Cando voltaremos A MAR?

Cando voltaremos A MAR?
TVG: O surf chegou a Zalaeta!

jueves, 23 de enero de 2020

Bailes do S.XIX, XX, XXI, XXII...

"Bueno ESO de bailar..."
 

Benedicta, unha muller de 84 anos, de aldea (Ancares), 
deslumbrando en Cannes marcándose unha muiñeira...
Por se aínda non sabes de quen ven sendo a nosa muiñeira:
 Cando Oliver Laxe veu no casting a Amador e máis a esta muller, sabía que xa tiña protagonistas desa historia que foi contada e moi ben recibida, tamén premiada pola súa hipnótica fotografía e máis o Goya 2020: A mellor actriz revelación!! Benedicta Sánchez por 'Lo que Arde' "Me da pena porque somos cuatro y 
me gusta colaborar no competir..." 

Recibindo premios cinematográficos con enorme espontaneidade e transmitindo moita verdade, presentando en fin de ano as badaladas na tele, Medalla Castelao, e o que está por vir... esta muller imparable adiantóuse ao seu tempo, agora é admirable e aplaudible.
http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/24-horas-con-benedicta-sanchez
Estamos con Benedicta, a pesar da imposición dunha sociedade competitiva tamén somos de colaborar, non de competir. O ALABAILA non vai de quen actúa ou baila mellor, vai de quen goza cuerpeando ou contando historias co corpo que nos fan mellores, máis sensibles e intelixentes.

Aquí podes coñecer outra muller de aldea que deslumbrou nos escenarios de Paris...

Agora vos tamén facendo unha homenaxe as mulleres aloitadoras do rural e do mar no ALABAILA. A todas esas avoas que non foron laureadas como Benedicta, unhas emigraron outras non, pero todas  teñen moito que contar, porque acadaron moita sabedoría e quérena compartir.
 Escoitemos máis as avóas!

Realidade brutal de esforzo e escravitude desas mulleres galegas que loitaban cada día ata a extenuación. Nesta industria conserveira o patrón queríaas aínda por riba caladiñas...

Aquí podedes escoitar esta cántiga de traballo daquelas mulleres do mar:


CÁNTIGAS DE TRABALLO
 DAS MULLERES DO MAR


A FÁBRICA DE TENAISIÉ, O Grove. Esta Cántiga ensinoulla a Xurxo Souto, Rosa, a Anaca (19.X.17) coa súa compañeira Carmen, a Calela. Rosa, agora xubilada, foi sindicalista, da Tenaisié.

A nosa virxe do Carme
Fixo unha casa na ría ( bis)
Pa ver as de Tenaisié
Como fabrican sardiña (bis)
Veña sardiña, veña cabala
Veña tamén mixillón
Despois de máis de dez horas
Hai que ir cargar cameóns
Cando queres ir pra casa
Co corpo coma fariña (bis)
Alá vén señor Ribeiro
Aínda hai que aceitar sardiña (bis)

Cala a boquiña, andá lixeiriña
No esteas a protestar
Que como abra-la boquiña

Mañá non vés traballar. 


MATRIA

A historia do galego Álvaro Gago que optou ao Goya ao mellor cortometraxe de ficción no 2019, tras cosechar importantes premios internacionais. 


Esa mirada de Ramona doe porque  non é do S.XIX, nin do XX,..
Ramona lives with her husband, with whom she barely communicates, and works in a canning factory run by a tyrant manager. Faced with the challenges presented by her daily routine, she tries to take refuge in the relationship that unites her to her daughter and granddaughter.

Preparación do curto con Matriarcas da terra dun tal Breogán, de Guadi Galego, homenaxe a mulleres aloitadoras que apechugaban con todo para servir a tod@s...



A FÁBRICA MASSÓ, Cangas. Cántiga que fixo, e cantaba, Carmiña Fernández Mariño –de Cangas- cando traballaba nesta conserveira.


