Cando voltaremos A MAR?

Cando voltaremos A MAR?
TVG: O surf chegou a Zalaeta!

domingo, 17 de diciembre de 2017

"GALAXIA CROQUETA" : Ánxela Blanco facendo voar a 1ºA

ÁNXELA BLANCO chegou ao noso insti e cunha encomiable entrega fíxonos sair da zona de confort, e dende a premisa de crer en nós e cada quen ir sumando... Chegamos a  gozar nunha actuación no TEATRO ROSALÍA DE CASTRO.

Ese día compartimos escenario cun grupo da Escola de Danza cunha peza titulada Antonio, que aínda non vimos, nese momento nós estábamos no camerino.
 Aquí ambos grupos no pase ou ensaio no teatro.

Foi o mércores 13 de decembro e sentímolo como un enorme triunfo, que agradecemos a Ánxela por toda a enorme profesionalidade e afecto con que tratou ao noso alumnado en todo momento. Grazas tamén a Katerina e Andrea por ese apoio incondicional, que fai posible que un grupo dun instituto poda coñecer e valorar as artes escénicas, e sentirse parte da historia do teatro, sentíndoo como algo máis noso...

Ánxela pedíulles aos nen@s no proceso creativo que xogaran, saltaran, contaran, cantaran, crearan, bailaran... pero sobre todo que non tiveran medo a equivocarse ou facer as cousas mal... e todo isto gozando,!!   asi foi como nesa complicidade do proxecto de Danza expandida do TRCDanza, programa MASA (Mover as aulas) fixemos croquetas moi ricas, ata conformar a nosa propia galaxia...

Gocemos nas aulas, aínda que o sistema educativo sexa moi mellorable, aínda que este sexa un mundo moi absurdo, dos mundos posibles este é o único que coñecemos pora ahora... Hai outras galaxias con máis que probables condicións aptas para outras vidas, pero quedan moi lonxe... polo que é mellor inventarnos nós outras galaxias e outros mundos posibles... 

Agradecemos as familias que ese día colaboraran xenerosamente con nós, metendo as mans na masa e facendo algo tan delicioso para compartir entre tod@s, para celebrar que foi un éxito, para celebrarnos, somos 1ºA e sabemos asumir retos e facer as cousas moi ben!!  GRAZAS a tod@s por superar atrancos, botarlle cara para sair a actuar no escenario, sodes uns valentes!! E asi pouco a pouco seguir achegándonos a esta revolución lenta e non violenta que facemos en Zalaeta derrochando:
 ILUSIÓN, EMOCIÓN e IMAXINACIÓN
Tedes moito mérito, pronto colgaremos aquí vídeo e fotos, será como un precioso agasallo de Nadal...

https://www.facebook.com/trcdanza/

Ánxela non é a primeira vez que colabora con nós... nin será a última...  no seu espectáculo de DANZA CONTEMPORÁNEA"Ulises e a nena durmida" está que se sáe...

https://movendocu.blogspot.com.es/2017/05/anxela-blanco-con-ulises-e-nena-durmida.html

Tamén temos que agradecer a Mario o Vicedirector da Escola Pablo Picasso e a Concha a profesora que veu cun grupiño de alumn@s facernos fotos.


Que sería dunha educación sen EDUCACIÓN FÍSICA...? Gustaríavos que fose diaria en ESO? Por que? Xa vos dixemos a principio de curso que é a mellor asignatura de todas, non si?...ja,ja


sábado, 2 de diciembre de 2017

"Lo siento en el aula" ou como superar obstáculos...

Hai quen a hora de estar en clase está subíndose polas paredes, pero onde imos chegar... ja,ja   AGRADECEMENTOS A TVG porque ESCALAR NA ESCOLA é espallar SAÚDE e EDUCAR PARA A VIDA!!
http://www.crtvg.es/informativos/vivimos-con-escolares-a-aventura-da-escalada-como-disciplina-para-superar-obstaculos-3572738


E por fin neste final da outonía chovía...
E Galicia volvía a gozar do chuviscar manso que pinta de verde os campos...
E fomos coñecer ORBALLO  http://www.orballo.eu/inicio
Tomillo, salvia, menta, romero e outras aromáticas, árnica, fresas..
Para facer infusións para "Tormenta, manta y menta" , "Calienta que alimenta", "El remedio de la abuela" "Calma tu karma" "Pero que riquiña Carmiña"...
Sorrisos campestres abertos a fascinante natureza: Aprendimos da Santisima Trinidade: Té branco brote, té verde folla nova, té negro folla con máis corpo. (Pranta 3x1 da familia das camelias)
E na cata soubemos distinguir a canela e a menta e os cítricos con xenxibre... nun divertido momentazo sensorial...


Grazas LAURA!! con ese móbil que ghastas fas fotos chulisimas!!

