Cando voltaremos A MAR?

Cando voltaremos A MAR?
TVG: O surf chegou a Zalaeta!

domingo, 31 de enero de 2016

CONCÉNTRATE: Que é ó que queres conseguir?

Experimento que propón o experto en Mindfulness Fernando Tobías Moreno para tomar conciencia do noso escaso nivel de atención
Por que temos que aprender a enfocar a atención na era das distraccións? Tele, videoxogos, ordenador, mensaxes, múltiples comunicacións, móbiles e grupos de wasap, redes sociais...


Hai que ser capaces de estar atent@s para aproveitar as clases, ENFOCAR A ATENCIÓN, CONCENTRARSE!!
Pero a realidade é que moit@s nenos teñen TDAH e moitos moz@s caen na depresión, ansiedade... Hai unha enorme demanda de pastillas e remedios para dores de cabeza, barriga, malestares diversos asociados ao estrés no ámbito académico, social...
 Cales son os medos dos rapaces? Cales son os medos dos profesores? Cales son os medos das familias?


Por que temos que conectar corpo-mente-emocións?
Por que o traballo práctico e integrado por competencias? 
Por que aos procesos grupais baseados no respecto, a escoita, a valoración aos demais tendo en conta os límites, a responsabilidade, a toma de decisións...

 Por que non podemos deixar a creatividade fora das aulas?
  Que tal van eses bailes nos vosos grupos?
Sodes orixinais?
Segundo Tina Seelig -Universidade de Standford-
Mentras bailas salsa escoita (ja,ja) estes consellos na voz dunha coach profesional...
 
Esfórzate en pensar de xeitos diversos, adquire coñecementos, persiste e non abandones, faite cun contexto estimulante, inspirador, mobilízate e valora os teus recursos materiais e humanos, non teñas medo a non facer as cousas ben, inténtao e acepta os fracasos, só fracasa quen non o intenta...





Nos procesos de baile só fracasaron aqueles que non o intentaron...





lunes, 18 de enero de 2016

Franccesco e Aimor coñecéronse en Jaca...

Un ano máis ir esquiar convértese nunha declaración de principios da ensinanza en actitudes para a vida. O mundo vai e ven e vira... pero o sistema educativo permanece inamovible, ou ós cambios son só  para disimular e "parecer algo actual" cambiando de nome os contidos.  Pero aínda que non queramos velo "Eppur si muove"!!

"Se miente más de la cuenta
por falta de fantasía;
también la verdad se inventa"
(Antonio Machado)

A verdade sempre foi contada, relatada, fabulada. A verdade é algo construído...
a verdade sempre foi un conto... "A filosofía parece ocuparse só da verdade, pero quizás non diga máis que fantasías, e a literatura parece ocuparse só da fantasía, pero quizá diga a verdade." (Tabucci)


E porque as historias non son datos, se non relatos...
a nosa Sherezade  nos cativaba cada noite con fantasías ou verdades... 
Dándonos unha lección de humildade e humanidade, ríndose sobre todo dela mesma...

 Nese rexistro integral vital fora das aulas os nen@s comprenden as cousas,
 entenden as normas e os límites...

Por iso ir esquiar é tocar o ceo cos pés...

Que bonito é namorar ou deixarse idiotizar, como fixeron Franccesco e Aimor. Nós tamén conectamos ou namoramos da grandeza e beleza da natureza cuberta dun manto branco, da complicidade dos amig@s, da sensación de poder ou subidón entregad@s a paixón de deslizarse sobre esquís ou snowboard.

Como canta Sés dun xeito "inhumano"; subidón e poderío de forsa desatada 
"Eu quero bailar ao rítmo do que vive ilusionado..." 
Ahí vai o vídeo para compartir esas vivencias 
do mar a montaña na procura dun aquel sanador...


"E quero bailar ao ritmo 
Do que vive ilusionado 
E cabo do silenciado 
Cantar quero con paixón 
Coa querenza e coa emoción 
Da que non pretende nada 
Máis que seguir namorada 
Mentres quede corazón"

Temos que sacarnos o velo, desvelar ou deixar pasar a luz, a vida, a fantasía, a curiosidade, a verdadeira esencia de ensinar "a demanda"... Sigamos viaxando e iluionándonos!!