 2017

SEXTAS no Campeonato de España xuvenil feminino.

                                                                                                                                                                                Auuuuuu!!  AS NOSAS GUERREIRAS Volei Zalaeta dándoo todo!!

CAMPIONATO DE ESPAÑA6ªs!! PARABÉNS!!

Mozas que deixan pegada de mans en Zalaeta, as que admiramos e aplaudimos:

Inés, Paula, Emma, Lidia, Elisa, Ainhoa, Andrea, Maria, 
 Maria Orro, Noemi, Claudia, Laura e Alejandra.


PARABÉNS a Pepe, David e Tania, a todo o corpo técnico do CV Zalaeta. E por suposto a esas nais e pais entregados que apoian as súas fillas para que podan facer deporte.  Para saber máis: http://clubvoleyzalaeta.blogspot.com.es/

Cun obxectivo inicial de estar entre as 12 primeiras, chegamos a sextas!!
 Gañamos a equipos potentes como as de: Burgos, Torrelavega, Castellón. Facendo o imposible tamén gañamos as enormes de Baleares. Eso foi pola mañá do venres, e ntentándoo de novo pola tarde contra as de Granada, neste caso non pudo ser unha victoria, porque a pesar de dalo todo, xa non había máis que dar e non chegou.  Pero, as nosas guerreiras ou aloitadoras,  en todo momento  amosando unha motivación e unha entrega  total.  

E cun público comprometido co seu equipo, totalmente entregado que vibraba en cada punto, aupándoas en en xogos e puntos moi bonitos. Había nenas cadetes no campo, observando atentas e facendo as crónicas do partido para colgar no taboleiro do insti.


 Temos un equipaso do que podemos sentirnos ben orgullos@s. Son todo un referente para as nenas de 1º,  é o espello onde mirarse as categorías inferiores. Porque levar os estudos ao día e entrenar un día si e outro tamén e todos os fins de semana de pavillón en pavillón non é facil de compaxinar.


Estas mozas senten paixón polo volei, loitan, non se rinden. Por iso, no barrio das Flores a temperatura na grada subía, mentras o arbi asubía... A algúns lles recordaban tempos onde os profes berraban nas gradas: "Arre coño, carajo, puñetas, Zalaeta, Zalaeta..." ja,ja


                                                                Inés Rivas Fiel

Paula Rey López



 
Lidia Gudge Cerejido




Andrea e Paula coas súas compas sen deixar de pensar en positivo

Tania recordándolles por que están aquí e que é ó que queren conseguir

 



 Tempo "morto"? O equipo e a súa afeción estábamos moi vivos!! Nesos momentos intensos e inmensos de alegría colectiva zalaética.


Arriba Zalaeta!!

                                                       
 Aí estamos, GOzala!!  Zala Norte animando!!


No deporte e na vida, non fracasamos cando perdemos algún partido ou non veñen ben dadas algunhas cousas. Fracasa quen non cree nun mesmo ou non intenta superarse.


Porque chegar ata aquí non é un camiño fácil, hai que varolalo e apoialo!!


Estreliña, a nosa Dire!!

Colgándose medallas quenes meréceno!! Nivelón de volei en Coruña!!
 

Parabéns as de Professional Answer Alcobendas: Campionas de España .  Que foron quen de vencer  na final ao DSV San Cugat por 3-0 (25-19; 25-19 y 25-16).

PARABENS a todos os equipos de supernenas!!

martes, 18 de abril de 2017

Na Coruña: VIVE... a mar!!

VIVE... porque lamentablemente esta pasada semana un mozo de 17 anos senegalés, perdeu a vida no Orzán... Sabes como foi? Onde? Por que? Que opinas deste dramático suceso? Como poderíamos como sociedade evitar ou minimizar riscos na nosa praia?

Somos Zalaeta e Namarea
 remando ao mesmo compás!!
Somos gotas sobre gotas, somos olas que fan mares... gotas diferentes pero iguais...
Grazas a Macaco por cantar para nós... oooh oooh o ooooooh...
Parabéns a tod@s tivestes un comportamento exquisito!! Volveremos a auga patotes!!
We are beach boys and girls!!
Ata fai pouco tempo o surf tamén era cousa de homes...
Por que aínda hai máis surfeiros que surfeiras na Coru? 
Están mellor dotados os homes que as mulleres para gozar do subidón das ondas?



IMAXINA A TÚA META!!

Cres que hoxe gañaches un bo lote de "fichas de poker"...?
para poderte sentirte segur@ nos xogos e retos da vida


Por que hai nen@s en 1ºC que NON QUIXERON VIR ?

