Cando voltaremos A MAR?

Cando voltaremos A MAR?
TVG: O surf chegou a Zalaeta!

domingo, 3 de febrero de 2013

¿Sabemos para que servimos?

Recordemos a Sir Ken Robinson no 2006 nun TED (Technology, Entertainment, Design) ou ideas que merecen ser espalladas. Facendo unha interesante e divertida argumentación sobre a importancia da creatividade nunha escola do SXXI, para preparar aos moz@s para os retos deste novo mundo.
Todos debemos cambiar a nosa mentalidade en canto ao que é importante na educación, porque os vellos tempos e a vella escola non volverán!  As IDEAS, O TALENTO, O COÑECEMENTO, A MOTIVACIÓN, A INNOVACIÓN, son o novo motor da economía. Debemos prepararnos para a era da CREATIVIDADE: Proceso de ter ideas orixinais que teñen valor!!
Temos que abrir a mente e algúns terán que pechar a boca... SABEMOS PARA QUE SERVIMOS? :
http://elpais.com/elpais/2013/01/31/eps/1359633954_509487.html

 Queremos ver diversidade de bailes e vídeos, queremos ver o que sodes capaces de facer co corpo, a mente e as emocións, conxuntamente cos compañeir@s. Se non sabes bailar, inténtao!! ; baila, se orixinal, arríscate!!! Equivocarte non é o peor, o peor é non intentalo!!
"Es la mente la que crea el mundo que nos rodea y aún cuando nos encontramos juntos, parados en la misma pradera, mis ojos nunca verán lo que los tuyos contemplan y mi corazón nunca se agitará con las emociones que conmueven al tuyo." George Gissing.
Tedes que darlle valor ao que facedes, crer no que sodes capaces de facer en grupo. O máis fácil é criticar as propostas dos demais, o máis difícil é melloralas con máis e mellores propostas entre tod@s!

A paixón desta rapaza é o hooping dance...  Que cousas che apaixonan? Cal é o teu estilo de vida?
                          E tí, que sabes facer?

Algún atrévese a facer unha presentación dun par de minutos da historia da danza ao longo de toda a humanidade. Saberías facelo? Aquí tedes un bo exemplo: