Cando voltaremos A MAR?

Cando voltaremos A MAR?
TVG: O surf chegou a Zalaeta!

domingo, 30 de noviembre de 2014

Facendo GRUPO en "ximnasia"...!!

Se cremos en nós como grupo, estaremos a gusto,
  PODEREMOS IR A MÁIS!!
Dúas sesións de 40´escasos non dan para moito se perdemos o tempo, se hai desmotivación e distracción, se non hai ganas de traballar, ou se alguén non ven o primeiro ou segundo día...
Agora ben, se dende o 1º trimestre sabemos aproveitar o tempo e implicámonos no grupo,
veremos clases e cousas moi chulas!!
Hai algúns que no ámbito académico frústranse, ríndense víndose a baixo... ante o medo ao fracaso, ao ridículo. Pero, o único fracaso é non intentalo. En EF intentámolo e non nos rendimos ante os retos, porque podemos facelo:
Bo traballo en grupos!!


Debería  facernos felices ser quen de axudar aos demais traballando en grupo, favorecendo un bo clima de traballo entre tod@s, facilitando, felicitando e apoiando aos que máis o precisan!!
GRAZAS POR POÑERLLE CORAZÓN E CABECIÑA, ademas de pernas e brazos...


Xa sabemos que é máis facil desfacer que facer, ou superar o obstáculo do medo ao ridículo, que fuxir botando as culpas aos demais... pero tod@s comprendimos que dende a humildade e gañas de superación, podemos aprender moitisimo
  PARABÉNS A TOD@S!!

Se en EF algún CRONOPIO aínda non sabe traballar en equipo, vai de víctima, ven pasar, ou lucirse... a única opción válida é poñerse a chorar... Aquí temos unhas recomendacións para adquirir unha boa técnica...ja,ja


"Para llorar, dirija la imaginación hacia usted mismo..." en EF motivos hay, para el llanto o para la risa, elige ... pero piensa que hay otras materias "mucho peores"...

Donde tendrás problemas difíciles de resolver"de verdad"...



ja,ja

viernes, 21 de noviembre de 2014

Enganchad@s ao PARKOUR...

Os moz@s teñen unha gran capacidade para comprometerse e para ilusionarse... Se caen nas drogas (alcohol, tabaco, outras...)  van debilitarse e se persisten van escravizarse.
 O DEPORTE, pola contra FORTALECE!! PARKOUR? Si, GRAZAS!!
Apostemos pola educación non formal e polo ocio enriquecedor!!,  en situacións deportivas tes que saber traballar en equipo, xestionar o teu tempo e emocións, adaptarte ou flexibilizarte, socializarte...

Importa moito facer PARKOUR, e sobre todo importa con quen e como facelo, e en Zalaeta temos grandes especialistas traballando, e como explica Adrián en parkour os chulos morren... GRAZAS ADRIÁN POR AXUDAR AOS NOSOS ALUMN@S A SUPERARSE!!

Hai que ser humilde e hai que apostar polo esforzo, ilusión, optimismo, e compromiso, 
POLA SUPERACIÓN, SAÚDE, BOS ALIMENTOS E MOVEMENTO!!                Quen quera máis xa sabe de que vai isto do PARKOUR: Xoves no insti de 16:10´- 18:10´
E ista é a triste historia dun bo paxaro que recurría as drogas como vía de escape,  polo  subidón ou efecto inicial de euforia...

E convertíuse nun escravo, porque a droga rouboulle a liberdade de decidir como vivir...  Este paxaro xa non poderá pensar, relacionarse, ou enfrontarse aos retos da vida dende a realidade... Polo que arredor deste paxaro sempre haberá outros paxaros sufrindo as consecuencias...



Coas drogas perdes o protagonismo da túa vida...

As drogas son substancias qúimicas que modifican o funcionamento do sistema neurolóxico, provocando alteracións nas capacidades. Beber alcohol, fumar tabaco, ou consumir outras drogas na adolescencia leva a incapacidade para tomar decisións acertadas.  As drogas non só perxudican a quen as consume, as drogas teñen impacto social, moitas persoas padecerán as consecuencias...

Nesta conmovedora entrevista podes ver un home que na súa xuventude sufríu vigorexia e estivo enganchado as drogas, para conseguir ter un "corpo de cine"... dixéronlle no ximnasio que "Tomar anabolizantes non é peor que fumar...", el sentíase arropado como nunha secta e "os raros eran os demais"...
http://deportes.elpais.com/deportes/2014/11/23/actualidad/1416759498_558756.html

O noso corpo segrega de xeito natural endorfinas ou drogas da felicidade,  O estado de ánimo, as emocións, dependen en gran parte destas hormonas do pracer. 
 Os retos deportivos axúdanos a ter momentazos de felicidade!!
Os adolescentes que querades excitación e descarga de adrenalina engancharvos ao PARKOUR...