Houbo quen dende a inocencia, interesóuse pola de "Duerme conmigo"... e como non podía ser doutra maneira causou moitas risas mal intencionadas...ja,ja

Onde estamos máis a gusto e felices, pechados nas aulas ou na escola da natureza, por que?

"Lo siento en el aula..."
Tod@s como alumn@s ou profesores somos sufridores de alma e CORPO...!!

Por iso estamos desenvolvendo no insituto unha serie de reformas dentro dun PLAN DE MELLORA... as instalacións, mobiliario, equipamentos, materiais... fainos recordar tempos de mari castaña... están colaborando con nós ARQUITECT@S SEN FRONTEIRAS!!
os espazos que temos están pasados, foron pensados e deseñados para outras realidades, e limítannos moito... Hoxe considérase o espazo o 3º profesor porque son lugares que tamén guían as aprendizaxes... 

Queremos espazos acolledores, humanizados e versátiles? Entrada, corredores, patios, cafetería, instalacións deportivas, salón de actos, bibliotecas, aulas en vez de jaulas... onde haxa sitio para deixar os obxectos persoais en vez de que estean tirados no chan...

Queremos espazos con vida onde deixar voar o maxín, onde haxa máis canles de comunicación que o do profesor ao alumnado.  Preferimos lugares aburridos ou chispeantes? Inspiradores ou anestesiantes?

Ana. Marta e África son as mulleres que forman "TALLER ABIERTO" un obradoiro de xestión cultural; Arte, Arquitectura e Educación:   http://tallerabierto.info/
mediando entre interese de alumnado-profesorado e familias, fixéronlles neste cole rural un patio chulisimo. Aquí vémolos xunt@s xogando, contando, cantando e bailando, pola súa dignidade, integridade, liberdade e criterio crítico, loitan por unha educación integral máis humanizada, mellor e máis actualizada e contextualizada...
A nós tamén gustaríanos ter outros espazos... os que temos impiden ou entorpecen o sentido de pertenza... O noso ideal é, a pesar das instlacións vellas, facer un instituto chulo onde os rapaces veñan content@s!!, con ganas de aprender e establecer sólidos lazos de compañeirismo que perduren e enriquézaos!!

 Este é o voso instituto, querédelo así ou mellorámolo entre tod@s?
Estamos desexando ver e colgar aquí as fotos e vídeos que fixestes. E continuemos por ise camiño novo que temos por percorrer, tendo moi en conta as vosas achegas.
Para provocar dinámicas educativas innovadoras zalaéticas, non axuda moito o noso patio, onde os coches son os protagonistas, xunto cun campo de fútbol sala regulamentario e gradas para imitar comportamentos barsa-madrid...
E as bicis? Por que gustaríanos ter máis espazo para poder ensinar aos que aínda non saben  andar en bici nos recreos... e que na nosa cidade non  tiveramos tantos impedimentos para vir en bici a clase.

Mola entrar nunha aula cun timbre rompe tímpanos? Nun espazo uniforme, pequeno, frío, pechado, austéro, con luces que fan moito ruido e alumbran fatal, ordenadores que as veces funcionan, sillas insufribles para estar sentad@ máis do recomendable, mesas tambaleantes, todo alineado para promover individualismo e espíritu competitivo mal entendido... cores pasivos e imposibles que serven para anestesiar, mala acústica, onde unha silla de rodas sería "un incordio"...

Mola entrar nun ximnasio nevera, despintado e sucio que cheire mal, mal iluminado,  con goteiras e equipación do  S.XIX? 

 Non, por iso facemos todos os arranxos que estean a noso alcance e botámoslle IMAXINACIÓN para sacarlles máis a estes materiais, tradicionalmente considerados aparatos de tortura...ja,ja
   



Agora sodes vos ós que levades a iniciativa nas prácticas reflexivas,  decidides como dispoñer o material, que tipo de saltos-xiros ou equilibrios queredes facer, vos sodes quenes axudades aos compañeir@s que aínda pensan que facer un pino ou pincha carneiros é perder o tempo... ??

Ser áxil e coordinado é mellor que sentirse torpe, pero sobre todo é bo para gañar autoestima e non crerse menos que ninguén, tampouco máis... aportando ideas ao traballar en equipo sumamos!!   Axudar aos demais é moi edificante e imprescindible para construir mundos mellores...

Escoitemos a este mozo "Un muerto de hambre..." seguro que non vos deixará indiferente...
Ten claro que a fame que ten nin é de poder nin de diñeiro... isto non vai confundilo, bloquealo ou apartalo do seu desexo de ser mellor cada día... é ó que desexa facer para ser feliz na vida.

Se en infantil todos os nen@s xogan, pintan, contan, cantan, bailan... e en primaria tamén aínda que cada vez menos... por que en Secundaria non @s deixamos  gozar de momentazos creativos...??
Se non non serán quen de descubir cales son os seus talentos, desexos, paixóns...