Que cres que che aportou a práctica de hoxe? Canto de observador e curioso és? Canto e como gozas do mar vivindo en Coruña? Coñecemos, respectamos e valoramos ó que temos? Por que no Pirineo todos os nen@s saben esquiar e na Coruña navegamos, remamos ou surfeamos tan pouc@s?

 - É un bo sitio para facer surf? Sempre hai ondas para iniciarse?

 - En que parte hai máis ondas e menos e por que?

 - Cando rompen máis as ondas? De que depende? .En que marea funciona? Por que hai mareas? E cando son vivas??

 - Hai correntes fortes perigosas para bañistas? Por que se forman? Onde?

 - Coñeces algún bo libro ou peli?? Que trate sobre o enganche ao mar e ao surf?

 -Sabes como se chama o “oráculo” ou predicción das ondas? Interrelación de factores para a calidade e cantidade de ondas: fondos, forma, intensidade, período, dirección do mar, do vento...
https://www.windguru.cz/396933

 - E despois que? Que che aportaría a práctica do surf?? Que precisas para practicalo?? Sabes quen fai surf no instituto??

- De que vai o "Barro de Pitágoras"? Educación para o consumo, o ocio... ou...??





NIVEL DEBUTANTE e INICIACIÓN: FAMILIRIARIZACIÓN CO MATERIAL E TÉCNICA. PILLAR OLAS, DIVERTIRSE, ENGANCHARSE!


PREGUNTA-ANÁLISIS-PROPÓSITO
ASPECTOS CLAVES  A TER EN CONTA

¿Cal é o material estándar dunha escola?
¿COMO PODO  SURFEAR SEGUR@?  Evito riscos surfeando en praias coñecidas: Orzán-baixa, Basti-alta… Ondas ata   xeonllos, cintura... Aínda que se nadar nunca abandono a táboa.


-      Coñezo estado mar, marea, vento, corrente, altura e tipo de ondas na praia (esquerdas/ dereitas, tendidas, ocas…)
-      Área de Surf/baño, hai bañistas? Tomar referencias
-      Chequear táboa, parafina, invento, traxe, crema solar
-      Realizar quecemento
-      Non entrar só na auga. Nin detrás de ninguén. Distancia de seguridade; a 3 mtrs. compañeiro. Non atravesar a táboa nas ondas.
-      Coñecer preferencias, ou quén ten prioridade na onda




  Cal é  a miña onda? Sei poñerme no sitio para pillala?
Por que é tan importante a posición básica para remar?
Podo pillar esqumas acostado? De xeonllos?
Por que debo pisar na alma da táboa para poñerme en pé?
Cando caigo? ¿Que tiña que facer mellor?
Que teño que aprender para chegar a coller paredes?
REMADA
-      Distribución equilibrada do cuerpo sobre a táboa, tomar referencias, pés fora da táboa, marcas táboa…
-      Remada ampla, profunda, alterna, avance con impulsión. Xiros con tabla remando.
LUGAR AXEITADO PARA PILLALAS ONDAS
         
Sentarse na táboa e xirar. Remar e poñerse perpendicular a onda. Remar acostado, máis potencia últimas remadas.
REMONTADA SOBRE ESQUMAS
-      Entrar polos laterais. Levantar a proa levando a táboa ao lado. Camiñando se dou pé ou tartaruga.
STAND UP Son goofy o regular?  En que pé levo o invento? Poñerse en pé en 3 pasos:
Flexionar xeonllo e apoiar pé de atrás, manos altura ombros, levantamos tronco e cadeira. Pé de adiante cara a punta. Posición básica: Pés separados, flexión de pernas, pés líña  e equilibrio con brazos.
DESLIZAMENTO EN ESQUMAS Mirando cara diante en PB.   Ao caer poñer a man enriba da cabeza e protexela   

 Nesta cidade en Riazor hai algo máis que un campo de fútbol...
 Namorándonos do surf!!
 Hai a quen lle cantan os pés debaixo da auga?

lunes, 10 de abril de 2017

ALABAILA ou como evitar "Dar un mal paso"...

Como sabemos Francia foi un país cun papel decisivo no nacemento do BALLET CLÁSICO. Pero non só causou gran impacto en  Luis XIV, o Rei Sol que no S.XVII creou a Académie Royale de Danse, onde se nomearon e sistematizaron as 5 posicións de pés, brazos e pasos básicos...

