Cando voltaremos A MAR?

Cando voltaremos A MAR?
TVG: O surf chegou a Zalaeta!

martes, 17 de junio de 2014

UNIVERSO Verán!!

 E brincamos por enriba do lume de San Xoán... 
 SOLSTICIO DE VERÁN!!
 Ocio saudable, divertido e DEPORTIVO!!

- Fai deportes chulos ao aire libre, ilúminate!!
DATE BRILLO!! Membrill@...!!
- Le un bo libro
- Come rico e san, descansa, divírtete cos amig@s, sal da rutina, viaxa, convive, baila, canta, nada,  comparte, enamora...
- Déixate seducir por xente exemplar nalgúnha faceta humana, quere e aprende de quen podas aprender!!

Sabes que alternativas de ocio activo tes ao teu alcance? Algo que non deberías perderte, un cursiño de:
  VELA LIXEIRA!! Apúntate xa!!

O Departamento de EF, quere expresar que é unha gozada ver as valoracións tan positivas que facedes das clases de EF e de nós como profes. SEGUIMOS CRENDO QUE A EF É IMPORTANTE PARA A VOSA FORMACIÓN E SAÚDE!!  
                                             GRAZAS POLA VOSA IMPLICACIÓN!! 
(Xa te dicíamos Fran: vas ver que é moi chulo dar clase en Zalaeta, ir por aí e que te saúden cun ola profeee...!!)

                   Tivevemos unha visita: Shiva e máis Sahkti!!

 Shiva y Shakti representan a esencia do principio masculino e femenino. O Yin e o Yang, plasmado en todas as manifestacións de este Universo. A eterna danza entre o masculino e femenino, a orixe do mundo, as relacións entre seres humanos, 
a conciencia da unidade, e igualdade!!
Esta conciencia de igualdade é a que pode facer un mundo mellor ou o que é traer o ceo a terra....


E cando quedaban 2 horas de clase...
Unhas cantando facían as súas últimas tarefas...


Algún abría o seu corazón a cores...


Outras que tal bailaban...

E outr@s botábamos a vista atrás...
Julián, que este ano fixo 1º   dinos: 
"Cuando me apunté a esgrima, me gustó mucho y aprendí a tirar, a marchar, a hacer fondos... Me ayudó a coordinar, y a tener más equilibrio, fuerza y velocidad, al principio no tenía nade de eso. Y así mejoré mi estado físico.
Que ben Julián, és un valiente guerreiro coa espada. Pois caro que vas mellorando, é moi importante saber que non hai como querer algo e loitar para conseguilo!!

Verano: Otra forma de mirar..
Detente, mira, mírate, míral@...

Alguén recoñeceu a voz de Luisa? A nosa anterior orientadora,
 agora jubileta moi inquieta...

 Vivy Lin a FAMILIA REAL: veniros pa´l barrio...
Por aquello de ahorrar... que tal venirse arriba a Monte Alto, pisitos de 80m2, sin ascensor, cerca del Gadis y  con la calita Matadero a tiro de piedra...?? juasjusajajjajaja


GOZA DO VERÁN E ACTIVA AS TÚAS DEFENSAS!!

Saúde e ... MAR!!
Peeena que EDUCACIÓN non rime máis con DIVERSIÓN!!
O día de San Juan rápidamente limpan  praias e paseo, porque cheira fatal, e a visión fai dano:
 Non é apto para xente sensible e intelixente!!

As gaivotas gozando no Orzán, non teñen que ir ata Bens...

 Todo non se pode recollar, lévao e devólveo o mar...
 Días despois,  algúns na praia, sacamos da orilla
decenas de vasos, botellas e bolsas de prástico...

Coñeces o dano que lle estamos facendo ao mar? 
Coñeces como aumenta a acidez do mar e ó que isto repercute na túa vida?


REDUCE,  REUSA,  RECICLA, REDÚCATE !!!
Coñeces a existencia dun continente de prásticos no pacífico?... 

E o concello veña gastar cartos para fomentar prácticas festivo turísticas de San Xoán...


