Cando voltaremos A MAR?

Cando voltaremos A MAR?
TVG: O surf chegou a Zalaeta!

viernes, 21 de marzo de 2014

GRAZAS NICK!!


"Que bonito es el amor en primavera"
Que tal se che da a micropoesía?...
Que bonito es el querer...
Agora son moitos os moz@s que escriben as míticas e clandestinas "cartas de amor",  nunha linguaxe de signos similar ao que empregan co whatsapp,  sen ningún tipo de pudor, nun rexistro grosero de moi mal gusto, dando renda solta aos baixos instintos, mensaxes carentes de delicadeza e sentido moi distorsionado do amor.
Algúns falan de que os adolescentes son egocéntricos, narcisistas, vagos, inmaduros, sucios, e mal falados, para entendernos, do peor. E que por suposto a culpa é deles!
Outros pensamos que algo de responsabilidade teremos os adultos no mundo que fixemos para eles...
A pesar de ser a xeración con máis educación da historia, moitos adolescentes,  están insatisfeitos, inseguros, pasivos ou agresivos, e ven como escape ideal, o alcohol, tabaco, drogas, a sexualidade banalizada para fuxir da triste realidade...

Hai moitos adolescentes que cren que non son bos, que din que non serven para nada...? Que tipo de educación están recibindo? Que facemos pola educación afectiva?

Este conmovedor curto: "EL CIRCO DE LAS MARIPOSAS" pode facervos pensar, por se alguén aínda se cre un gusano...

Deberíamos facer todo o posible para educar en saúde e intelixencia  emocional, para maior satisfacción persoal, para conectar a cabeza, corpo e emocións nun estado de EQUILIBRIO.
 "Primeiro son os estudos"? Primeiro é a saúde e ir medrando no persoal e social, na integridade de todos os saberes ou INTELIXENCIAS MÚLTIPLES!!
Un adolescente co autoconcepto  polo chan , sen motivación para os estudos , sedentario de pantalla, que cre que non serve para nada, porque non sabe facer nada... Como pode aprender a valorar os estudos? Terá que quererse, sociabilizarse, gozar de actividades chulas nun tempo de ocio enriquecedor, valorar a vida e aprezar as oportunidades que  ten. E despois será un bo estudante. Temos que educar dun xeito integral, para que sexan quen de crer neles, de quererse, de ter empatía, para sentirse satisfeit@s e loitar con esforzo polos seus soños, ou polo significado que lles van dar as súas vidas.

Mira este extraordinario ser humano, luego mírate a ti mismo y AGRADECE!! Esfuérzate, lucha, SUPÉRATE!!
GRAZAS NICK!!

Con "COME, BAILA, GOZA"  contribuimos a  unha boa percepción de vos mesmos,   gozastes bailando"" Aí vai  a UDI corrixida e completa, coas vosas valoracións. Por suposto o ano que ven como pedides, haberá máis baile e concurso "ALABAILA"... 
COMBAS A.2_Recurso_2.1._Modelo_UDI ZALAETA
What´s your passion? What´s your talent? 
What makes a great idea?



domingo, 16 de marzo de 2014

RUGBY feminino, nivelazo!!