Tamén o comediante Moliére dicía de alguén que da un paso equivocado na dirección de asuntos de estado, exército...
"Non será esta unha evidencia dunha falta de habilidade no baile?"
Nós tamén desconfiamos de quen non ten sensibilidade, aprezo e consideración polo baile, polo que ALABAILA é unha forma de liberar das ataduras, complexos, condicionantes e prexuizos aos nenos e moz@s para que gocen bailando como afecionad@s e tamén para que coñezan e valoren as diversas manifestacións culturais e artísticas profesionais. Nunha cidade onde o 80% dos nenos xogan ao fútbol tamén hai que dar a coñecer outra forma de traballar o corpo e o espírito... O traballo corporal dun bailarín é bestial, hai que velo para creelo!!

Agradecemos enormemente a colaboración de Chedes, a Directora do Centro Coreográfico Galego:
Coas súas achegas aos nen@s de 1º ESO agora entenden como esta manifestación artística foi evolucionando dende os comezos dos tempos, pasando por Grecia xa como arte, Renacendo en Italia no Renacemento, e acadando maior trascendencia en FRANCIA SXVII,  posteriormente en Rusia no romanticismo do SXIX e en USA no SXX onde despois de ter unha base de clasicismo se racha con todas as rixideces en todas as artes,  reinventando e reivindicando novas manifestacións artísticas modernas, actuais... nace a DANZA CONTEMPORÁNEA, o cine, innovacións tecnolóxicas...

Agora xa poden argumentar e discernir sobre estas cuestións:
- Por que tradicionalmente se asocia que o baile é cousa de mulleres? De onde veñen eses prexuizos?
- Quenes usan tacóns por primeira vez, as mulleres ou os homes?
- Por que non é falso dicir que os homes están mellor dotados para bailar?
- Que ocurre  co Ballet en Francia tras a Revolución Francesa en 1789 contra o absolutismo dos reis?
- Que ocurre coa revolución rusa e a ideoloxía comunista soviética? Que movemento artístico triunfa no S.XIX nas artes? Que aportan as puntas e os tutús?
- Cando e onde o ballet clásico da paso a Danza contemporánea? Cando comezan nas compañías de ballet a haber tantos homes como mulleres?
- Sabes por que hai un día internacional da danza, e por que se celebra nesa data?
- España é un país con bailaríns mundialmente recoñecidos, por que ninguneados aquí?
- De cantos e de cales destes nomes propios sabes cal era ou é o seu oficio e beneficio?
Terpsícore, Luis XIV, Noverre, M. Taglion, Petipa, Tchaikovsky, Vagánova, Anna Paulova, Rufolf Nuréyev, Maya Plisétskaya, Sergei Diaghilev, Fokine, Balanchine, Loie Fuller, Isadora Duncan, Martha Graham, Mary Wingman, Barysnikov, Bob Fose, Pinna Baush, Nacho Duato, Tamara Rojo...


ALABAILA vai de poñer en valor esta actividade integradora e  desmitificadora de roles sexistas. O deseño das coreografías é  a través de procesos de aula ricos e moi nutritivos. O suculento premio , unhas brochetas de froita!


Isto é bailar xa non dun xeito afecionado, GRAZAS "doblemente"... a esta parella de Druida por compartir con nós a súa arte.
ALABAILA Bailaríns Druida from efzalaeta on Vimeo.

E os nos@s finalistas por unanimidade do xurado,  foron 1ºC co seu Black & White fusion...  jasusito, jasusito...  que ben bailas!!
 A ver se facemos bo de ti bailando...
1ºC Finalistas ALABAILA from efzalaeta on Vimeo.

Un par de sabios consellos de Chedes sobre comunicación e complicidade entre público e bailaríns dende un escenario:
1- Evitar tocarse o pelo
2- Evitar momentos de espera sen facer nada
Se vos fixades neses momentos o espectador focaliza a atención en distraccións, pérdese esa fluidez , rachamos ese fío condutor que transporta ao espectador elevándoo pola maxia da música cos movementos expresivos... O público merece o noso máximo respecto, para iso temos que facerlles sentir a gusto con nós, estando cómodos na súa presenza e agradecidos por compartir con nós enerxía vital flow, vidilla... Por que non queda ben mascar chicle? Mirar para o chan, ou tocarse as narices...



Unha chulada ver como os de 3º, 4º ou Bacharelato axudaron coas luces, música, cámara, telón, presentación, monólocos... co seu saber estar e animando aos esit@s para que ALABAILA teña máis percorrido. 



