Cando voltaremos A MAR?

Cando voltaremos A MAR?
TVG: O surf chegou a Zalaeta!

domingo, 31 de marzo de 2019

Javier Martín: Encontro co coreógrafo e artista contemporáneo

Nun día moi vital de estrea de primavera radiante fomos con 1ºC, por ser un grupo dos que mellou canalizou e xestionou o proceso ALABAILA a Tribuna pública. Da man de Javier Martín  
Traballamos a concentración, introspección e afinación perceptiva do corpo,  na parte central da sesión fixemos un exercicio moi revelador por parellas de memoria motriz, onde un manipulaba acompañando e improvisaba movementos, ó que escoitaba logo tiña que rebobinar. Logo sentados traballamos a concentración e capacidade sensorial, cun micromovemento de mans realizado a máxima lentidude posible. E por últimos foron os nosos alumn@s os que amosaron cunha enorme enerxía grupal  a coreografía da súa peza "El gran showman" que representarán na V Gala ALABAILA, gañándose uns merecidos aplausos.

A práctica reflexiva permitíu aos adolescentes de  corpos a medio fabricar... adentrarse nunha viaxe interior ao seu propio corpo. Nesta sociedade das prisas, do tempo de reloxo en vez do marcado polo sol, da preocupación pola imaxe de cara a fora, do estrés, inseguridades, soidades, medos, trastornos de saúde, ansiedades e depresións, adiccións, relacións superficiais de me gusta ou non me gusta, de entornos tecnolóxicos... Levantar o pé do acelerador, tomarse un respiro e pensar e gozar para dentro en vez de para afora, pararnos a escoitar e pensar que di o noso corpo, escoitar e acompañar con respecto e coidado aos compañeir@s é algo que deberíamos practicar e agradecer a quen o fai posible.

Tratáronse temas como o coidado e mimo ao corpo, posturas ou hábitos nocivos, o mundo dos soños e de como de adultos eleximos se seguir manténdoos para inspiración de loita e goce na vida ou non, a capacidade máis ou menos atrofiada ou entrenada de sentir, conectar, explorar, vivir o corpo, e o debate foi en base a cuestións como:
Quen pensa máis en movemento a mente ou o corpo? 
Que está a dicirnos o noso corpo? 
Como fala o corpo? 
Ten memoria o corpo?
A ver, este tipo de traballo para eles foi inesperado e desconcertante e iso é bo, sairnos da "normalidade" e "zona de confort" resulta enriquecedor. Esa experiencia foi complementada con xogos ao aire libre e corpo libre. Cremos na EDUCACIÓN INTEGRAL, o corpo precisa ser máis escoitado. Necesidade das vivencias que se crean nas saídas fora das "jaulas voando o maxín... Foi unha mañá ben bonita e vivida con moito proveito!


Ao carón da fábrica de tabacos
na praza das cigarreiras, mulleres fortes e destemidas
A praza como lugar de encontro, intercambio de ideas, discrepancias, debates...
Javier Martín de mestre de ceremonias
Ten un aquel espiritual esa búsqueda persoal de pensar dende dentro do corpo
Inventario corporal ou viaxe ao centro do corpo
Acompañando nesa procura aberta e valente
para percibir a lingoaxe corporal dende o silencio
cos ollos pechados para sentilo
vivindo o corpo presente, sin distraccións, sen preocupacións...
 o inmenso PODER de sentirnos a gusto no noso corpo!
GRAZAS! Javier, a ti e aos teus "discípulos" Amén...ja,ja
Non hai autoaceptación, se non temos unha boa conexión co noso corpo
 A gusto, deixándonos fluír... 
sen mirar dende fora, mirándonos dende dentro con afecto cara nós mesm@s
Con fotografías que fixeron Vale e Pablo























E eses enfoques alternativos chulos que fai Pablo 







Moita vidilla nesta praza!
Movementos non tecnificados, con frescura, viveza, feitos con afán de exploración e curiosidade...
Sen rixideces, sen bloqueos, sen vergonza do noso corpo
E con orgullo zaláético compartindo o voso!
Grazas Javier!
Grazas aos moz@s que nos acompañaron!
GRAZAS 1ºC sodes macanud@s!

Pronto  compartindo boas pezas... moita curiosidade por saber mirar as dos demais...
A ver como fostes quen de comunicar a idea da peli co voso discurso...
a ver como falaron eses corpos VALENTES!

E xogando no club de lectura  a "Ojos de nube"... 
aprendendo a mirar coa pel, sons, olor, textura...
Percibindo, imaxinando, sentindo...
  Vendo o exterior coas palabras que chegaban ao corpo...
 
 Deixándonos guiar, confiando..
 Con tranquilidade, con gusto pola curiosidade...





Celebrada a Gala ALABAILA toca viaxar en bici, ir ao mar...
 ALOHAAAAA!
  e máis adiante o piragüismo na ría delacoru nen@s...