(a.c)  ÁLVARO CUNQUEIRO: 
"Lémbrome de Ulises con envexa. 
Il sabía a onde ir atravesando o mare, 
que ofrece noites e lúas,
 cabeleiras e ventos,
esquecemento e morte"  

AMOR AO MAR... OU A QUE, OU A QUEN AMAS?


PILAR PALLARÉS : (Poeta que tamén ensinou en Zalaeta) 

Ameite tanto
Ameite tanto esta tarde,
cando non estabas,
e estaba o ceu como un
atlas de ausencia,
esvarando nas horas.

Que estraño e todo isto,
este amor que se agolpa
e verte a sua furia por acima de un,
sen piedade, sen piedade.

Esta tarde ameite como invasión de escumas.
Non sei que estrañas aves aniñaron en min
para que así te ame, non sei por que camiños
navegou o meu sangue para chegar a tí.

Non sei se faro ou torre ou terra prometida
foron marcando o norte dos meus sucos *

so sei que aqui me tés, a tí ofrecido,
sen culpa deste amor que caeu sobre min.

Non sei se como pedra ou lóstrego ou fervenza
puido facerme tanto dano.

Non sei porque estes días en que te amo tanto
e tan fundo e tan duro e tan tristeiro
días en que quixera aniquilarte
de tanto amor como me tinxe o corpo
e me lastima os dentes.

Esta tarde ameite como nunca antes.

(* Hai quen no contorno atlántico-máxico da Torre de Hércules, curamos todo tipo de penas, non só o mal de amores, tamén de humores...)

miércoles, 11 de junio de 2014

Carta de Pep Guardiola a Antón, un mozo da Coruña.

Tod@s temos que sensibilizarnos, apoiar, e aplaudir estos esforzos titánicos pola superación.
Ti Antón, si que és o noso ídolo!! 
Admirámoste e animámoste a seguir loitando para sentirte realizado exercendo de adestrador, sufrindo e gozando co teu equipo!!

Antón ten o apoio do seu ídolo Pep Guardiola: 
Hola Antón.

                                    Un amigo me envió un Link sobre un maravilloso reportaje que te hicieron, haciendo de gran entrenador….o de vice entrenador, que es lo mismo.

Fue muy emocionante ver, que a pesar de tu acondroplasia, el amor por el fútbol, que debe ser tu pasión, no sea un hándicap para mostrarte y hacer lo que amas. Eso es ser un héroe, un valiente y que seguro te hace ser feliz a pesar de todo y de todos, y que nada y nadie te condiciona en lo que quieras hacer.

Ojala un día podamos encontrarnos y hablar sobre fútbol y sus tácticas y demás, y seguro que aprenderemos escuchándonos mutuamente y estoy seguro que de muchas cosas de las que hablaremos, coincidiremos más de las que ahora podamos imaginar, todo  sobre este maravilloso juego que tanto queremos.

Te deseo lo mejor y sepas que el video ha sido para mi de gran inspiración. Verte sufrir en el banquillo me ha acercado mucho a ti.

Hasta pronto.

Pep.  (Firmado Pep)

O vídeo que inspirou a Guardiola


Antón ti vales moito!!
Desexámoste o mellor nos campos, pero tamén nas aulas!!

Na escola moitas veces os rapaces séntense inseguros, infravalorados ou menos válidos.
Neste experimento de indefensión inducida, podemos entender a que nos induce ó que pensan de nós mesmos os demais., e como
Podemos sentir desmotivación, 
medo ao ridículo, depresión...
 Nunha aula!!!



Non podemos sentirnos mal, aínda que sexan evidentes as nosas limitacións, carencias, debilidades... A tod@s nos gusta ter unha consideración igualitaria, sen diferenciacións ou exclusións por  baixas capacidades nalgún ámbito: Motor, cognitivo ou  de xestión emocional. Pero, a realidade é que na vida hai  "selectividade"... e para superarnos hai que sentirse forte!!
  Vivimos nunha sociedade moi competitiva, e
idolatramos aos number one!!
 Matt Biondi di:
"Hay demasiado énfasis en el éxito y en el fracaso y muy poco en cómo la persona progresa a través del esfuerzo. Disfruta del viaje, disfruta cada momento y deja de preocuparte por la victoria y la derrota" 
(Nadador estadounidense, sabe o que é o esforzo, pulverizou records participando en 3 Xogos Olímpicos e gañando 11 medallas, 8 de oro. Como nº1, sen embargo relativiza o éxito,  dinos que ó que de verdade importa e a superación.)