 GRAZAS Ximena, María, Sabela, Carmen, María, Eva, Carmen, Nicole, Nacho, Mateo e Iván, e aos xuices de luxo.  O noso aplauso dende o Dept. de EF!!

Co proceso ALABAILA comprobamos un ano máis que bailar da moito subidón...

E agora que sabedes quen foi Loie Fuller ou Isadora Duncan... esta peli vai das súas vidas...




domingo, 12 de marzo de 2017

Nutrición e bicicleta: Perder ou gañar saúde...

Sen saúde (FÍSICA-MENTAL-AFECTIVA) 
                         a vida perde moito...

Cuestionario sobre VIDA SAUDABLE:
https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSdaBDjD0MUDuti8aWJLp0RTGJOKkfDJsAPfGdp-wwLxcAvvKg/viewform?usp=sf_link

Chute de vitamina D, ENERXÍA VITAL!!
Subindo levantamos o cú  do sillín e dalle que dalle pedal...
Respirando a pleno pulmón...
Alineamos ombros, cadeira, xeonllos, tobillos, forsaaaa!!
Corremos e subimos a bici, hai que darse vidilla!!
Descanso dos guerreir@s!!
Entorno máxico da Torre de Hércules
Nós como Hércules tamén superamos unhas probas...
Manter planchas, tonificando brazos e faixa lumbo-abdominal
Correndo
Circuito en bicicleta


E de volta ao insti




 ABCD da NUTRICIÓN

Aliméntate dun xeito saudable: Fresco, menos procesado, de tempada
Bebe auga
Cociña e come amodiño, rico e saudable, para funcionar a plena saúde, ou ter en forma: Cerebro Hormonas e Estómago!!!

Desenmascara a publicidade e os etiquetados engañosos 

                  

Hai uns microorganismos vivos ou bacterias boas que son moi beneficiosas en equilibrio.

          
 Este equilibrio pode alterarse por mala alimentación, tratamientos con antibióticos, infeccións, alcohol, contaminación por aditivos…

A clave está en facer dos alimentos máis ricos en nutrientes a base da nosa alimentación diaria.  Hai que ter coidado coas inxestas hiperglucémicas,  consumir menos azucres refinados, alimentos con graxa total, saturadas, colesterol e sodio, hai que evitar procesados e fuxir das trans , aromas “de fume”, azucres varios engadidos e potenciadores de sabor… 

 OS SUPLEMENTOS NUTRITIVOS
 NUNCA COMPENSAN OS MALOS HÁBITOS 


Precisamos comer menos alimentos tratados ou transformados, envasados con conservantes e aditivos e máis ao natural, a ser posible próximos e de tempada, ecolóxicos. Para conseguir un bo equilibrio hormonal e gozar dunha vida feliz, enérxica e sen sobrepeso ou infrapeso hai que  facer  un bo aporte diario de alimentos ricos en fitonutrientes, con fibra e facer unha boa hidratación. 

DESENMASCARANDO: 
   OS ALIMENTOS QUE PROMETEN SAÚDE 
 SON OS MENOS CREIBLES…!!





  Non fagas caso de: “Artesanal” “Tradicional” “Feito na casa”, “Directo del campo”, “Natural” “Ecolóxico” “Alimento completo”, “sen azucres engadidos”,  “baixo en graxas o azucres,  libre, diet,  livianos, light,  con omega 3, bífidus activos, 0%... 
A publicidade emprega cores, asociación de ideais de  saúde... vida natural, hábitos saudables para crear sensacións adorables de modelos de vida activo, éxito persoal e profesional  xuventude divino tesouro, beleza, bo tipo, felicidade total e absoluta… OLLO!!

      
OS ALIMENTOS MÁIS PREXUDICIAIS PARA A 


SAÚDE SON OS MÁIS ADICTIVOS!!



ADITIVOS. “algúns teñen cinco ou seis...”
E-100 COLORANTE.
E-200 CONSERVANTE
E- 300 ANTIOXIDANTE
E-400 ESPESANTE
E-500 REGULADOR DE ACIDEZ
E-600 POTENCIADOR DE SABOR alteran o sentido do gusto, incitándonos a consumir cada vez máis e máis.

E-621. GLUTAMATO MONOSÓDICO E-621 é una NEUROTOXINA dana e engana ao sistema nervioso. Potencia a fame e voracidade. Camuflado como: proteína texturizada, concentrado de proteína de soya,  xelatina ou nutrinte de levadura,  almidón e xarabe de maíz...  xarabe de arroz e leite en pó tamén conteñen rastros de E-621.

