Cando voltaremos A MAR?

Cando voltaremos A MAR?
TVG: O surf chegou a Zalaeta!

lunes, 20 de abril de 2020

Grazas Tonucci, faro alumiñando outros horizontes...

AGRADECEMENTO INFINITO AOS AVÓS QUE MARCHARON... lamentablemente algúns sentindo desacougos e penares en soidades. Nesta viñeta homenaxe de Puebla "por los fuegos apagados..." “Que las únicas curvas que nos preocupen sean las sonrisas de nuestros mayores”
Algunha vez falaches cos avós de cando tiñan a túa idade? Sabes cal é o xogo ou actividade que máis lle gustaba facer? Quenes eran os seus amig@s? Cal era a súa comida, roupa, tipo de canción, foto favoritas? Gustáballe bailar? Como se imaxinaban de maiores? Que é o que máis lle chama a atención da gran revolución tecnolóxica, para ben? e para mal?

Sodes o mellorciño de cada casa!
Sodes o mellorciño de Zalaeta!

Francesco Tonucci o máximo referente e especialista en nen@s,
que pensa da escola agora;
 en tempos do corona virus?
https://elpais.com/sociedad/2020-04-11/francesco-tonucci-no-perdamos-este-tiempo-precioso-dando-deberes.html


2020 un ano máis de DANZA en Zalaeta  e NAS CASAS!. A escola e as familias temos nesta excepcionalidade pandémica, que aceptar que na sociedade haberá cambios, tamén tería que cambiar o binomio escola-familia para conseguir toda a tribu facer aprendizaxes máis significativos ou válidos para a vida. Reivindiquemos todos xunt@s un ensino máis vivencial e competencial en vez de enciclopédico.

 Que aprendiches nesta cuarentena? 
Na casa é onde están a producirse agora as aprendizaxes máis valiosas: Consideración e coidados aos demais, mantenimento da casa, organización e limpeza, arranxar algún desperfecto, reorganizar armarios, pintar zona ensuciada co tempo, levar a práctica algunha idea despois de ler ou escoitar algo interesante, nutrición, facer lista da compra, cociñar, xardinería, planchar, coser. Facer circuitos ou rutinas de condición física, argallar un baile ou xogo motriz coa túa familia? compartiches algún vídeo creativo? pintaches? fixeches poemas ou microrelatos? ou... algo aprenderías axudando a manter a saúde, harmonía e cohexión familiar.

 Quen quera asumir este reto e replicar a idea destes bailaríns de bailar cunha silla a Primavera de Vivaldi e de tod@s nós... Porfaaa Enviádenos vídeos alumnado-familias-profes e facemos outro chulo con ventanitas, por onde entran soplos de aire con frescura ou sinverguencería, este ou calquera outro reto que propoñades

Pronto os nen@s pola súa saúde terán que saír fora, quedar cos amigos para facer deporte, charlar, ir a natureza próxima ou mar, contorna da Torre e volver ao insti... pois
LIBEREMOS AOS NEN@S!!  
Por que? Porque reivindicamos un cambio... en horario lectivo máis danza, literatura, teatro, cine, fotografía, natureza en vena, música, artes plásticas... Porque son instrumentos para que os nen@s podan sentir, expresarse e coñecerse mellor, a eles mesmos e aos compañeir@s, para desenvolver ao máximo as súas capacidades... axudarían máis a saber cal é o talento de cada nen@, axudaría a descubrir actitudes, vocacións... axudarían a ir ao insti contentos para gozar aprendendo!

Ti que sabes facer por ti mesmo?
Dani de 2ºESO sabe pescar en río, surfear en mar e tamén facer parkour ao aire libre, ademais sabe aplicar o aprendido para mellorar a súa saúde e benestar agora na súa casa. Sabe facer da súa cama un espazo para seguir soñando e mantendo a forma física. Sabemos que está atravesando un momento complicado de saúde ao marxe da pandemia. Este Pelocho é un modelo de conduta no insti e na casa, forzaaa, estamos contigo! Con moitas ganas de verte compartir o teu sorriso por Zalaeta! E que os teus colegas aprendan da túa loita pola superación! Enorme! GRAZAS DANI!!
Aí estamos chic@s! Noé, Diego, Alma, Elba e Hugo  GRAZAS!

GRAZAS! tamén a Lola que bota en falla esa conexión coa natureza, e mentras tanto crea na casa un ciclo de vida observable, medible e moi esperanzador. Nalgún momento poderá volver ao bosque e prantar algún carballo sementado e mimado por ela. Iso máis que facer xardinería é facer proximidade, coñecemento e máis querencia pola NATUREZA! Esas raices mensaxes nunha botella, é darlle voz a terra que fala dicindo: axudádeme a recuperarme e compartide a miña maxia. 
SEMENTAR, SEMENTAREI... 


Procuremos camiñar xuntos cara un ensino máis vivencial e competencial, facendo real nas aulas e agora nas casas as competencias para a vida, en vez de saberes enciclopédicos.  Poñamos en valor o desenvolvemento das Competencias Clave dos adolescentes:
A Competencia Social e cívica no ámbito da familia e virtualmente cos seus compañeiros e amig@s. Os dispositivos electrónicos están axudándote a vivir mellor ou escravizándote?

 A Competencia de Aprender a aprender e máis que nunca a Competencia do Sentido de iniciativa e espírito emprendedor. Os teus pais non son os teus profesores.  

A Competencia de Conciencia e expresións culturais na cuarentena  vivenciamos a importancia de liberar os nosos medos  e seguir mantendo equilibrio emocional a través das expresións artísticas.

 A Competencia Lingüística porque tivemos máis tempo para ler e sentarnos e falar en familia ou establecer momentos ao día de diálogo afable, respectuoso, tolerante en empatía ou escoita activa, que é imprescindible para soster unha relación saudable e constructivista. 

A Competencia en ciencia e tecnoloxía porque seguro que  nos interesamos máis por aprender de virus, propagación, medidas de hixiene, posibles solucións médicas, vacinas, a importancia da investigación científica e a necesidade dunha boa xestión dos recursos na sanidade para tod@s. Ter criterio para discernir como os diferentes países do mundo están actuando ante estas medidas excepcionais, que vai moi ligado a Competencia Dixital para estar informados da crises sanitarias, económicas... a marxe da difamación e políticas tóxicas partidistas, seguridade nos nosos dispositivos electrónicos e non dar por válidos calquera contido nas redes, incremento das fake news, bulos, timos, privación da privacidade, xeolocalización...


Forsaaaa e moito ánimo, agora en desescalada, pero recoñecendo que aguantástedes como campións
soñando cando poderíamos volver a mar...


A historia dun home e unha muller, coma tantos miles, que emigraron a América e formaron unha familia. Na súa cabeza sempre estivo a idea de «volver»... A autora le un fragmento para  https://aulasgalegas.org/actrices-secundarias-por-clara-do-roxo/ 


“Nunca la distancia nos regaló tanta cercanía”
“Nos dimos cuenta de que éramos frágiles y eso nos hizo más humanos”
https://www.vozpopuli.com/branded/libro-cultura-Caixa_0_1348365447.html



 "Ano 2020 do libro" e para mover o cú ahí tes vídeos pautados "pa´to"...
https://aulasgalegas.org/category/ed-fisica/


Acompañándovos neste sentimento de falla de vitamina N de natureza, nesta 6ª semana de confinamento, pechados nas nosas cunchas. Pensando en vos e nesas vivencias salgadas, moi, moi ricas e que deixamos a medias... A voar o maxín...
  Neste voltear de días de endemoniada pandemia...
Dun xeito fresco e un tanto "apurao" fixemos unha navegación entre ondas salgadas de páxinas que dalgún xeito inspiráronos neste curso no noso fío condutor:
 A MAR 
 
Quen quera ir de travesía en táboa en verán, que nolo diga. Se non pode ser en grupo con Nacho de Galisurf, pois non nos xuntaremos máis de 3 ou 4 e estaremos a máis de dous metros... 
A mar toda é inmensa!

Proposta de xogo sensorial, colles un lote ou lotaso de libros, podes engadir algún de texto e tes que tocalos, sopesalos, ulilos e despois cos ollos pechados, tes que adiviñar o título de cada un. O teu lazarillo se non acertas pode darte algunha pista.


