Cando voltaremos A MAR?

Cando voltaremos A MAR?
TVG: O surf chegou a Zalaeta!

sábado, 26 de mayo de 2018

ESGRIMA: E ti, por que deporte toleas?

Daniel Pennac: Este pensador, profe e novelista aclamado, chegou a ter a sabiduría dun "passeur", é dicir, transmisor xeneroso e altruista de coñecemento, non vai de intelectual inaccesible...Escoitalo da gusto porque podemos entendelo e identificarnos... Ensinemos a distinguir aos adolescentes entre os desexos  e as necesidades fundamentais ou competencias clave. Saquémonos o medo do corpo, o medo a soedade, ao fracaso... e fagamos proxectos conxuntos que nos axuden a comprender...

A FELICIDADE e COMPRENDER e COMPARTIR!!

Unha evidencia, ningún profe-alumno-familia podemos desentendernos das nosas responsabilidades na EDUCACIÓN, non podemos botar culpas ao sistema e quedar sen loitar por facer mellor as cousas... 

Outra evidencia: A actividade física é algo máis que mover o cú...

"La evidencia indica que la actividad física puede ser un motor de desarrollo, tanto de los individuos como de sus sociedades"


ESGRIMA, TRIATLÓN e PENTATLÓN MODERNO
Tol@s pola integración social a través da esgrima. Podedes escoitar a Ruth sobre cales son as razóns que moven aos 100Tolos. En Zalaeta sabemos do que ben leva facendo dende todos estes anos esta combativa muller, xerando posibilidades de medrar destemid@s a quen aínda non se decatara de que facer deporte faite máis poderos@ ou menos vulnerable
Que ningún nen@ en Zalaeta quede sen facer deporte;
INTEGRATLÓN! e a por máis tol@s...

 Esta familia de tol@s  superando un reto deportivo en Cádiz, con moito humor, ánimo e saber facer fora e dentro da competición, practicando deporte, pero sobre todo creando hábitos, vínculos e valores para a vida... PARABENS ANDREA! eseeee podium nun campeonato de España


E ti, por que deporte toleas?
Ninguén poñe en dúbida que ao final morremos tod@s fagas deporte ou non... 
e que a xenética pode condicionar tanto para ben como para mal...

Pero se podes pasar a maior parte da vida gozando de saúde, sentíndote feliz, activ@, rindo e compartindo deporte... por que conformarse con menos? O exercicio físico desenvolve o corpo, osixena e  axiliza o cerebro, fai que sintas benestar social e emocional... e aínda que non é pouco...
E que máis? pois deberías ler este artigo:

"Un estudio en Alemania mostró que los deportes activos aumentaban los ingresos de quienes los practicaban
en cerca de 1.200 euros anuales"

y la productividad al mejorar la salud física y mental, 
desalentando el abuso de sustancias nocivas,
y ser una fuente de inspiración
 para logros atléticos y académicos"

Neste estudo conclúen con que aínda hai moitas cidades que poñen barreiras. A ausencia de carril bici de verdade é unha barreira para vir ao insti en bici. Paises que non facilitan ou promoven a practica do deporte, lexislacións absurdas para sociedades e clubs deportivos, federacións corruptas, inexistencia ou programas moi mellorables de promoción de hábitos saudables...  Colectivos máis vulnerables:
 nen@s,  mulleres e poboación  en situacións de pobreza.
A darse valor en Zalaeta!!  

Además, además, además... además...además...ja,ja 

Esperamos máis vídeos onde vexamos alternativas de ocio activas e divertidas. 

martes, 15 de mayo de 2018

SURF e BICI: "Natureza en vena" o mellor antidepresivo natural

Educamos para a saúde, a convivencia, a paz e a felicidade? 
En valores e ideais? Ou o máis importante é a nota? 
Iniciarse: na bici como medio de transporte, surf , escalada, piragüismo...  
cos compañeir@s de clase
nesa conexión cun mesmo na NATUREZA é o mellor ANTIDEPRESIVO 

 Sentíndonos sans (CORPO-MENTE-EMOCIÓNS) e  estando a gusto cun mesm@ e os demais, evitaremos depender destes e outros medicamentos "milagro"... 
Consellos de Cristian de 1ºC para gañar saúde e benestar
Aquí Diego de 1ºC facéndonos reflexionar sobre se lle temos máis medo a morte ou a...
  VIVIR plenamente!
Quen le remove algo por dentro, quen anda move o corazón...
Quen pensa nos demais, é dign@ de  admiración!


