Cando voltaremos A MAR?

Cando voltaremos A MAR?
TVG: O surf chegou a Zalaeta!

domingo, 25 de septiembre de 2016

conMÓVETE!!

Non mola nada sentirse peixe...

Que é para ti o paraiso??

Esta tribu vive a marxe da sociedade, non van nin ao cole, nin ao insti,
son entrenados e educados dun xeito espartano...

PROXECTO DE INTERVENCIÓN EDUCATIVA A TRAVÉS DO CINE
UDI: “Captain FANTASTIC”, conMÓVETE!!”
Que pode aportarche a visión desta película?
 ANÁLISE: Educar admirando e intentando comprender CINE DIVERSO, nesta peli  POTENTE DISCURSO ANTISISTEMA!!                                               USA é consumismo desaforado produto dun capitalismo competitivo salvaxe, poderío armamentístico e apabullante dos ricos... cultura da comida basura e centros comerciais con cine de bos e malos para espallar o seu way of life, TV, vídeo xogos...Pero tamén é un país onde xurdiron a maioría dos experimentos sociais alternativos, movementos contraculturais e de toda índole... e pelis deli deliciosas como esta (non imos dicir interesante...ja,ja)
    Noam Chonsky marcou a este pai nese sentimento romántico  naturalista de pertenza a unha tribo ao marxe dos cánones  establecidos do capitalismo. Pon en tela de xuizo os dogmas do  cristianismo, e celebra un nadal alternativo... Entrena duramente aos  seus fill@s dun xeito espartano e edúcaos  noutros estándares ou  parámetros, para formar adultos reflexivos con xuízo crítico,  que non  pensen ou fagan por imitación e inercia ó que fan os demais.
           VIVIR COMO OS INDI@S NUN BOSQUE... É O PARAISO??            Ou é mellor ter unha familia estruturada, estupenda e convencional e gozar de estabilidade nun entorno acomodado, nun mundo  tecnolóxico- robótico e global e estudar  en Standford...??                                                                                            


- Gozan de saúde e condición física  co “paleotraining”? Que pensan cando ven tantos casos de obesidade? Que diferencia hai entrenar para “olímpico” ou na tribu?
 - O corpo “de élite” con ioga, a educación musical e filosófica compoñen unha educación integral (corpo-mente-emocións) de calidade? Ou botas en falla algo?                                                                                       

- Por que senten tanta fascinación polo seu pai? Se ó que fai podería considerarse maltrato infantil e sacarlle a custodia por irresponsable?                                                                                      
- Por que se rebela algún fill@? Que é sentir culpabilidade? E culpar a alguén?
- A familia estruturada e normal da súa tía pon boa intención, peeero… quenes están máis incómodos? 
 - Cres que os avós debían quedar cos fill@s porque con esa forma de vivir alternativa “Nunca estarán preparados para o mundo real”??                                                                                
 - Que opinas das endorfinas na fase de imbecilidade transitoria do enamoramento?                      
 - Algunha vez nunha fervenza ou fluir de auga de río… te limpaches todo o lixo emocional para pensar dun xeito máis positivo e actuar da mellor maneira posible?
- Escalando para superar a dor e o medo que palabras “máxicas” lle dan forza?
- Como era a personalidade da nai dos indiecit@s?? Nin o amor , a natureza, nin a mediciña pudo axudala a seguir vivindo… Por que?   
– Que dis da celebración de Chonsky cunha exhaltación do mito de Robin Hood?
– Hai que deixarlles correr riscos aos fill@s ou é mellor darlles seguridade sempre? Hai  que dicirlles as cousas edulcoradas ou hai que falarlles como se fosen adultos? Como viches a clase de educación sexual?   

- Que che parecen os consellos que lle da o pai antes de que marche o fillo a vivir a súa vida, ou á que el elixíu? 
 – Cres que serían capaces de sobrevivir como xente normal, ir ao cole… E ti,
       
PODERÍAS SOBREVIVIR UN ANO ENTIERO NUN BOSQUE?

Se souberas que só che queda un fin de semana de vida, que farías? A onde irías? Desta forma de pensar chegarás a túa esencia, ó que de verdade consideras realmente importante na túa vida, ou ó que realmente che fai sentir

 BRUTALMENTE FELIZ!!


Dende os comezos dos tempos os homes que corrían sobrevivían... 

                                            Logo foi por outros motivos... CALES?

Peero tiveron que mudar os tempos ata que a ciencia, a sociedade deixou atrás os prexuizos e aceptóuse que correr tamén era  saudable para as mulleres...
 é que era un dereito da muller correr se quería!!


Emma Watson: "La carrera sigue en pie, todos los días, de todos los años de nuestras vidas, pero vamos a cruzar la línea de llegada. Nadie nos puede parar".

De feito hoxe están tan superados eses prexuizos ??? 
 A ningún home que corre pouco o mal lle chaman nenaza...???.
 Sabemos que tod@s  estamos capacitados para correr ben...


vídeo género: HUMANISTA!! de Emma Watson para dar que pensar

A principio de curso tod@s corremos para autoavaliarnos e coñecer cales son as nosas posibilidades, limitación e motivacións... 
És capaz de correr unha milla?
Que é unha milla para os romanos?
Por que unha milla?
 Por onde imos correr?
 En vez de correr vale patinar?
E andar en bici? E bailar?... 
E xogar ao fútbol?... Todo no seu momento...

Aínda que o teu non sexa correr ao "Forrest Gum"... pregúntate se
estás satisfeit@ coa túa vida?

-  És unha persoa fisicamente activa por gusto
- Descansas ben?
- Como comes e como te alimentas?
- Sabes estar sentad@ tropecentas horas ao día?
- És quen de ter o depósitos de ATPs cheos? (muscular e espiritual)
A-   Atent@?
 T-   Tranquil@?
  Ps- Programar    
                   Practicar
                          con  Paciencia e
                                         Pensamento +

- És máis ou menos feliz que un indio...?


jueves, 1 de septiembre de 2016

Benvid@s a VIDA escolar neste novo curso 2016-17

Estimad@s alumn@s, familias, titores, compañeir@s, a educación sen EDUCACIÓN FÍSICA
 non ten sentido ningún!!!!! 

POR QUE DARLLE VALOR A EDUCACIÓN FÍSICA?
Porque implica movemento, accións, toma de decisións, habilidades sociais e traballo en equipo, xestión emocional ou motivarse e superar a frustración, na búsqueda da superación!!
O poder de educar na cultura do AÍNDA NON!!
O PODER DE CRER EN TI, 
DE CRER QUE TI PODES SER MELLOR!! 
  Non podes influir no comportamento do mar, non podes deter ou cambiar as ondas…Pero si podes  APRENDER A SURFEAR NAS ONDAS E NA VIDA… 
Ánimo, valor e MEDO!!

ELOXIANDO NON SÓ INTELIXENCIA, 
 TALENTO OU  RESULTADOS,

 O MÁIS IMPORTANTE é o PROGRESO e o PROCESO!! 


Escoitar a Carol Dweck neste TED da moitas ganas de facelo ben, porque siiiii podemos ser máis intelixentes se queremos selo e loitamos por superarnos!!
Con   MENTALIDADE DE DESENVOLVEMENTO PERSOAL, ou sen temor ao fracaso, sen necesidade de facer trampas, buscar outr@s peores que min para sentirme ben eu, ou fuxir das dificultades por medo ao error e ao que pensarán e dirán de min, hostilidades...


 Podemos redefinir o esforzo e a dificultade para axudar aos nen@s a medrar fortes, resistentes, competentes, e seguros confiando nas súas enormes posibilidades!!

Alumn@s, familias, profesores, titores, orientadora, xefa de estudos, e dirección!! Aínda non o fixemos suficientemente ben!! Aínda temos moit@s rapaces aos que non lles cambiamos a vida a mellor, que teñen sensación de fracaso...



En EDUCACIÓN FÍSICA baseamos as nosas prácticas reflexivas nos seguintes principios:
1- Educación integral para a saúde e o benestar social
2- Esforzo e superación persoal no ámbito físico-intelectual e afectivo social
3- Confianza nun mesmo e nos demais
4- Cooperación e satisfacción persoal

MÓVETE!!


Plans e accións para o fomento da actividade física e contra o sedentarismo en galicia:





Valeee, preparad@ para buscar información e facer argumentacións e refutar estas afirmacións:

- "A EF é totalmente prescindible, déixate de correr, saltar e bailar, e ponte estudar matemáticas e lingoa que é o que de verdade importa"

- "Mentras teña intelixencia ó corpo a min non me preocupa o máis mínimo"

- "Molesto en clase, pero saco boas notas , a min que me importa que os meus compañeir@s non aprendan, ese é o seu problema"

- "De sherpa no Himalaia quero un bo guía, estou a xogarme a vida. Pero dun profesor podo non fiarme, total para ó que me ensina"

- "Corres como unha nena... e todos os sabemos como corren de ridículas as nenas"

- "Nos xogos olímpicos de Río 2016 enriquecéuse o país e os atletas que participaron"

Vai procurándote información para ir facendo un guión, porque terás que facer unha exposición oral de 3´en clase aos teus compañeir@s!!  

Xa sabes que actividade deportiva vas facer este curso, aquí no insti tes estas opcións: