Cando voltaremos A MAR?

Cando voltaremos A MAR?
TVG: O surf chegou a Zalaeta!

domingo, 22 de noviembre de 2015

BUEN DÍA!! Comeza o día con ENERXÍA!!

 Neste mundo inxusto, cada mañá,  hai que virse arriba...

Buen díaaa!! 

Para vivir os organismos vivos precisamos da natureza, estamos feitos de pó de estrelas, somos parte do universo,  polo que a natureza inflúe en nós, o día, a noite, o paso das estacións... e a respiración, descanso, alimento, movemento, ter confianza en nós, benestar social,  vivir ben é gozar da sensación de
  ter saúde e  ENERXÍA!! 



Por que cando te escaiolan perdes mobilidade articular e masa muscular? Por que aos astronautas lles quedan os músculos "chuchurríos"? 


Ter tonificados os músculos axúdache a ter unha boa postura corporal, 
unha boa autoimaxe ou aceptación...

   

 Que nos aporta o exercicio físico?





Hai  moz@s que buscan consuelo nas DROGAS, legais ou autorizadas!! ou ilegais... CIFRAS ALARMANTES
"L@s que salen cada fin de semana y beben cada fin de semana son alrededor del 38 % . En la franja de 16 a 18 años tres de cada cuatro beben y en términos generales, de 12 a 18, uno de cada cuatro se emborracha. Treinta y pico mil chavales gallegos este fin de semana van a salir y se van a emborrachar..."


POR QUE OS MOZ@S CONSUMEN DROGAS? 


1- Intereses económicos da industria, son grupos con moito poder e sen escrúpulos ou pouca ética, que facturan produtos moi atractivos, pero nocivos para a saúde e o saben, pero ocultan a información. Con enormes beneficios que é o único que lles importa.

2- Publicidade ou asociación de ideas, beber ou fumar é estupendo porque facéndoo serás máis creativ@, atractiv@, terás máis éxito… Ti non queres ser perfecto porque non queres resultar aburrid@ ou anodin@, queres ter personalidade, ser resultón ou interesante como os artistas, intelectuais, deportistas ou famosos pola gracia da TV…

3- Adicción ou dependencia de productos excitantes que creen sensación de subidón. Ante a insatisfacción, inmadurez, irresponsabilidade, inseguridades, medos… hai xente que ten propensión a dependencia de substancias que lle proporcionen o pracer e satisfacción que non lle da o seu traballo, ocio… Crendo que son libres de elixir, cando a adicción che fai escravo, non és libre para elixir…

4- Pertenza a un grupo, personalidade, identidade social
. Na adolescencia ó que procuro é estar a ben cos meus amig@s. Gústame como visten, peitéanse, falan, como son e o que fan, os meus amigos son guais. Eu quero que tamén me vexan guai, aínda que as veces teña que mentir aos meus pais, profesores...ou traicionar os meus principios.

5- Seducción por ser rebelde e facer o prohibido, o perigoso aquelo que implique riscos, para saír da vida rutinaria e anodina, necesidade de ser rebelde e poñer en xogo a vida para ter unha potente descarga de adrenalina, para sentirse valiente, respectado... Gusto polo lado oscuro da vida, comportamentos violentos para trascender, para sentirse alguen, para chamar a atención, para que te queran...

6- Outros...
CALES SON AS CONSECUENCIAS 
de practicar hábitos nocivos para a saúde na adolescencia? 

1- Consecuencias FÍSICAS 
2- Consecuencias PSÍQUICAS 
3- Consecuencias SOCIAIS...

Que é para ti ter un bo día...?
Para algúns, cada vez a menor idade,  é meterse un lote de bebidas excitantes xunto con alcohol ou outras drogas para aguantar a noite, porque hai que demostrar capacidade da aguante... 
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/coruna/2015/11/24/anpa-alertan-presencia-menores-edad-botellon/0003_201511H24C2991.htm

Estas bebidas excitantes conteñen cafeína, taurina, guaraná, ginseng, glucuronolactona, teína, azúcar ou sustitutos, vitaminas, minerais, inositol,  carnitina... afectando aos neurotransmisores para non ter sensación de cansanzo e obter benestar??