Ainda que somos Zalaeta, e un equipo leva o noso nome por ser fillo deste intituto. Iste é o momentazo do CRAT!! acaba de gañarlle por 24-7 ao INEF de Barcelona.  Fai 2 anos case consiguéno, pero seguiron traballando duro e facendo equipo, sólido e potente. E nesta tempada, indo de primeiras, tiñan unhas enormes gañas de rachar coa hexemonía histórica do INEF.  E chegou o trascendente día,  foron a por todas, e como non pode ser doutro xeito porque é rugby, xogaron contundentemente pero con espíritu deportivo, e conseguírono. Houbo entrega e recoñecemento dos apróx. 300 espectadores que vibramos e aplaudimos xogadas de equipo impresionantes. Este ano haberá play off, haberá sen duda rugby de altura.
Por se nunca viches un partido de rugby, mirade aquí a: Chupe, Elsa, Fanny, Maijo, e recordarvos dos fundamentos técnico-táctico, valores ou principios, e paixón que  transmitíronvos co rugby esta semana nas clases de EF. PARABÉNS CAMPIONAS!!
 (Unha vella osa admirando a estas bellas e novas xeracións de mulleres rumberas e rugberas... PARABENS as osas do RUGBY INEF BARCELONA o mérito que tedes é enorme!! SODES TODO UN EXEMPLO A SEGUIR...)
PUNTUACIÓN: Ensaio (5ptos.), Transformación despois de ensaio (2ptos.), Drop (3ptos)
PALABRAS CLAVE:
OFFSIDE- Fora de xogo, por estar adiantado con respecto ao balón
AVANT- Pase adiantado non válido
TACKLE- Placaxe, nós en EF simulado percutiendo contra os escudos, ou coas cintas de rugby tag.
RUCK- agrupamento que xorde cando tiran ao chan ao portador do balón, e iste recibe axuda do seu equipo, que limpa e saca o balón cara o seu campo.
SCRUM- ou melé, é a formación máis emblemática do rugby, cando a dianteira disposta en 3 liñas intentan obter o balón e empurrando gañar avance.
TOUCH ou line out, é o saque de banda.
TRIES ou ensaios
KICK patada para gañar terreo
DROP, patada aos palos, nunha situación de xogo ou patada de bote pronto.

 Con nós ademais das chicas estiveron os Javis ou javivis, Conan e Pablo para respostar a pregunta:
É POSIBLE O RUGBY EN EF? Posible e MOI RECOMENDABLE, mírao:
http://molameorugby.blogspot.com.es/p/actividades-feitas.html
  Que podemos esperar dun deporte onde o balón e vacilón ou ovalado?, e hai un só balón para 30 xogadores?. Onde hai que avanzar con decisión cara diante, pero pasando para atrás?. Onde non está permitido falar coa autoridade ou árbitro e hai un tercer tempo?...ISTO É RUGBY, PRÓBAO!

GRAZAS CHIC@S POLA VOSA ENTREGA NA CAUSA: "Un home non é máis home porque xogue a rugby, nin unha muller é menos muller porque xogue a rugby."
E @S QUE PROBASTES E QUEREDES MÁIS:
- Sábado 10 de Maio INTERCENTROS no campo de Acea de Ama
- Chicas os 3 primeiros Martes de Maio adestramentos en diferentes espazos
ADESTRAMENTOS NA TORRE E ELVIÑA:
- Chic@s ata 16 anos, na Torre: Mércores e Venres as 19:00
-17-18 anos, chicos na Torre: Mércores e Venres as 20:00 e chicas en Elviña as 19:30 





jueves, 6 de marzo de 2014

Podemos CONFIAR?

Podemos entrenar o corpo, a mente e as emocións dun xeito integral, para gañar confianza?
Por que é tan desalentador perder a confianza? Por que é tan importante poder confiar?
Recordades xogos colaborativos para sentar as bases de relación e construir grupo?, ou "Team building", a principio de curso, cando facemos a peonza por exemplo. En todas as clases hai xente con moita reticencia para confiar nos demais? Podemos mellorar esta situación? Como podemos axudar a gañar confianza nun mesmo e nos demais? Confiamos en nós mesmos para facer ben as cousas?
confianza.
(De confiar).
1. f. Esperanza firme que se tiene de alguien o algo.
2. f. Seguridad que alguien tiene en sí mismo.
3. f. Presunción y vana opinión de sí mismo.
4. f. Ánimo, aliento, vigor para obrar.
5. f. familiaridad (‖ en el trato).
6. f. Familiaridad o libertad excesiva. U. m. en pl.

É o momento ideal, por primeira vez hai un consenso enorme en todo occidente, o modelo educativo ten que asumir a 
EDUCACIÓN POR COMPETENCIAS!! Confiemos e traballemos xunt@s. Cales son as intelixencias que tes mellores desenvolvidas?
Os teus puntos fortes ou débiles: