Cando voltaremos A MAR?

Cando voltaremos A MAR?
TVG: O surf chegou a Zalaeta!

viernes, 15 de mayo de 2020

INÉDITA SINGLADURA 2019/2020


EDUCACIÓN E CORONA VIRUS...  SE O VIRUS É MOI CONTAXIOSO O ESPÍRITO ZALAÉTICO AÍNDA MÁIS!!!!!

         Viaxamos con ventos fortes,  incertos, cunha correntada por mar de fondo, capeando feitos moi complexos, sen precedentes, que requiren solucións se non completas, medias solucións... somos tripulación destemida portando ventos , corrixindo rumbos, procurando chegar a bo porto.  Navegamos con adolescentes intensos, dispersos e chiflaos a medio construir, algo moi fresco e de moito salseiro.

Fran e eu  aprendimos a complementarnos e navegar con bo tempo, entre néboas ou con refachos desestabilizadores, enredándonos nun sinfín de zafarranchos cheos de vida.  Unha educación que ignore o corpo, sen creatividade, sen conexión coa natureza e a súa contorna, ou que non sexa integral e integradora,  a nós non nos representa. Ensinar-aprender CUERPEANDO e INDAGANDO é algo apaixoante, é transformador. Cuerpear é conectar,  liberar o corpo das ataduras, deixalo fluír en liberdade. Indagar é ensinar a facernos preguntas sen impoñer respostas.  O corpo nin se pode ignorar nin maltratar. Non hai un prototipo único de corpo normal. 

Procuremos templos do saber, abertos, permeables, onde non matemos a creatividade. Zalaeta é un insti onde escoitamos aos adolescentes acompañándoos dende os afectos. Rir, axudar,  ler, argumentar, xogar,  teatralizar, viaxar é o noso compromiso  coa saúde e benestar. Todos temos algo bo ou exemplar e algo mellorable, faltaría máis, sexamos humanos e non perfectos, infalibles  ou creídos  é moi aburrido e prexudicial para a saúde. 

        Coa pandemia con máis motivo tod@s somos aprendices. Como sociedade temos que repensar mellor e sen urxencia, aínda que agora todo é apremiante... Pero redefinamos que é éxito, fracaso, proceso, resultado, avaliación, exame, intelixencia artificial, ética social e reprantexémonos como educar?, onde? cando? e para que? porque o mundo xa non é o mesmo... 

Aprendemos formándonos, tamén dos compañeir@s, pero sobre todo interactuando co alumnado. 

EDUCAR é manter unha relación humana cargada de emotividade e paixón. Implica coñecementos, e tamén coñecerse, aceptarse e esforzarse cada día por ser útil na vida a alguén.  Implica responsabilidade para saber guiar no cumprimento das normas de benestar social nas que se basean as relación humanas. Implica liberarse de prexuizos e medos e vir  pasalo ben. Educar é acompañar, ser cómplices, ilusionarse, rir, enfadarse, alegrarse, entristecerse, volver a rir e ilusionarse. 

Educar é crer no relevo xeneracional, en quenes seguirán construíndo o mundo, derrubando muros, rachando cousas que xa non lles serven e conservando as válidas. Interactuando interxeracionalmente enriquecémonos todos e facémonos máis grandes. Educar e crer nos nen@s e colaborar entre nós e cos pais, con educadores doutros instis ou entidades do barrio, programas colaborativos na cidade,  intercambios…. e o equipo directivo coa administración, gobernantes… fai falla a tribu ao completo!

 Por favor, non permitades que aquí en Zalaeta nada nin ninguén vos diga que non sodes capaces de facer algo. Facédeo, pelexade por seguir devolvéndolle ao instituto, un barrio e un mundo mellor, asumamos a nosa responsabilidade zalaética. Será cousa dunha boa confluencia de mocidade e veteranía, a condición de barrio obreiro, os airiños dun mar bravío, o voltar a casa nas noites bohemias ben ghiadiños polos refachos da Torre, polo noso tradicional poderío no voleibol ou porque somos de armas tomar, ou peixes de moito coidado, non sei,  pero creo que neste instituto hai máis vidilla  que noutros, que achantan máis ou van de  "estiraos".

Síntome enormemente agradecida, privilexiada e recoñecida nesta tribu zalaética. Se teño algo de mérito é pola  ilusión e enerxía que me move e aínda me conmove, Non son unha impostora, non me corrompín, non son unha muller cansada, nin aburrida, nin ríxida, nin desesperada, nin amargada ou que non desexa. 

Desexo un ensino mellor para tod@s e fun moi feliz loitándoo con dous… recreos!! Ja,ja

  Terei que aprender a renacer cada setembro gozando de novas mañas mariñeiras, agora achicando máis e xa noutra deriva da vida.

 Avante Zalaeta!!! Ánimo compañeir@s sodes coñonudos e caralludos!!  Arre coño, carajo, puñetas, Zalaeta, Zalaeta!!


 RTVE "La sexta" A Directora do IES Ramón Menéndez Pidal -A Coruña- Estrella coa sensibilidade, intelixencia e exercicio da responsabilidade que a caracterizan, amosa o seu lado máis compunxido polas carencias de posibles, cando dun xeito improvisado, contradictorio están a pedirlle garantir o imposible... A ver cando comezan as reparacións desa avería do "ascensor social" ...
O noso insti na tele enamoraría máis a cámara con vos dentro... https://www.lasexta.com/programas/sexta-columna/noticias/la-brecha-de-clases-educativa-durante-la-crisis-del-coronavirus-la-escuela-es-un-nivelador-social-muy-fuerte_202006195eed1b7b6104570001f61ed5.html

Grazas Estreliña da claridade, sempre pendente do benestar da súa tripulación.
Somos navío ben gobernado nesta tormenta perfecta, chegando a bo porto sen despedidas...
APERTAS OCEÁNICO-ZALAÉTICAS!
   

Xa é moito desfase... nesta fase xa teríamos que xuntarnos!
Polo menos para disimular e que pareza que a educación importa, que non é o último pensar nos esit@s, que é un asunto ou mal menor despreciable...


CUESTIONARIO CURSO 2019/20:
AUTOAVALIACIÓN FINAL (Entra como convidad@)
Grazas Ana (2ºC) por amosarnos o teu benestar outdoor en conexión terra-mar-ceo 
A seguir poñendo en valor nas nosas vidas os HÁBITOS SAUDABLES:
Esto si que é desescalar facendo cabrismo pola beira mar
 perdedeiros ou corredoiras con moito encantamento
Grazas Laura (1ºA) por compartir estes anaquiños de natureza en vena
 EDUCACIÓN:  que cousas poderían facerse doutra maneira?
QUE HAI QUE CAMBIAR E MELLORAR DE AQUÍ A SETEMBRO?
En que se poderían invertir ben os cartos para unha mellor educación a curto, medio e longo prazo?
Que cousas aprendemos e cales son significativas e transformadoras?
 Como as aprendemos?
“Si me lo dices, lo olvido; si me lo enseñas, recuerdo,
 si me involucras, aprendo”. Benjamín Franklin

Profetizouno Antoine de Saint-Exupéry, o único luxo as relacións humanas en conexión coa natureza. Botámos en falla esa vidilla e tolada zalaética insti!
E despois que?
Aprenderemos!  e medo o xusto...
"Epidemiólogos e pedagogos propoñen un protocolo que busca unha educación máis amable empregando parques, rúas peonís ou patios para impartir clase de maneira segura":
Nós xa levamos moito feito, en Zalaeta saímos a natureza de forma habitual!. Unha maneira saudable e posible de aprender-ensinar, ao aire libre, descubrindo, experimentando. A administración está pensando que cada centro debe organizarse da mellor maneira posible en Setembro. E por que non agora? É posible cumprir con distanciamentos e desdobres de grupos co mesmo número de profesorado?

Que medos nos veñen a cabeza e poden debilitarnos ou facernos máis vulnerables?

Medo "sanitario" a contraer/contaxiar o maldito virus, máis medos económicos, ecolóxicos.... Máis os outros, a perder o control das emocións. A equivocarnos. A ser un mesm@ e non gustar. A crítica e a desaprobación. A estar só e ao rexeitamento. Ao fracaso, as falsas expectativas. Os humanos temos a habilidade de facer que persistan as emocións negativas. Para ser máis libres e ter menos medos
PRECISAMOS MÁIS E MELLOR EDUCACIÓN!
Nun entorno rico e diverso aprenderemos a sociabilizar, a entender as emocións, aprenderemos a crer en nós e nos compañeir@s, a darnos valor, a respectar a diversidade, a darlle valor ao benestar social, ética e xustiza social...
Nunha comunidade educativa onde cada quen cumpra as súas responsabilidades, se cultiven a curiosidade e os saberes a través da experimentación, os procesos creativos e a posta en práctica para a vida do aprendido, onde nos tratemos con sensibilidade, intelixencia e afecto, paciencia, confianza, onde nos sintamos tranquil@s e content@s...