Nesta fábrica Massó, me estou deixando a vida
Mira, mira Maruxiña, mira como veño eu.
De tanto empacar sardiñas, teño as manciñas perdidas
Mira, mira Maruxiña, mira como veño eu.
E cando pasa Manuel, e nos encontra charlando
Mira, mira Maruxiña, mira como veño eu.
Levanta a vista pra arriba, e baixa a vista pra abaixo
Mira, mira Maruxiña, mira como veño eu.
Nesta fábrica Massó, me estou deixando a vida
Mira, mira Maruxiña, mira como veño eu.
De tanto empacar sardiñas, traio as manciñas perdidas
Mira, mira Maruxiña, mira como veño eu.
E cando pasa Manuel, e nos encontra charlando
Mira, mira Maruxiña, mira como veño eu.
E ponse moi colorado, leva unha hora chillando
Mira, mira Maruxiña, mira como veño eu.

 Nenos na Coru Concepción Arenal se vestía de home para poder ir a universidade... 
ata moito tempo despois non houbo dereito a voto para as mulleres...


Loi Füller a vida desta muller da vangarda das artes recuperada polo cine...


A quen pertence e que signficado ten o dorsal 261?

Katherin  ("Kathy" Switzer) 

THANK YOU!

jueves, 9 de enero de 2020

Quen dixo que non existen montañas encantadas, unicornios ou reies magos?

Tedes uns fill@s estupendos, por onde imos felicítanos, personal do Hotel, monitores, condutor, porque non van de "sobraos", saben valorar as oportunidades loitando e axudándose entre eles para acadar retos vitais colectivos e saben gozar. Houbo moito e moi bo, a  pesar do virus persistente e outros atrancos de saúde, fomos quen de ir superando dificultades e imprevistos sen perder o sentido do humor e amor astúnido... ja,ja
Máis e mellor quere dicir que temos que seguir aprendendo a regular mellor do 1 ao 5, en función do lugar e situación, o volume da fala. E tamén deixar de empregar esa forma baixuna de expresarse con palabras mal sonantes, que saen con moita fluidez e "naturalidade" dalgunhas bocas. Rápida e repetidamente tíñamos que corrixir ese mal falar, é imprescindible manexarnos nun rexistro académico correcto, non é admisible ese falar grosero irrespectuoso. Polo demais un pracer oigan!!
A equipa de profesorado somos iso unha equipa!! ninguén por separado é imprescindible, xunt@s somos poderosos. Fran coma sempre brutal, María a teacher adoptada polo departamento de EF encantada de compartir esta semana mezcla de edades e emocións potentes, foi moi arropada polos nen@s nas pistas, coidárona moito, e ela deunos xenerosamente moito e todo moi bo. A enerxía inquebrantable de Conchi, comparable aos atolados adolescentes, rachouse cunha farinxite, non hai outra forma de facer que cale...ja,ja

  Grazas a Dirección de Zalaeta, aos compas, mamas & papas, aos responsables da Estación de esquí e monis, persoal do Hotel Real, entre tod@s facemos posible esta experiencia única, feita con moito mimo e agarimo, ser astúnido é algo que enriquece e merece ser vivido, "There is NO I in a TEAM"é o sentimento de benestar social; neste grupo importas!! podes contar conmigo!!

O curso de esquí é sen duda o máis importante, pero tamén aprender a viaxar ou saber mirar outras realidades... aquí o noso capitel historiado máis inspirador...
Música e MAR envolven a pel e os pés de Pietro e a súa amada...
 Ela coa súa man dereita intenta detelo para que permaneza en Jaca.

Pietro esculpíu este capitel como declaración de amor, coa súa man dereita sinala o occidente, tamén sinalado polo sol de día cando marcha, ou en verán a primeiras horas de madrugada cando os peregrinos comezaban a camiñar tamén sinalado pola Vía Láctea estaba o occidente. 
Pietro, o mozo canteiro que chegou dende a Lombardía, e enamorouse tolamente de Aimar na praza da vila, cando esta mercaba unha tela para facerse un vestido. Quedou tan impactado que seguíuna coa mirada e soubo que era de Jaca, porque non a timaban coa dobre vara de medir que pode verse na porta sur da Catedral.  Cando por fin falou con ela, ela sentíu a mesma atracción e co tempo chegaron a quererse moito e moi ben.  Agora está a pedirlle a súa enamorada que o acompañe, vai termiñar a súa obra en Jaca,  quere ir ver Santiago, escoitou falar maravillas dun Pórtico que daba a Groria velo, e máis que nada desexa chegar ata o Fisterre, porque sabe que o mar maior simboliza ese misterio. Un máis alá, ou trascendencia, coñecemento. O propio Camiño de Santiago é tamén unha viaxe interior na procura de sabeduría. Fisterra, é o que sempre soñou con ver"... que decisión tomou Aimar?

Premios Astúnidos 2020:

Fotografía grupo máis Relevo xeneracional
Iago Allegue por "Entrelazados"
En Zalaeta somos xente de moito coidado; sensibles, intelixentes e temos querencia pola empatía e simpatía. Esta foto encaixando cada un cos demais parece unha metáfora perfecta.

Fotografía natureza 
 Antía por "Rompiendo barreras" 
Cautivóunos a auga rebuldeira de andar primeiro de río, a auga orixe da vida,
 a auga e a maxia do ciclo na terra

Fotografía deportiva
 Íria por "Salto peligroso"
Esa vía láctea ou centro da nosa galaxia, con estrelas ao alcance da man, mola mil. Máis porque sabemos o significado da Catedral de Jaca no camiño a Santiago. Lucía valente!, tes que poñer o peso do corpo un pouco máis cara o val. Hai que facer unha mención ao salto que non pudo ser fotografiado de Jana, entrou con demasiada velocidade e voar voou, e houbo aterraxe...

Marina peque Pirene, moi sensato e bonito como falaches polo micro da valoración desta semana fantástica zalaética, unha auténtica pasada, confirmandonos que ese recoñecemento merécelo de aquí a Jaca.

María la niña del exorcista, bufff María tes unha recuperación increible despois de ter o corpo e a alma absolutamente "agarrotaos" a límites inhumanos, es moi forte e moi positiva.  Soubemos da existencia da Distonía efecto secundario do Primperán, que xa lle vale...Parabéns acabaches esquiando algo e levando para casa boas sensacións, María, grande! Aquí comentando batallitas con Xiana que como sabemos no top de caídas do seu grupo fíxoas con moito mérito...ja,ja

Celia ao Tesón Astúnido, esta pequecha a pesar de buscar no diccionario o significado de tesón, non entendía porque era merecedora dun premio, ao mellor vai por aí, porque sempre estás aí pendente, con escoita activa, axudando, esforzándote con discreción, sen crerse mellor que ninguén ou invadindo o espazo de ninguén, sen aspirar a destacar, pasarías desapercibida con outro profesorado,  nós sen embargo queremos dicircho oleeeeeee tu!!!!!! Aquí escoitando a Andrea en inglés, ten mérito escoitala neses tres minutos as trescentas cousas que diría...ja,ja


Mario a progresión en pistas porque sabes verbalizar e agradecemosche moito a túa valentía cando compartes eses momentos onde te sentes vulnerable, torpe, incapaz, frustrado... a pesar dese primeiro día tan inseguro, afrontáchelo da mellor maneira posible, facendo unha semana de gran aproveitamento. Parabéns! e presentador en ciernes, estiveches "sembrao" xa sabes o que é deixarse a voz cando falas e non fan caso das quendas, interrumpen, protestan... 


Carla pola superación e satisfacción, sabes que pola túa esixencia desmedida con nada estás satisfeita, e iso réstache forza e desestabiliza. Que bonito é verte sonreir, que bonito é vacilar co que aínda non nos sae ben, e agrandarnos cando conseguimos superarnos nalgún aspecto, aínda que penses que é pequeno, non é asi. Tes un diálogo interno negativo e aquí na neve intentamos darlle volta e fixéchelo, fixéchelo moi ben Carla, grande Carla! Aquí acompañada por máis compas sorrindo, excepto Nico que parece contrariado, que foi Nico?


E outras fotos que fixestes moi chulas:
María, "Prado verde" mola moito porque hai varios planos, un primeiro cunha textura que difumina, o prado, a montaña con dúas alturas e o ceo que fala debuxando nubes. Os cables de electiriciade son a nosa pegada como urbanitas.

 Javi, "Mareas de ceos" É unha foto con moita beleza, polo cumio iluminado onde a lúa gobernanta das mareas fai medrar ou achicar mares, pero na montaña tamén terá outros efectos máxicos. Esa nube en diagonal recorda aos bólidos potentes cando entran na atmósfera e deixan a súa efímera pegada. Mola mucho.

