Cando voltaremos A MAR?

Cando voltaremos A MAR?
TVG: O surf chegou a Zalaeta!

viernes, 10 de noviembre de 2017

"Batalla de sexos"... practicando deporte XUNT@S!!

En EF vivenciamos  procesos creativos satisfactorios con nen@s
de altas, medias ou baixas capacidades, con normopeso, baixo peso, sobrepeso ou obesidade, con boas ou malas habilidades sociales, tdah…  Queremos espazos libres de violencia machista e todo tipo de violencias, segregación, discriminacións...


 Con alumnado respectuoso, empático, tranquilo e contento, que saiban traballar en equipo, motivad@s,  libres de todo tipo de violencias e mala educación!!

- OBSERVAMOS DIFERENTE IMPLICACIÓN NAS CLASES DE EF SEGUNDO SEXO
En xeral, as preferencias dos nenos son cara a deportes competitivos colectivos, preferentemente o fútbol ou baloncesto. Ou competir para ver quen salta máis rápido, máis forte, maís alto... As nenas amosan unha actitude máis positiva cara actividades físicas individuais como o ioga e colectivas estéticas, como o baile.  Se non tiveramos isto en conta  nas clases de EF, estaríamos dando motivos para o rexeitamento do deporte. Temos que reducir, retrasar, e intentar evitar o abandono da práctica deportiva nas nenas, nos nenos prodúcese máis tarde.

IGUALDADE DE OPORTUNIDADES; NON DISCRIMINACIÓN DO SEXO FEMININO

Os nenos facendo deporte están máis seguros das súas posibilidades, cómodos establecendo contacto, asumindo rol competitivo agresivo e exercendo liderazgo. Gústalles amosar que teñen resistencia, potencia... Moitas nenas rexeitan esforzos de certa intensidade. A sociedade establece estereotipos físico-sociales e actitudes sexistas, interiorizamos formas de sentir e pensar segundo o sexo. Os nenos imitan a determinados deportistas, admíranos e queren ser como eles, o deporte está asociado a unha imaxe masculina implícita... Moitas nenas sitúanse en inferioridade para afrontar as aprendizaxes motrices, pensan que están máis limitadas para aprender. A menstruación asociada a tradicional inhibición deportiva da muller, xunto co medo a masculinización polo imperativo do imposible canon de beleza feminina e hipersexualización temprana nun entorno consumista brutal, son a excusa perfecta para preferir “sentirse femininas” e pasivas, e estar máis pendente do pelo que de gozar do movemento.


En el deporte "LOS MEJORES SON LOS HOMBRES" 
 Cuestións biolóxicas...? Hai  sexo fuerte e sexo débil...? Hai quen pensaba así e non só no mundo do deporte... Unha eurodiputada fai pouco tivo que contestar a un "macho alfa":

"ES INADMISIBLE. NO SOMOS DÉBILES NI ESTÚPIDAS, SOMOS SERES HUMANOS EN PIE DE IGUALDAD"
Este mítico cartel segue a inspirar a humanidade... sabes cal é a súa procedencia:
https://smoda.elpais.com/moda/rosie-la-remachadora-la-verdadera-historia-que-esconde-el-icono-del-feminismo/



 "La batalla de los sexos" ten MOITO QUE VER...
Mentras había quen non apostaba polas mulleres no mundo exclusivo dos deportes de homes... Lyn Hill estaba a demostrar que pasaba de xuizos, neste mundo vertical ela estaría arriba...

Foi unha chulada coñecer a esta terrestre extra... nesta xira que está facendo por España con Finuco
e tamén emocionarnos ata moquear cos atrancos dalgúns dos 14 x 8.000 que vivíu a alpinista Edurne Pasaban, para facernos unha idea alí o ceo xa está por debaixo... Esta muller, por se fora pouco ser vasca, está agradecida a quen a axudou a ser e estar tan arriba...



- O DEPORTE NON SEMPRE É MODELO DE VALORES OU PROMOCIÓN DE SAÚDE 
O deporte espectáculo as veces non é un bo espello onde mirarse... A pesar da evidencia sobre os efectos positivos do deporte en xeral, o deporte mercantilizado pode provocar tamén efectos negativos e prexudiciais. Moitos ídolos do deporte non son o mellor exemplo de referencia persoal para os nen@s. O deporte escolar ten que desvincularse dun mal uso ou abuso da competición, na escola non poden reproducirse eses “modelos”:  vanidade persoal e soberbia, trampas para a victoria como sexa, odio entre rivais, intolerancia e desconsideración polos demais, frustración ante a derrota, agresividade, violencia,  insultos e linguaxe soez, cuspir… Estamos fartos de ver dentro e fora dos estadios conductas viscerais de ultras mal educad@s, onde a agresión e as conductas destructivas están socialmente aceptadas e incumplir as normas é de heroes… 


-  AS CLASES DE EF NON SERÍAN TAL SE SÓ PRIMÁSEMOS O RESULTADO, OU PUXÉSEMOS O ENFOQUE EN QUE DESTAQUEN SÓ OS MELLORES. 
O deporte é bo cando practicamos valores para a vida: conviencia, comunicación, cooperación, respecto por un mesmo, polos demais, polas normas… autoconfianza, afán de superación, traballo en equipo e resolución de problemas, liderazgo, honestidad, disciplina, responsabilidade, satisfacción, afrontamento da frustración cando hai que facelo mellor…Tod@s debemos ser competivos, se por iso entendemos asumir iniciativa, poñerlle entusiasmo, loita apaixoada, esforzo na superación, afrontamento da frustración e agradecemento aos que nos fan mellores... 

Agradece a quen traballou contigo animándote e facéndote sentir ben, adicándoche o seu tempo, esforzo e atencións...
Grazas pola vosa xenerosidade , empatía, alegría e autodisciplina...

DE QUEN É A RESPONSABILIDADE DE CONSERVAR A ESENCIA DO DEPORTE PARA QUE CADA QUEN SAQUE O MELLOR COMO PERSOA

Sigamos facendo espazos e grupos  AGRADABLES !!
onde a enerxía e disciplina positiva flúe...

Moito mellor que outras metodoloxías onde prevalece a enerxía negativa e comportamentos tóxicos...
Onde supostamente apréndese baixo ameaza de mala nota ou parte a casa... onde os nen@s teñen que estar sen moverse e repetir ó que se lles manda facer calados...


Pero non todo se aprende dentro das jaulas... tamén vivimos ao aire libre momentazos liberadores... O Pazo de Faramello deixóunos moi bo corpo e espírito:


E ti, sabes pasexar e conectar coa NATUREZA??
Pasas do móbil? Tes bo oído? Levas presa? Admiras o minúsculo? És bo observador? De sorriso fácil? Sensibilízas coa beleza? Déixaste fascinar co maxestuoso? Sabes escoitar? Falar sen berrar? Atráenche os pensamentos positivos? Tes enerxía ou amosas cansanzo, pereza, desgana? Prestas atención a musicalidade da auga das fontes e ríos? Góstache abrazar árbores? E bailar de alegría? 

Cres que foi un gran día? Recomendarías unha visita guiada a este pazo? 














 Con que te quedaches desta andaina entre pedras, auga, árbores, muiño, fabrica de papel, imprenta, arte, moito mito... charla de "Querer es poder" en versión emprendemento botánico e vital... 


 Que precisa unha árbore para enraizarse e medrar?
Que precisamos os seres humanos para enraizarnos e medrar?


Grazas a tod@s por esta xornada de natureza en vena tan agradable e enriquecedora!!