Xuño!  aínda non abrazaches árbores e estrelas ou puxestes un pé na area?
"Te voy meter un fotón que lo flipas!" ja,ja  Hai que ir a praia a por fotones nen@s! nas nosas pupilas, na nosa pel, GOZA NA NATUREZA!! 
  Grazas Lola (1º A), por compartir este fotón neste fotoxénico saque de verde-volei!
Buuuua neno que exceso nacoru ir recuperar a liberdade provisional e saír de casa, poder ir ao renacemento do verde primaveral e
 ir a praia!!  e tamén ao río!
algo tan normal como un chute en vena de luz e fotones para calquera chorvit@
 agora algo tan extraordinario... 
Grazas Dani (2ºB) PARABENS! vai troita!! Primeiro día de río ao grande, despois de tantas cousas reducidas este ano. O río devolvendoche tanta vida! A túa paixón en conexión coa natureza, enorme, bravo por ti!!!! Supervivencia, tradición, agora tamén deporte.
 "O mellor da pesca deportiva é devolver a peza ao río,
 e gozar de axudar a que
a natureza sega o seu curso"
Observación, procura dun lugar onde intúes que pode ser propico para a captura, espera paciente e compracente, escoita activa do río e os seus movementos, mente relaxada en harmonía coas emocións e corpo fluíndo, acompasado co andar de río. 
Percepción na caña dunha tensión, mantemos firme o sedal pero sen brusquedades, achegamento a peza que está ameazada e batíndose en retirada, loita, non quere entregarse. 
Despois de conseguila e gozado da satisfacción de ser quen de pescar coa técnica precisa aprendida, acompañala ao seu medio acuático, animala e dende o respecto a alguén que te ensina cousas da vida, alegrarse de vela viviña e coleando, atopando de volta ao río a súa liberdade. Alguén dixo que se houbera que inventar unha relixión sería a auga. 
A auga pode ser fonte de goce e plenitude, inspiración e escola para a vida.
E a botar a lingoa para afora, e de hoxe nun ano seguiremos pedindo...
 que bonitiño escoitarvos!
MIL PRIMAVERAS MÁIS!!

Grazas a Sofía Souto e Xabier Díaz por este agasallo dende a Costa da morte. En Carnota, na boca do río, aos pés do Pindo, o noso santuario celta, nena DEUSA!!  que bonitiña a nosa paisaxe!! acoru tamén é unha illa de sal, sal de casa e vai ao  MAR!! e botar puntos de namorar ao aire libre, gozar da luz natural e da sal da vida!
A todo noso macanudo alumnado e as súas familias: Muito obrigado!!
tamén a nosa Estreliña mariñeira da claridade, a nosa Directora ou capitana nesta singladura contra vento e marea, porque ela tamén quere bailar... agora sabemos todo o fortes que podemos ser xunt@s, reforzado este sentimento tribal zalaético, muito obrigado!!

Fai uns días sentindo a necesidade de entender que a tecnoloxía está para axudarnos a levar o mellor posible este modo pandémico vírico de relacionarnos, precisando da natureza, das nosas praias para recuperar a liberdade nesta primavera aínda por vivir, que non poden robarnos as tecnoloxías. 
Profesorado e alumnado acompañándonos nesta tolada de incertezas
nun mundo dado volta por un virus.
Estamos practicando hábitos saudables 
agora que podemos ir a natureza?

Grazas Alma e irmá, Diego, Clara e Irene

Tecnoloxía para mellorar a vida 
ou endulzala nestes momentos de "confitamiento". Non se trata de censurar nin prohibir se tes un comportamento saudable dende o autocontrol. Pero, se prefires quedar na casa en vez de ir a praia a facer AF e deporte, se estás de mal humor cando non te conectas, se é a forma onde és feliz, o tempo te pasa voando, se engañas co tempo que pasa, se descoidas tempo que terías que adicarlle as túas ocupacións escolares ou domésticas... se intentaches adicarlle menos tempo pero non estás a conseguilo, entonces tes un problema de adición. E se algunha vez diseches o fixeches algo quen non dirías ou farías en persoa con alguén... coidado internet está a devorar a túa vida, escravizarte ou face que perdas a túa liberdade... 
Teñamos coidado para non reproducir coa tecnoloxía esta imaxe de Saturno devorando ao seu fillo, como simboliza Puebla inspirándose neste mito actual noso,
 o móbil é para ti símbolo de  poder e gloria... ??

QUE USO ESTAMOS A DARLLE AO MÓBIL? 
e demais dispositivos electrónicos?