Contribue a perda de saúde; dor de cabeza, migrañas, calambres musculares, nauseas, alerxias, danos ao corazón, depresión... Causa de manera moi evidente a epidemia de obesidad infantil. Moi empregado nas cadenas de comida rápida, envasados ou procesados, como patatas fritas, ganchitos e demáis aperitivos e sobretodo nas chucherías para que os nenos devoren sen parar e sen pensar...


Canto máis visites a zona de froitas e legumes, menos visitarás ao médico...

É dicir, a base da pirámide é a froita, vexetais,  cereais e grans integrais, froitos secos, semillas,  aceite de oliva, legumes mínimo 3 días a semana…  Non deberíamos prescindir de ovos, pescado, sen demonizar a leite ou ocasionalmente a carne, como moito dúas veces a sema…  Canta MÁIS FORMACIÓN E MELLOR INFORMACIÓN teñamos, mellor criterio teremos a hora de elixir que?, canto?, como? e onde comer?. E cantos máis productos ecolóxicos ou dun horto de confianza podamos consumir máis que mellor.

                      

                         




    

Ter unha flora bacteriana enferma supón un sistema 

inmunitario débil, e non poder absorber os nutrientes 

dos alimentos que consumes.






                 POR QUE PRIORIZAR ALIMENTOS? CALES?

AS VERDURAS son un dos alimentos máis populares e nutritivos e sen embargo, moi rexeitados. Unha dieta rica en verduras, reduce o risco de accidente cerebrovascular, enfermedade cardíaca,  presión arterial, o risco de sufrir problemas de dixestivos, de ollos e algúns cancros. Especilamente ricas verduras verdes.

AS FROITAS son un dos mellores regalos da naturaleza. Son unha mediciña completa de minerais, vitaminas, antioxidantes, e un sin fin de micronutrientes ou fito-nutrientes.  Teñen un alto valor de prevención contra as enfermidades crónicas como cancro, diabetes e obesidade. Especialmente ricas froitas vermellas.

AS LEGUMES son unha das mellores fontes de fibra soluble. Son ricas en  ferro, magnesio e ácido fólico.  Baixas en grasa e altos en proteínas de calidad, unha combinación poderosa para a saúde.

OS GRANS ENTEIROS,  forman parte dos alimentos máis ricos en nutrientes, son baixos en graxa e altos en fibra. Axudan a manter o colon e corazón san e tamén a calmar os texidos inflamados.

FROITOS SECOS E SEMENTES, as noces, améndoas, avellanas, pistachos… as sementes de xirasol, cabaza… son unha deliciosa e confiable fonte de enriquecemento de proteínas, vitaminas, fibra e carbohidratos complexos. Proporcionan unna boa cantidade de  minerais como selenio, magnesio, cobre e zinc.

OUTROS ALIMENTOS CON ALTA DENSIDADE DE NUTRIENTES, ademais da LEITE (enteira, desnatada, ou sen lactosa):

YOGUR, KÉFIR alimentos fermentados, ou proceso que permitíu o  desenvolvemento de microorganismos e bacterias aptos para o consumo, e que melloran a dixestión, fortalecen as nosas bacterias boas, reforzan vitamiñas, minerais, antioxidantes e oligoelementos, e reforzan osistema inmunolóxico.

OVOS, dos alimentos máis saudables e nutritivos que existen, sobre todo a xema. Ademáis de proteínas  graxas esenciais, os ovos conteñen colina, imprescindible para o cerebro, e antioxidantes.

ALLO, contén vitamina C, B1, B6, calcio, potasio, cobre, manganeso e selenio, e  alicina que axuda a baixar a presión arterial e reducir colesterol.

CACAO  70% de pureza ou máis, contén grandes cantidades de antioxidantes,  fibra, ferro, magnesio, cobre, manganeso e graxas saludables. 

 GRANADA  antioxidante, limpa as arterias, mellora o fluxo sangúineo

AGUACATE  moi rico en oligoelementos bo para o sistema cardio respiratorio, pero é que tamén favorece o correcto funcionamento do sistema nervioso, muscular,e  intestino.

XENXIBRE   alto valor na mediciña tradicional china,  anti inflamatorio natural que axuda a combatir enfermedades respiratorias, así como artrosis e problemas dixestivos.

SALMÓN, SARDIÑAS E OTROS PEIXES GRAXOS AZUIS, cunha alta concentración de ácidos grasos esenciais Omega 3, altos en proteínas e grandes cantidades de magnesio, selenio, potasio e vitaminas B

MOLUSCOS E MARISCO, ameixas, berberechos, mexilóns, ostras, gambas, cangrexos, polbo, a lista é deliciosa. Moita proteína, con vitaminas C, B, D, potasio, selenio, ferro.

      ALGAS ou verduras de mar , con grandes cantidades de calcio, ferro, magnesio, manganeso e moito yodo, imprescindible para a función tiroidea. Tamén son ricas en antioxidantes. 


VITAMINAS, MINERAIS, SUSTANCIAS FITOQUÍMICAS 
CALES SON? PARA QUE SERVEN?



AS VITA MINAS, imprescindibles para a vida, atopámolas fundamentalamente en froitas e verduras.   Inxeridas de forma equilibrada, son esenciales para o bo funcionamento do organismo. As vitaminas conxuntamente cos enzimas e as hormonas son biocatalizadores das reaccións químicas, é decir axudan, facilitan, aceleran dos procesos metabólicos. Consumiendo froita e verdura estarás axudando a que o teu estómago absorba mellor os nutrientes dos alimentos, terás máis enerxía e saude.
É importante un almacenamento axeitado e unha correcta preparación, para minimizar a perda dalgunhas vitaminas nos alimentos. As vitaminas hidrosolubles C e complexo B, son de absorción inmediata, pero tamén destrúense fácilmente . Polo que é mellor consumilos frescos, mantelos alonxados da luz solar ou refrixeralos. Na cocción os vexetais perden a maior parte desas vitaminas hidrosolubles que quedan na auga, con esta auga poden facerse sopas ou purés.

-VITAMINA B, as principais funcións que realizan as vitaminas do complexo B : Producir enerxía a través dos alimentos. Intervir no crecimiento e división celular. Producir numerosas hormonas, enzimas e proteínas moi importantes para noso organismo. 


- VITAMINA C.  Potente antioxidante, función inmunolóxica antiinfeccioso, protexe as mucosas. Potencia a absorción intestinal do ferro, polo que interesa acompañar as legumes con pimentos, tomate, patacas, perexil ou tomar algún cítrico…

- A VITAMINA D é unha vitamina esencial,  de manera natural producímola cando expoñémonos ao sol. Requerida polo corpo para a absorción axeitada do calcio, regula o desenvolvemento óseo, crecimiento celular,  funcionamento neuro-muscular,  funcionamento inmune e alivio da inflamación. 

- VITAMINA A. Afecta á formación e mantenimiento da pel, membranas mucosas, osos e dentes, a vista e a reproducción.

- LA VITAMINA E. É un grupo de 8 vitaminas que axudan a previr o estrés oxidativo do corpo e reforza a acción das vitaminas no corpo.

OS MINERAIS son constituíntes básicos de moitos enzimas, vitaminas e hormonas que axudan no correcto funcionamento do metabolismo, tamén son esenciais para conformar as estruturas esqueléticas, regular o intercambio de auga e líquidos, transmisión de impulsos nerviosos, o equilibrio ácido-base corporal. As froitas e verduras tamén son unha fonte de minerais imprescindibles para a vida.


- FERRO, mineral indispensable para correcta oxigenación dos texidos, forma parte da hemoglobina, fundamental na vida de todos e, principalmente en deportistas que precisan maior oxígeno nos esfuerzos físicos.

- CALCIO, forma parte e mantén sans dentes e osos. Necesario na coagulación da sangue. Transmisión do impulso nervioso e na contracción muscular. Contribúe a activación de enzimas  e colabora na permeabilidade das membranas celulares para que paso do oxígeno e nutrientes. Participa na absorción de vitamina B12.

-MAGNESIO, forma parte de osos, músculos, sangue e texidos diversos. Necesario para manter o equilibrio ácido-base, grazas ao magnesio depuramos o exceso de sustancias químicas nocivas e outras toxinas. É fundamental tamén para ter maiores niveis de enerxía e forza muscular. Precisámolo ademais de para producir enerxía, para sintetizar as proteínas e  graxas, para a actividade muscular na contracción e  relaxación, mellor funcionamento do sistema nervioso, e para metabolizar o calcio, fósforo, e  vitamina D. A súa carencia pode provocar fallos no crecimento, aleteracións de comportamento, irritabilidade, debilidade, calambres... Con niveles óptimos de magnesio fortalecemos o aparello óseo articular e retrasamos o proceso de artritis, artrosis...

-SELENIO, Micromineral antioxidante, función que comparte coa vitamina E.

-ZINC mineral cun papel fundamental no sistema inmunológico. Tamén, contribúe a asimilar as proteínas e carbohidratos, esencial para o funcionamento de enzimas e, por consiguinte, para a producción de energía.

- ACIDO HIALURÓNICO é un hidrato de carbono natural que favorece a función das articulacións e a reparación dos texidos. Nosos cuerpos nacen con ácido hialurónico, pero a medida que envellecemos, as reservas disminúen lentamente. Coñecida como a “fonte da xuventude”, é un nutriente esencial que reforza eficazmente ollos, pel, coláxeno e inmunidade.

- Ácidos grasos omega 3-  disminución colesterol e triglicéridos, esto implica que a
As plaquetas que circulan na sangue non se adhieren unhas con outras, prevendo así a formación de coágulos. Interveñen na formación das membranas das células; tejidos cerebrales, células nerviosas. Incide positivamente no sistemas cardiovascular, inmunolóxico, dixestivo, reproductivo . Efectos antinflamatorios.

- Coenzima Q10, traballa en colaboración co magnesio,  selenio,  vitamina C, E e zinc. Un axeitado equilibrio destes nutrientes axuda a que podamos chegar a edades avanzadas cun corazón máis san

ANTIOXIDANTE  fai refrenica a actividade que numerosas vitaminas, minerarais e outras sustancias fitoquímicas teñen sobre substancias consideradas  nocivas, chamadas radicais libres. Os radicales libres moi reactivos que introducen osíxeno nos compoñentes das células (oxidándoos) alterando a súa estabilidade e funcionalidade. Prevén a aparición de enfermedades e retarda o envellecemento. 

Cales son as túas froitas e verduras favoritas?


                           

Moito ollo con todo tipo de DIETAS,  MODAS E POSTUREOS que se seguen sen moitos criterios. As veces as dietas vexetarianas, veganas ou “paleolíticas” non cubren todas as necesidades nutricionais, dependerá tamén da idade, tipo de requerimento ou gasto enerxético, estilo de vida, e coñecemento mínimo de nutrientes-combinacións-aporte diario mínimo. 

ONDE ATOPAMOS MICRO NUTRIENTES IMPRESCINDIBLES?
  • VITAMINA A Todos os vexetales, especialmente con caroteno e verdes, zanahorias, brécol, espinacas, col, cabaza, batata, mango, leite e ovos.
  • LA VITAMINAS B3, xermen de trigo, froitos secos. B6,  cereais integrais, avena, banana, patacas, cítricos, ovos e carnes
  • VITAMINA D, pescado azul, soia, leite ou queixo de soia (tofu)
  • VITAMINA C,  cítricos, kiwi, fresas, grosellas, patacas, perexil, pimento,  tomate, repolo, coliflor, brócoli, chucrut (col fermentada)
  • VITAMINA E aceites vexetais, “leites” vexetais, aceitunas, xermen de trigo, espinacas, brócoli, legumes , humus (paté de garabanzos), pipas, noces, améndoas, piñóns, sementes, pimenta, aguacate, granada
  • CALCIO,  leite , yogur, queixos,  brócoli, espinacas,  sardiñas, anchoas, salmón, berberechos, sésamo, legumes, soia, tofu, cacahuetes, noces, avellanas, aménodas, perexil, figos
  • MAGNESIO, algas agar secas, sementes de cabaza e outras, améndoas, avellanas, otros froitos secos, xermen de trigo, soia, arroz integral,  legumes, humus, espinacas, aguacate
  • ZINC,  chocolate negro, sésamo, sementes cabaza e xirasol, xermen de trigo e avena, espinacas, champiñóns
  • FERRO,  berberechos, ameixas, mexilóns, lentellas, brócoli, espinacas, pistachos e outros froitos secos, carnes, vísceras.
  • SELENIO,  grans, cereais integrais, levadura de cerveza, xermen de trigo, noces, queixos,  champiñón, allo, ovos, carnes
  • ÁCIDO HIALURÓNICO, froitas e verduras ricas en vitamina C,  brócoli, kiwi, col, fresas, aceite de fígado de bacalao, pimentos verdes e vermellos, perexil, cilantro, especias, carnes
  • ÁCIDOS GRASOS OMEGA 3, peixes azuís, salmón, aguacate, soia, noces, algas sementes de liño e chia
  • COENZIMA Q-10 cereais integrais, xermen de trigo, soia, tofu ou queixo de soia e peixe azul, carne
  • PREBIÓTICOS/PROBIÓTICOS fermentados: yogur e kéfir, ou allo, cebola, puerro, alcachofas, algas, soia, chocolate negro, e aceitunas... 
  • ANTIOXIDANTES granadas, baias: frambuesas, arándanos, fresas, brocolí, calabacin, tomates, zanahorias, allo, uvas, mango chocolate negro, té verde.