MÁIS E MELLOR EDUCACIÓN!! Loitemos por  superarnos!! 
Se queres ser como Guardiola inténtao con todas as túas forzas, e comezarás sendo un bo entrenador de categorías inferiores, e irás subindo... 
e con moito esforzo chegarás o máis alto que podas, 
e se fas ben o teu traballo,  iso vai facerte moi feliz!! 

Falando de deporte espectáculo: Comezou o mundial de fútbol en Brasil. No país máis futbolero do mundo, moitas voces indignadas protestan contra as obras faraónicas que non proporcionan áis benestar e saúde para os brasileir@s.  Demandan austeridade, transparencia e exemplaridade, por que para facer estadios hai que recortar en servizos públicos para tod@s, reclaman máis educación de calidade, saúde e transporte público e menos fútbol.
QUEN SE BENEFICIA NUN MUNDIAL?

domingo, 1 de junio de 2014

IOGA: Cuándo podré ir a Hawaii? ai aiii...

Mentras non podamos ir a Hawaii, ou vexamos a luz do verán, temos que procurarnos outros paraísos... nós en Zalaeta promovemos o Ioga iNTEGRAL para desestresarnos, coñocernos e querernos...
Porque despois de percibirnos, respirar profundo e botar fora tensións, despois de estirarnos, sacudirnos, abrirnos, temos SENSACIÓN DE BENESTAR, máis enerxía ou maior conciencia do noso poder.      
         

Fomos avaliación a avaliación, pasiño a pasiño, superando medos:
1º- MEDO AO FRACASO.
 Que pasa se chego da primaria a ESO e non teño boas notas? E se suspendo?...
2º- MEDO AO ÉXITO. 
Que pasa se traballando máis comezo a subir notas, a aprobar algunhas, pero teño que traballar máis para seguir mellorando, esforzarme máis?...

 Que pasa cando superas os medos anteriores?
VAS DARLLE SENTIDO AOS ESTUDOS.
 Sentes que actúas correctamente, tes AUTOESTIMA e defendes o que vales,  a vida ten sentido para ti. Entendes que tes que asumir a túa RESPONSABILIDADE, porque
DEPENDE DE TI.
Cando logras saber quen, e como queres ser,  cando non vas de víctima, cando non imitas a errad@s líderes... CRERÁS EN TI, ESTARÁS MOTIVAD@ PARA ESFORZARTE E SUPERARTE, E PODERÁS CHEGAR AS METAS QUE TE PROPOÑAS!! 



 Se ti cres en ti chegarás ao paraíso!!!!!
 Chegar ao paraíso é facer creacións, é darlle valor ao que fas ti e máis os compañeir@s!!! como exemplos estes curtos chulisisisisimos de compas vosos:



E agora que ven o verán...
Pensemos neses lugares máxicos, perdederos para revitalizarnos ou  paraísos...
Como o de Sara, que xa está pensando no verán que ven axíña, e a ilusión que lle fai ir  pescar,  deixarse sorprender pola vidilla que hai no mar, as pozas entre as rochas na baixamar, a paz no solpor da súa praia... aquí chega iso polo que dan ganas de loitar!! MERECIDAS VACACIÓNS!!




Outros momentos paraíso, ou de sentirse como os deuses,
están nas loitas nos campos de peliculeros xogos...
Probaches JUGGER?


Outr@s están enganchados ao deporte REY en ESPAÑA...ja,ja



Unha coñecida marca de refrescos con gas e demasiado azucre... fai a mellor publicidade do mundo mundial... para mostra:
En que se parece la vida a un partido de  Argentina?
tomemos nota...
"Primeros 15 años: Pura ilusión y optimismo!! 
En la "Edad media": sabemos más a que jugar, cuando darnos un lujo, cuando apretar los dientes 
y tirar tod@s para el mismo lado..."

"DEJEMOS TODO EN LA CANCHA"
ARRIBA ZALAETA!!