Cando voltaremos A MAR?

Cando voltaremos A MAR?
TVG: O surf chegou a Zalaeta!

miércoles, 12 de octubre de 2016

ESCALANDO e aprendendo a voar...

Peregrinación ao santuario do Petón...

Escalando sentes medo pero tamén subidón superándoo, chegar ao ceo... tes que probalo!!

 Grazas aos AMIs Mariquiña, Félix, Elena e Chicho por transmitirnos en pequenos grupos as claves da ESCALADA DEPORTIVA e facernos felices nas alturas. E a Kanka e Rozalén por facer estas cancións "para nós..."
Es quen de superar medos? Que che fai feliz?

Foi moi bonito sentir comunicar a Félix a súa paixón polo fascinante mundo da montaña. Contóunos aventuras e desventuras que foron xurdindo na súa última gran expedición ao Himalaya na India, ao Thalay Shagar. Facendo reflexións deportivas e máis sobre a procura da consecución da felicidade e a realización persoal... A ter moi en conta nesta etapa vital da adolescencia.  Contestando as preguntas que lle facían os nen@s dende a humanidade e humildade  cun  profundo respecto a natureza dentro da cal os seres humanos formamos parte dela.
AMI:
http://amimontanismo.es/tag/felix-criado/

Non vos perdades o vídeo da Expedición Talay Shagar 2015:


Video Expedición K2 2013:
Recordemos a frase inspiradora de Félix para saír da zona de confort e ir explorar
outros mundos posibles...

Alguén que sabe estar a altura e nas alturas...

 Se queres algo ao sofá de casa non vai vir...
Busca en ti mesm@? De que queres encherte? Como queres medrar?
Que fas para ser feliz??


Queres abandonar a pasividade, medos aos cambios,  preguiza...
 Neste programa de Rtve2 TIPS podes ver a maneira de visualizar cales son as cousas que tes que cambiar na túa vida para sentirte máis satisfeit@ e destemid@!!
http://www.rtve.es/alacarta/videos/tips/tips-otimizate-10oct/3751760/#aHR0cDovL3d3dy5ydHZlLmVzL2FsYWNhcnRhL2ludGVybm8vY29udGVudHRhYmxlLnNodG1sP2N0eD0xMDE2MzAmbG9jYWxlPWVzJm9yZGVyQ3JpdGVyaWE9REVTQyZwYWdlU2l6ZT0xNSZzZWN0aW9uRmlsdGVyPTEwMjA1MCZtb2RlPVRFWFQmbW9kdWxlPU9USEVSJmFkdlNlYXJjaE9wZW49ZmFsc2U=
Roda  Valoración - Instrumento de Auto Avaliación -
 para facer CAMBIOS na vida!! ou DARTE VIDILLA!!