"La escritura es quizás el el mayor de los inventos humanos, un invento que une personas, ciudadanos de épocas distantes, que nunca se conocieron entre si. Los libros rompen las ataduras del tiempo, y demuestran que el hombre puede hacer cosas mágicas"

Este párrafo es de CARL SAGAN el científico y más grande divulgador de ciencia, hacía que todo pudiera ser comprensible y apasionante. Fue como un faro que sigue alumbrando nuevos horizontes de conocimiento. Como decía en COSMOS, en un libro un autor, nos habla a través del tiempo y el espacio de un modo claro y silencioso, dentro de nuestra cabeza, directamente a nosotros...

E dese feixe de libros, imos quedarnos só con un, un bo peixe! 
Moi recomendado para compartir en familia. A amizade entre o pescaito e Manuel, un dos mariños que está facendo a marea do bacalao... e de chorar e chorei...
O libro é ideal para destripalo no noso Club de lectura, peeero mentras non podamos facelo en Zala...  convidámosvos a facelo na sala das vosas casas.

Agora que os psicólogos e psiquiatras están a dicir que o comportamento dos nenos e adolescentes está sendo exemplar, este libro aínda ten máis relevancia. As veces na vida aproveitamos oportunidades de aprendizaxes enormes en momentos onde non veñen ben dadas.
Ogallá non tiverades que pasar por este sacrificio de estar nas casas tanto tempo sen poder saír, pero é o que toca e podemos enfurruñarnos, culpabilizar, vitimizar e tiranizar ou podemos aprender a coñecer ata onde somos capaces de chegar... Este é un libro do que sacar conclusións sobre aprendizaxes significativos na vida, e sobre como estás a levar esta situación de confinamento con alongamento...

QUE LIBRO NESTES MOMENTOS MELLOR DEFINE O TEU ESTADO DE ÁNIMO E SENTIMENTOS?
María Xosé, a Orientadora, convídanos a facer unha foto cun libro, léndoo con concentración ou aberto e coa mirada posta onde queramos imaxinar... Ese libro que elixamos ten que ser por algún motivo especial, polo que te fai sentir agora, por como te define ou conta algo de ti, da túa vida, das túas emocións... Algúns toleamos por ir ao mar, na procura de ondas que nos estabilicen ou devolvan eses subidones vitais, ese equilibrio holístico ao que agora temos que buscarlle substituto!

NAMASTE! 
Como aprender a atopar benestar e agradecemento neste des-equilibrio?
Que cousas queremos aprender?


Descubrindo como facer mares e ceos con acuarelas, molaaa!
E un libro engaiolante:
"Las palabras, que son a penas un soplo de aire; las ficciones que inventamos para dar sentido al caos o sobrevivir a él; los conocimientos verdaderos o falsos y siempre provisionales que van arañando en la roca dura de nuestra ignorancia."
Estamos gozando moito de esta viaxe polo mundo a través dos libros, con  Vallejo quen fainos a pregunta: De todos os libros da historia da humanidade,
  por que algúns se converteron en clásicos?
e cóntanos dun xeito moi ameno como os cereais e o papiro foron para Exipto como o petroleo de hoxe en día, mellor dito a.c (antes do corona virus).  Os xuncos para facer papiro teñen as súas raices no Nilo...

Neses primixenios libros estaban recopilados todos os saberes na antiga Biblioteca de Alejandría, onde se fixo realidade a mellor parte do soño de Alejandro Magno: a universalidade, allí convivían palabras de gregos, xudeos, exipcios, iranios, indues... 
No ano 2002 foi aberta a actual Biblioteca patrimonio da humanidade, en recordo de esa biblioteca babélica chea de libros ou metros de papiro clasificados e colocados en andeis. gual que agora navegamos por internet alí estaba todo...
 Despois de ler este libro viaxaría a Exipto: na cabeza os papiros da Biblioteca, a illa de Faro, as falupas no Nilo, a cultura da morte coas pirámides e embalsamento, Deuses con cabezas de animais,  maquillaxes, cabezas rapadas e perrucas, obeliscos con xeroglíficos... e gozaría  dunha cervexa, alí inventaron  esa bebida de cebada a que se lle engade lúpulo, agora hainas industriais e artesanais, pero foi en Exipto de onde é orixinaria, sen buscala por unha fermentación casual...
 Ese era todo o mundo conquistado por Alejandro Magno despois de 20 insaciables anos ininterrumpidos de guerras para cumplir o seu soño de gobernar o mundo enteiro...