Alguén cre que a EF non é util na adolescencia? 
Nas aulas o alumnado séntese seguro porque está parapetado detrás dunhas mesas...  
En EF, sen embargo, estás tu co teu corpo "a medio acabar"...
 non podes agocharte detrás de nada!!
 Facendo EF podes adquirir confianza, autocontrol, saber traballar en equipo,  afán de superación... En EF axudamos a descifrar a linguaxe corporal, a sentir como inflúen no corpo as emocións, e traballamos as intelixencias múltiples. Es quen de facer unha práctica reflexiva aplicando o xuizo crítico, e de falar en público para expoñer a túa opinión persoal razoada? Sabes cales son os teus medos? Es quen de recoñecer as túas posibilidades e limitacións?

Se facendo parkour sentístedes algún tipo de medo... tamén iba dESO!! e de como superalos...!!


domingo, 2 de noviembre de 2014

Será POSIBLE?

Nos procesos creativos grupais cos que ides comezar en EF, pregúntate:
- QUE PENSAS?
- QUE SENTES?
- QUE IMAXINAS? 

Por que?
- PORQUE VAS SER O QUE PENSAS!!
Se pensas que ti non és capaz, non vas selo...
- PORQUE VAS ATRAER O QUE SINTAS!!
Se sentes que o que ti fas non ten valor, vas ser inferior aos demais...
- PORQUE VAS CREAR O QUE IMAXINES!!
Se non imaxinas, outr@s van dicirche o que tes que facer ou como tes que ser...

Sodes rapaces normalit@s, non facedes extraordinarias acrobacias circenses, non sodes ximnastas fora de serie facendo combinacións de equilibrios, saltos e xiros...
Pero, ese atrevemento, dende a normalidade, para seguir superándonos faivos ser GRANDIOS@S!! Todos sodes únicos, intensos, inmensos, e bell@s. En EF poñemos en valor a normalidade, tod@s somos normalitos, excepcionais son pouc@s... Un ser excepcional, a.C (álvaro Cunqueiro) no seu libro"Si o vello sinbad volvese ás illas... traduce unha cita do romántico P.B. Shelley tamén inmensa, di:
... ser
bon, grande e ledo,
     fermoso e libre,
soio iso é
             VIDA
             ALEGRÍA,
             PODERÍO
             e RIQUEZA 

Próximamente subiremos as vosas creacións ximnásticas por grupos, ánimo mis valientes!! (como Sinbad o de Bagdad, aquel mariño a quen a vida sedentaria lle sentaba fatal, cunha sede insaciable de lanzarse a mar para descobrir o máis alá... vos agora tedes que descubrir dende a vosa normalidade as posibilidades do voso corpo en movemento). Que material ides empregar: Minitramp, potro, plinto, bancos, espalderas, vallas, colchonetas, quitamedos, cordas, aros, picas, barandillas, escaleiras...
 Con quen vas poñerte para traballar dun xeito aplicado e implicado??


Só podemos ser extraordinarios naquela afección pola que sentes verdadeira paixón,  que cultivas a diario "poseíd@" e que queres facela cada vez mellor, é a  túa vida, o que ti queres !! Exemplos de seres extraordinarios no seu:

Kilian Jornet o mellor Skyrunning ou ultrarunning do mundo especialista en afrontar en solitario situacións de sufrimento extremo,cunha fortaleza física e psicolóxica "anormal", ten 34 pulsacións por minuto,.. O seu pai é guía de montaña e garda nun refuxio do Pirinéo leridano. Con 3 anos fixo un tresmil, con 6 un catromil, con 10 atravesou os Pirineos... Está pulverizando todos os records que se propón. Chegou a correr 300 kms. sen parar en 38 horas seguidas!!! No 2013 emprende o proxecto "Summits of my life", está escalando as principales cumes co mínimo de material e tempo.  Quere ascender e descender o Everest sen asistencia, é o seu desafío personal máis grande e prioritario para o 2015... Será posible...? 
Quere que o deixen vivir así...


Elas tamén queren vivir así:
Experiencia vital extraordinaria e chulisima... 
Un grupiño de mulleres  skaters unidas pola paixón e talento sobre o longboard!!


Anos de adicación sobre o skate, moitos golpes e satisfaccións... e meses de traballo e preparación para esta aventura viaxeira: 7 riders, 1 furgo, 15 días, 4.300 kilómetros, imaxes, momentazos...  Aquí podedes ver cando estiveron en Razo coñecendo a Costa da Morte, na Coru compartindo con Skaters locais...

Outro "anormal"...
Kepa Acero un surfista vasco que entendeu que a competición non era ó que máis satisfaccións dáballe. Para sentirse vivo precisaba  surfear con espírito indómito e 
libre!!