Cando voltaremos A MAR?

Cando voltaremos A MAR?
TVG: O surf chegou a Zalaeta!

domingo, 18 de noviembre de 2018

Grande NANCY !! Grande SEJNOWSKI !!

Acabados os procesos creativos grupais de Habilidades Ximnásticas e o experimento vivencial que fixemos, a valoración non pode ser máis poisitiva. O noso convencemento é que os nen@s pasan demasiado tempo sentados. E que educar aos nen@s a través do movemento axuda ao corpo e a mente, sentímonos mellor, pensamos dun xeito máis despexado e temos máis agudeza mental.

"No tenemos cuerpo SOMOS CUERPO" 
Jean Luc Nancy (Filósofo francés que reflexiona sobre o significado do corpo)
"El cuerpo puede volverse hablante, pensante, soñante, imaginante. Todo el tiempo siente algo. Siente todo lo que es corporal. Siente las pieles y las piedras, los metales, las hierbas, las aguas y las llamas. No para de sentir." Uno de los "58 Indicios sobre el cuerpo" 

 O corpo, ese olvidado nas aulas... O corpo tamén pensa, os estudios en neurociencia avalan ó que nós sentimos cando estamos sentados demasiado tempo e cando en movemento pensamos e facemos. O investigador en neurociencia  Sejnowski di unha frase moi reveladora para a vida dos nen@s  
 " O ximnasio e o recreo son as partes máis importandes do plan de estudos"

As aprendizaxes que realizamos co corpo fan que melloremos as conexións neuronais conectando as distintas partes do cerebro. Sentados só intervimos nunha porción do cerebro.

Sabíamos que facer deporte é bo para coidar o corpo e mantelo san, tamén para reducir o estrés e ser máis felices co chute de dopamina, serotonina e noradrenalina. E que traballando corporalmente en procesos creativos  melloramos significativamente habilidades sociais, autoestima, integración... Pero é que as investigacións recentes demostran que o exercicio físico mellora tamén o factor neurotrófico cerebral permitindo que nazan novas neuronas e que haxa mellor conexións neuronais no hipocampo. Que nos podamos concentrar mellor ou ter máis memoria é posible movéndonos.



PARABENS A TOD@S, fixestes e catro sesións cousas moi chulas!!
E a facer máis deporte para que vos funcione mellor o corazón e a cabesiña...
Os de 2ºESO recordade que sodes o modelo para os de 1º.
Especialmente destacable cando facendo o roll de expertos valorastes con moito xuizo crítico e axudastes a enriquecer o traballo dos compañeir@s, moi moi bo traballo!!

Sigamos practicando hábitos de vida saudable e deporte na natureza en vena:
Descanso, hixiene, boas posturas ou alineación corporal, nutrición, hidratación, manter o corpo e a mente activos, estrés baixo control, respiracións e pensamento positivo, boas habilidades nas relacións sociais saudables, humor, saber rir ata dun mesmo, beleza, natureza e viveza do corpo en movemento, poesía, música e baile para darlle sentido ao sensentido do mundo...

Ou dependencia ao móbil e dispositivos electrónicos. Ou consumo de tabaco, alcohol...?
vos veredes ó que queredes e elixides...