OS MAPAS TEÑEN MAR, TEÑEN TERRA... 
 Algunha vez sentiches afán ou un impulso, lendo un libro, ou mirando un atlas ou un mapamundi, por ir percorrer eses mares ou terras? Que chaman máis a túa atención? xeos permanentes, montañas, illas de coral, misteriosas selvas, ríos con fervenzas, ceos infinitos... De todos os lugares do mundo por cal sentes maior atracción? pola súa música, polo seu paisaxe físico e humano...

Atréveste a debuxar un?
Quizás é o momento de pensar que relacións establecemos entre o norde e o sur, agora que este virus di que non hai fronteira nin bandeiras que valgan... Como resolveremos ese interrogante está por ve

É de agradecer a reies, obispos e mecenas que fixeran estes encargos de pintar o mundo a estes artistas, son insólitos, fascinantes e dan boa conta desas épocas. Neste Europa e África do norte con rasgos humanos, curioso, aínda estábamos na idade media SXIV

Mapamundi feito por un veneciano SXVI, cun clasicismo grandilocuente,
un mundo con forma de corazón 

Nesta Cosmografía tamén da mesma época Zeus e Marte presidindo e os ventos todos 

 Este planisferio do 1700 oi barroco feito por un holandés, esas paisaxes tenebrosos...

Este é o mapa de Galicia de Domingo Fontán que inspiró a Cunqueiro para chamala a terra dos mil ríos.  Este xeógrafo na primeira mitade do S.XIX cun cabalo, caderno e algún instrumento cartográfico foi un adiantado a súa época, adicou máis de 20 anos da súa vida para realizar esta ambiciosa e científica obra, a primeira carta xeométrica de Galicia. Cunha precisión non superado ata que enviamos satélites ao espazo.  
Fontan
"Encontré la latitud de la Torre de la Catedral por más de 144 observaciones astronómicas de la Polar, y por otras 200 de Orión y por alturas meridianas del Sol"anotó dende ese simbólico punto de partida da Berenguela. Por se queredes saber máis do pensamento que lle levou a este home a cartografiar o noso territorio con absoluto rigor e dedicación 


 E neste lugar do mundo e agora
somos nós!!! 
Fixémolo xunt@s, en zala molamos buaaaa nenos!! 
neste menguado curso 2019/20 ata que o virus mandou parar...
Todo, todooo ocurre en un momento... Setembro Waterpolo benvida aos novos esit@s!!
Outubro dándoo todo en SURF

 Concienciandonos do que o mar fai por nós e nós????


Novembro habilidades ximnáisticas,  parkour
pero sobre todo  xa sabíamos ser grupo, non tanto eu, eu, eu... máis NÓS!!
Decembro escalada superados medos, gozando aprendendo ou tocando o ceo!

Requisitos previos para a Navegación a vela nun buque escola


Venres última clase do 2019 con 1ºA chegaba o Nadal
E coma sempre esquí ou snow , no reino das neves, en ja,ja,jaca... 


E sen facer polo que non hai vídeo, por culpa dalgún aprazamento por cicloxénesis explosivas, e agora por esta endemoniada pandemia...

-  Gala ALABAILA ou festa dos corpos libres, lamentamos moito que non ter fotos do proceso, estaba todo ben argallado, houbo moito esforzo, moito traballo colaborativo e resultaría xenial!!

-    A dichosa ruta historiada en bici tan ansiada para coñecer a Amerhin.

-    As rutas mariñas ata o faro de finisterrae no buque escola.

-    O bautismo de surf para coñecer máis das mil caras do noso Orzán e Matadeiro:  correntes, ventos, mareas, tipos de ondas e formación, seguridade na auga

 -     Rutas chulisimas en  bicis pola maxia da contorna da torre, volei e futbito praia, bañito...

-      Piragüismo en oza contra vento e mareas

-       A baixada en rafting polo Ulla ou pura descarga de adrenalina


Recluídos bailamos con swinverguencería STAY HOME
aínda pensábamos que volveríamos a vernos despois de semana Santa...


 Pero isto foi prolongándose. A ciencia está a dicirnos que aínda temos moito que loitar contra un inimigo que ten máis caras das que en principio creíamos. E nós sen perder os ánimos!!

E infinitamente agradecid@s a quenes están expoñendo as súas vidas
 para que os demáis podamos conservar a saúde nas nosas casas.