 Antía, "Natureza invenral" Estas baias de rosal silvestre, ou escaramujo en castelán, son alimento de aves ou pequenos gamusinos no inverno, que non teñen doado atopar que comer. Nos tempos de Mari Castaña se aproveitaban as súas propiedades mediciñáis.
Iria, "Down de river"  tamén moi na liña de abraiante auga viva, limpa, pura, libre...
 "Nubes de algodón de azucar" Nesta foto o ceo a nós recórdanos a mitoloxía do Pirineo, non vedes no borde superior esquerdo a expresión enfadada ou risco que se cerne nos ceos

 Irene, "Nubes débiles descansando" imaxe moi bonita captada in mobile in mobiles
 e "Auga cristalina en jaca" auga, algo transforamador da terra

 Carla, "Escarcha" aquí faltou un mellor encadre, ou un fondo que non deixe fuxir a maxia deses arbustos disfrazados de inverno, pero o tema provoca plásticamente

Clara, "Sol reluciente", protagonista, deslumbrante cando aparecía 
e nostalxia pola súa presenza cando marchaba

Noa, "Autoestima" e moi poética esta imaxe de choiva tras os cristais

 Marcos, "In the sky" moi boa posición de salto, para preparar unha boa aterraxe non como Jana, non é quen máis alto salta, é facelo a fase previa de impulsión, o voo e a recepción todo con maior flow nenos

Sara Peña "Bernardino amando la nieve" que cuqui


 Premio relatos:

 "Una Voz" por Noa, María e Carme de 2º ESO
"Hola, yo soy Ermenegildo y voy a contaros mi historia. En un atardecer de invierno de 1987 salí a esquiar a Astún. Decidí subirme al telesilla y subir a lo alto de la montaña. De pronto, a mitad del trayecto, una fuerte ráfaga de viento me golpeó provocando un fuerte tambaleo seguido de una caída a la nieve desde lo alto. Quedé cubierto de nieve unas horas, las cuales aproveché para armar un refugio. Después de un par de horas más de meditación, decidí intentar descansar, aunque había lago que me lo impedía, escuché atentamente un par de minutos y alguien me decía que debía ir a por alimento o algo horrible me sucedería. ¿Por qué alguien me daría tal advertencia? y ¿Cómo sabía que yo estaba allí? Después de una larga búsqueda regresé a mi refugio y escuché de nuevo la voz, decía que al otro lado de la montaña me esperaba una gran ayuda. Así que decidí emprender el camino más sencillo. Al llegar me fijé en las altas coníferas y me tropecé dejándome caer en un hondo agujero. Caí sobre una alfombra de huesos, encontrándome con una mujer que tras un rato hablando con ella me confesó que llevaba 27 días refugiada allí sin saber como escapar. Me contó que también había escuchado una voz en diferentes ocasiones y que le había dicho que se hacía llamar Pirene. Nos aconsejó y nos dijo que hiciésemos un punto negro en unas coordenadas exactas, y cuando el sol diese un rayo de luz en el punto central de la señal tendríamos la solución a nuestros problemas. Seguimos todas las indicaciones y cuando llegamos al exterior nos topamos con un helicóptero y un ciervo muerto, decidimos prenderle fuego al cabello del animal desprendiendo una humareda de humo negro que alertó a los del helicóptero y haciendo que nos rescatasen y llevasen a nuestro hogar."

"Snowflake" por Sofía de 3º ESO
"Coldness, firdiy peace is a place far away from homve. Our first actual oportunity to breathe. To really feel the air inside our bungs. Sening the layer of frost going through our throat as we inhale. Almost as our insider were, in part, made of ice. Walking ov er white sand. Dones of coton. The touch of the freeziy wind is our visage. Our ffiyertrips, nunb. Our feet, almos touchin the floor and the same time, so far away. And now that i´m on the top, alll the vehicles seem like small preces of a board game, and the buildings, its boxes, and, this hih i fell like i´m as big as the mountain snow dust."