 Xunto co alcohol ou outras drogas, son unha bomba para o corpo dos adolescentes ignorantes. 

Van ver alterado o seu comportamento, percepción, xuizo e emocións.  Teñen que saber que están expostos a sufrir graves trastornos irreversibles ou a morte por coma etílico, infarto ou derrame cerebral:

- Disminución dos reflexos, coordinación, capacidade visual, auditiva, oral. motriz,  intoxicación, náuseas, vómito, dor de cabeza, sudoración, ansiedade, taquicardia, insomnio, irritación, delirio, alucinacións, temblores, convulsións

- Pérdida da memoria, e dificultade para as aprendizaxes, disminución da velocidade mental, alteracións do sistema neurolóxico que non poderá repararse. 

- Dano ao sistema inmunitario

- Depresión, paso da euforia a desesperación

- Cirriosis, hepatitis, danos irreparables do fígado

"Entrenarse" para aguantar a noite son as expectativas de trinta e pico mil moz@s galegos cada fin de semana..
Como mola??

E ti, vas seguir engrosando as estadísticas dos "guais"?

Jordy Hurdes, un mozo australiano de 20 anos tamén quixo "ir de guai"... e estivo a piques de morrer, despois de tomar unha píldora de éxtasis. Quedou afectado de tartamudeos e movementos involunrarios permanentes para o resto da súa vida...

"Por favor chicos, no caigan en eso. Al principio todo se ve divertido, píldoras baratas por 25 dólares, pero no vale la pena. Si vivo así será un problema para el resto de mi vida. Por favor sé fuerte y

di no a las drogas. Hazlo por mí”.


Hai outras TÉCNICAS?? ademáis do traballo de condición física e os deportes para darnos VIDILLA ou segregar endorfinas??
 Para mellorar estados de apatía, desinterese, descentre, irritabilidade, pensamento negativo, baixa autoestima,  inseguridades, medos... ?? ROTUNDAMENTE SI!!

Como fas ti para requilibrarte e renerxetizarte ou poñerte en rexistro emocional positivo?


domingo, 15 de noviembre de 2015

EDUCACIÓN: ConVIVIR, coñecer, comprender!!!

Ante horror, terror, dor...  fagamos máis  e mellor EDUCACIÓN!!

CONVIVIR, COÑECER, COMPRENDER...


                                                     Icono solidario feito por Jean Jullien

Se non te esforzas por cumplir os teus soños, se vives sen ilusións, sen proxecto vital, sen criterios e valores sólidos, estás expost@ a que algúen  pense por ti, ou faga de ti algúen sumiso facilmente manipulable...

 Na creación da personalidade, cando os moz@s están a crearse unha identidade  é cando a insatisfacción vital, a falta de soños por cumplir,  non ter criterio propio... Poden levar a querer trascender ou sentirse importante, deixándose seducir pola sin razón e pola violencia... E isto pode ser a escala de pequenos conflitos cotidianos... Ou conflitos armados que xeran masacres, en manos de moz@s que non lle dan valor a súa propia vida nin a dos demais, e séntense atradidos pola posibilidade de ser héroes.  Porque senten que non son ninguén na vida...




SE QUERES REVELARTE CONTRA AS INXUSTIZAS, 
   COMPROMÉTETE FACENDO BEN O TEU TRABALLO DE ESTUDANTE!!


Porque cunha boa educación poderás: 

 conVIVIR, coñecer e comprender;

ESTARÁS COOPERANDO EN FACER 
UN MELLOR MUNDO!!

“Necesitamos un enfoque sistemático para fomentar los valores humanísticos, de la unidad y de la armonía. Si empezamos a hacerlo ahora, hay esperanza de que este siglo sea diferente al anterior. Está en los intereses de todos. Así que busquemos la paz dentro de nuestras familias y la sociedad, y no esperemos la ayuda de Dios, Budda o de los gobiernos”    -Dalai Lama-

Que quere dicir Jullien con esta inconmesurable ilustración? 


Que ves neste outro debuxo? Que te suxire? De que actualidade nos fala sen palabras?


Que están dicindo esas mans?

Que pensa Mafalda nesta viñeta?