 Rubén de 1ºB que debuxa e resolve a ecuación de cando o deporte é unha práctica saudable, divertida e  asentada en valores.    R2=   1- Respecto  2- Responsabilidade
FÚTBOL = (EQUIPO + SUPERACIÓN) R2 

En Zalaeta vinculamos o coñecemento a VIDA!
Non temos medo a vivir a vida, pura vida! 
Saímonos das aulas e das zonas de confort...
A Torre testemuña de noso paso por esta vida...
Hai hábitos de vida que favorecen problemas de saúde, 
outros requilibran e renerxetizan
 Agradecid@s de estar neste lugar tan máxico sentindo natureza e beleza
 Unión de grupo; os meus compañeir@s están para axudarme a sacar o mellor de min
 
Témolo ao alcance das nosas mans!
 
Olaaaa e a caracola?
 É moi doado sentirsen en liberdade exercendo responsabilidade 

Teño a miña bici a punto? É unha bici de paseo ou montaña?

Que camiño vou elixir?, Vaime dar tempo a chegar?  
Trouxen roupa e calzado axeitado? Hidratéime? Boteime crema protectora solar?
Teño que axudar alguén que se lle saíu a cadea? 
 
Que beneficios obtemos facendo EF en entornos naturais privilexiados coma este? 
 Esplendor das herbiñas de namorar, neste espazo entre ceo e mar


 1ºAmar  mAr
Parabens polo voso saber estar dentro e fora da auga!!
 Sodes un grupo macanudo!!
Como imos poñernos en pé na táboa?
  O día non era luminoso, pero nós fixémolo radiante...
 E moi exitante!!
Poñerse de pé non é sinxelo
 Por iso facelo énchenos de felicidade polo logro
 Subidón total, quero máis!!
 Deslizarse empurrados polas ondas molaaa
 Neste grupo tamén hai quen quedou totalmente "enganchao"
 Respirar aire LIBRE e gozar do momento na auga é pura VIDA!!
 EQUILIBRIO FÍSICO-MENTAL-EMOCIONAL
 CONEXIÓN COA NATUREZA
LIBERACIÓN DE MEDOS E PREXUIZOS 
 BENESTAR SOCIAL
 Hai quen por inseguridades, medos, prexuizos... preferíu quedar na aula, privándose da excelente oportunidade de coñecer o noso mar e de coñecerse, aceptarse, darse o mellor porque non é menos que ninguén... Non hai que compararse, cada quen fai segundo o seu grado de forma física, coordinación, equilibrio e motivación pola superación... 

Tod@s sodes diferentes, únicos, moi válidos, e merecededores do mellor, por iso saímos das aulas e buscamos ondas a vosa medida; subidons ou chutes de hormonas da felicidade...

Moi boa actitude, hai quen dicía "Non vou ir" e agora di "Quero volver"
@s que queran máis: DOMINGOS imos a Basti, clase de 4 a 6!! e Intensivo surf despedida curso: última semana de Xuño.
 Vale moito a pena esforzarnos e aprender para chegar a ser surfistas respectuosos, responsables e autónomos,  concienciados do bonito que é
  compartir vivencias oceánicas...

E ti, sabes asumir retos grupais? Sabes
 CUERPEAR, PENSAR e PALABREAR?


E chegamos a este espazo con moito encantamento...
 Dan gañas de correr, saltar, xogar, monear, troulear; LIBERAR ENERXÍA...


 
Tamén mola relaxarnos, poñéndonos en modo relax, para escoitar a natureza, escoitarnos,
darnos un respiro, acougar...
VALORAR A ATENCIÓN E O SILENCIO 
 Como requisitos para a interiorización do coñecemento e o benestar
Atención, estamos producindo Enerxías renovables...

Empregar a bici como medio de transporte incidindo na educación vial e
 sostenibilidade ambiental 
Como somos como grupo? 
 Góstanos enchernos de vida na natureza?

Como foi a adaptación a secundaria?
Canto temos de bo neste instituto? Por que mola Zalaeta?
 Podemos facer unha mellor EF ou EDUCACIÓN entre tod@s?