"La guixa de la avaricia"
por Lola, Laura e Sara Peña

"En una tarde fría de invierno al pie de los Pirineos, tres amigos se encontraban negociando con el hijo del noble de la villa. Éste les ofrecía unos mendrugos de pan a cambio de entrar en la cueva maldita, donde se decía que habitaba la guixa. Los tres niños, hambrientos, aceptaron sin dudar la propuesta. Al anochecer se dirigieron temblorosos hacia la cueva. Después de adentrarse un poco al oscuro lugar, descubrieron tres caminos por lo que decidieron separarse, Manuel fue por la derecha, Alfonso por el medio y Pepe se encaminó por la izquierda. Manuel siguó el camino hasta encontrarse con unas monedas brillantes de oro, decidió cogerlas sin preocuparse por los demás y se fue corriendo por donde vino. Al aproximarse a la salida, vió una extraña silueta con unos brillantes ojos amarillos. Alfonso continuó por las estancias y, al escuchar un grito asustado, decide ir a ver que sucede. Ahí se encuentra con Manuel tirado en el suelo, inconsciente. Al acercarse, ve que tiene una bolsa, la cual cogió y se apropió de su contenido. Al salir se encuentra a Pepe y unos ojos amarillos aparecieron brillando a su izquierda. La sombra se movió con agresividad hacia el, antes de tocarle Pepe saltó para salvarlo. Alfonso salio corriendo con lágrimas en los ojos, arrepentido de sus actos egoistas. Desde eso vivo como una persona feliz y por eso, queridos nietos, un amigo vale más que una bolsa de monedas."

Fotos hai un lotaso que xa poñeremos na pantaia do insti
Hai quen escribe co cú con moi boa letra
A cuadradatura do círculo...
Postais como esta de Javi
 
Irene poñendo os audios das entrevistas por Jaca, moi bonito ese intercambio cultural nas rúas de Jaca, xente moi entrañable e acolledora, de Labordeta falóunos un ex-alumno...
Quique escoitando a Martiño o seu día en inglés, para logo contalo por el, aprender a escoitar...
algo que leva toda unha vida. Martiño tamén pasou o seu malestar de saúde, os compas de habitación souberon estar a altura das circunstancias, bieeeeen!
E un Brian a todo ritmo, moi moti, moi disposto, esforzándose todo, agora que se lle deixamos o micro para falar non da acabado nin chegando a Galicia...ja,ja coidadín como bailarín haberá nivel no ALABAILA

 Ese grupo avanzado yijaaa
 Con Marta unha moni moi afectuosa e retadora, podemos facelo!! creron nas súas posibilidades máis que nas limitacións e estivo fenomenal a progresión
E na cafetería cos lisis, houbo xogos, creación de relatos e debates moi interesantes:
 " O reguetón é un estilo de música onde as mulleres son tratadas como obxectos sexuais"
"As actividades extraescolares distraen do verdadeiramente importante"
E nesas andaban argallando... 
 Sara Pousa sorriso de satisfacción
 Lola, unha das que foi atacada polo virus, aquí voando por enriba dos atrancos
 Marina, a quen lle fixeste esta foto? Quen está debaixo desas ghafas panorámicas?
Bonitas e bonitos do norte
 Andrea tivo unha rozadura nun labio cun guante, cousa que non lle impedíu seguir falando... non esperábamos menos dela...ja,ja

 Ser home,  ser de Jaca no S.XI, ser poderoso, pola pose ben se ve "Que yo lo valgo"...
Jaca, primeira capital do reino de Aragón, foi da man de Sancho Ramírez no S.XI unha vila que soubo convertirse en referente do comercio, economía, política, arte, marcando tendencia. O soldo jaqués pervivíu como moeda de cambio ata o S.XIX

 Momentos compartidos de espera de clase
 Con cansanzo sen perder a alegría no corpo
 Con bos propósitos para facelo o mellor posible
 Aí estamos víndonos arriba!
 Dificultades de pistas e sensacións que van cambiando ao longo da semana


E para observar fotografías artísticas de calidade aquí podedes ver as de


Xoán Piñón detrás da cámara é quen de ver o invisible, coma este unicornio que so poden velo @s que conservan o asombro dos nen@s ou o principito...
X. Piñón fai medrar as hortalizas reconvertíndoas en árbores que tocan o ceo 
ou crea  universos paralelos imposibles, que non poden explicarse a través da razón
ou leva o noso maxín cara a fertilidade, sensualidade, incluso erotismo...
 cando está fotografiando berenxenas ja,ja 
 As montañas do Courel redondeadas, doces, hipercromáticas, preñadas de vida, retratadas por el son unha viaxe no tempo e no espazo. Transmiten o encantamento gozoso de paraíso terreal. Leva 12 anos ininterrumpidos indo os outonos a disparar e cazar estes momentasos lumínico-telúricos.
É unha gozada escoitalo porque aínda que foi médico, sente e fala como poeta, pero sobre todo como  músico pitagórico, totalmente flipado pola harmonía das formas en proporcións aúreas. Baséase na xeometría, volumes, simetrías e enerxías para explicarse-nos o  misterio da natureza e do universo. Sabe falarlle as nubes, árbores, fervenzas, pedras, néboas... para sacarlles para afora o mellor que levan dentro. E cunha precisión matemática equilibra entre tensión e distensión, entre luces e sombras, entre realismo e maxia.
 Ide ver a expo que ten agora no Quiosco Alfonso.
 Aquí podes curiosear máis de todas as coleccións que presenta e flipar, cousas veredes!!     http://www.xoanpinon.com/tienda/ 