 ETIQUETADOS NUTRICIONAIS:
OU MINTEN OU NON CONTAN TODA A VERDADE
  • Vexamos a lista de ingredientes, ordeada de maior a menor cantidade
  • Cantidade de azúcar. Por 100 grs ou mls e porción. Proporción deles.
  • Cantidade e Orixe da graxa. Vexetal, animal, (saturada,  monosaturada, polisaturada, colesterol.) Trans
  • Calorías o valor energético
POÑAMOS ATENCIÓN non é certo de todo… “Elaborados a partir de” … “En proporción variable....” “Derivados de...” “Parcialmente”, ou cando din:

- “LIGHT”  30% menos do valor enerxético respecto ao alimento de referencia, reducindo ou sustuíndo algún dos compoñentes do alimento de referencia. Todos os alimentos light non son baixos en calorías, algúns deberían consumirse con moderación porque seguen sendo moi calóricos en comparación con outros alimentos non light. Kcal ou aporte enerxético: MÁIS DE 200 KCAL POR CADA 100 GRAMOS É ALTO EN CALORÍAS, se non superan as 100 Kcal por cada 100 gramos axudaranos a non sobrepasar aporte.

- “0% de materia GRASA”, pero  a cantidade de azúcar engadido é disparatada. Ademáis, utilizan saborizantes e colorantes. Aporte de graxas: ALTO 20 GRAMOS OU MÁIS POR CADA 100 GRAMOS. Moderado entre 5 e 20 gramos de graxa total por cada 100 gramos. Baixo cando ten menos de 5 gramos por cada 100 gramos de alimentos. Debemos evitar graxa saturada e fuxir das GRAXAS TRANS= ACEITE VEXETAL HIDROXENADO ou parcialmente hidroxenado.

- “Sin AZUCARES añadidos”  peor  teñen endulzantes artificiales,  para dar sabor engaden grasas malas, co cal as calorías entre un producto u otro son similares.  Mel, sirope, agave, sacarosa, glucosa, fructosa, maltosa, dextrosa “osas”…  non supere de azúcares sinxelos o 10%. ALTO 10 GRAMOS OU MÁIS DE AZÚCAR POR CADA 100 GRAMOS . Moderado entre 2 e 10 gramos de azúcar por cada 100 gramos. Baixo menos de 2 gramos de azúcar por cada 100 gramos. As veces poñen pouco azucre simple e noutros apartados ves camuflados azucres de peor calidade ou edulcorantes artificiais.

- “Ricos o alto contenido en FIBRA” A fibra é un dos compoñentes máis valiosos dos alimentos sen procesar, son moi boas todas ao modo natural nos alimentos, non sempre por outros medios.  “alto contido en fibra”  significa engadir máis azúcares e grasas.  A diario debemos consumir alrededor de 30 gramos de fibra. Boa proporción de fibra 10 GRAMOS DE FIBRA POR CADA 100 GRAMOS DE PRODUCTO APRÓX.


- % VD VALOR DIARIO. Proporción dos nutrientes Calcio, fibra, potasio, vitamina A, C...  coa contribución a dieta total diaria. Un nutriente en proporción 5% ou menos é baixo, 20% OU MÁIS É ALTO.

- CALCIO: Máis de 100 mg de calcio por cada 100 gramos é considerado FONTE DE CALCIO.


- SAL Considérase ALTO 1 GRAMO DE SAL OU MÁIS POR CADA 100 GRAMOS ou 500 mg de sodio ou máis por cada 100 gramos. Considérase baixo 0.25 gramos de sal ou menos por cada 100 gramos ou 100 mg de sodio ou menos por cada 100 gramos.


Ti verás que che interesa de todo isto que vai de  
EDUCACIÓN PARA A SAÚDE 
E O CONSUMO RESPONSABLE...

e se tes intención de gañarte ou non un PREMIO BROCHETA ZALAETA...?

            "Cando marzo maiea, maio marcea" xa veremos...
                            Ou produto do irreversible cambio climático...??

A mellor maneira para endulzar a vida que coñeces é encherte de azucre...??