Aínda que non hai como ir gozar das montañas cada quen cos seus propios pulmóns, ollos, pel , corazón e cabesiña. Se ti nos vas a montaña a montaña non vai ir a ti, por moita foto misteriosa e disruptiva e con Xoán Piñón contándote que sentía cando a fixo e como. Cando nos ensinou esta foto díxonos que podería parecer unha postal, e ten o seu aquel, ese cumio nevado iluminado pode recordarnos a outros de postal, pero este é noso. 
 Miradeo ben sobre todo aqueles que lle pedístedes aos reis magos entrar o 2020 no reino das neves. 
Ese Courel que retrata Xoán Piñeiro quere recordarnos como eran esas montañas sagradas fai 200 anos, antes da revolución industrial. Por que de onde credes que saíu a madeira coa que se fixeron as vías do ferrocarril en Galicia? Pois dos Ancares e do Courel.  Agora tamén hai que darlle de comer madeira ao monstruo cheirento da celulosa de Ence... os ríos levan pesticidas e química a esgalla, xa veñen "medicados" e o aire "plastificado"...

Os humanos transformamos moito a natureza. Agora mesmo en Galicia dous tercios dos bosques son eucaliptos... só un tercio é bosque autóctono. Somos urbanitas e vivindo nas cidades temos todas as comodidades, aínda que xa non vemos ceo co cual estamos moi agrandados. E cada vez estamos máis desconectados da natureza... Ese benestar, ocio, seguridade que da vivir nas cidades leva implícito contrapartidas que cada vez son máis fastidiosas e evidentes. Todo o que está no universo está formado da mesma materia, os seres vivos interactuamos e precisamos para vivir dos inertes naturais: auga, rochas, luz solar, atmósfera, minerais. As veces non respectamos os ecosistemas ou equilibrio entre seres vivos e medio ambiente, ou vida natural  primixenia. Os pobos temos que aprender ou reaprender a   preservar o noso patrimonio natural e cultural.



@s que temos reminiscencias nómadas góstanos viaxar e enriquecernos descubrindo outros mundos...   O próximo domingo 12 saímos para os Pirineos, outro tipo de montañas de roca sedimentaria, calcárea, máis noviñas, de maior altura, máis provocadoras no sentido de sinalar cos picachos e algunhas tocar o ceo... que é o que sentimos en conexión coa natureza e cos amig@s. Imos gozar da vida académica ao aire libre ou fora das aulas, ESO si ides traballar do lindo.

Aquí podes ver 4 tol@s pola neve, son do grupiño que o curso pasado fixeron con gran aproveitamento o curso anual intensivo de esquí ou snow. Volvemos a Jaca porque xa temos querencia polas súas  acolledoras xentes, coas que interactuamos indagando sobre as súas costumes, o seu paisaxe xeográfico e humano. En Jaca e pobos máis pequenos da Jacetania viven todo o ano das actividades deportivas relacionadas coa natureza e culturais.

Podedes ver o vídeo do curso pasado,  fotos gañadoras, e o noso maior power:
"There´s is NO I in TEAM" sensations...
Volverá vir con nós unha profe de inglés, asi que a desvergonzarnos nesa lingoa. Do not be afraid of not speaking in english well, do not be afraid of making mistakes. In english class teachers worry about your grammar. But now we are looking for something different, you just have to enjoy speakin englis without complexes. We all can do it "with tranquilidation" even Conchi...ja,ja
Hi guys, are you ready? Let´s go! 

10 BEGINNER SKILLS FOR THE FIRST DAY SKIING: Controll your ski gear, chairlifth&buttonlifts, walking uphill, how started p after a crash?, snow plow and the first turns... 



For the first day on snowboard, pay atention guys