Cando voltaremos A MAR?

Cando voltaremos A MAR?
TVG: O surf chegou a Zalaeta!

martes, 17 de junio de 2014

UNIVERSO Verán!!

 E brincamos por enriba do lume de San Xoán... 
 SOLSTICIO DE VERÁN!!
 Ocio saudable, divertido e DEPORTIVO!!

- Fai deportes chulos ao aire libre, ilúminate!!
DATE BRILLO!! Membrill@...!!
- Le un bo libro
- Come rico e san, descansa, divírtete cos amig@s, sal da rutina, viaxa, convive, baila, canta, nada,  comparte, enamora...
- Déixate seducir por xente exemplar nalgúnha faceta humana, quere e aprende de quen podas aprender!!

Sabes que alternativas de ocio activo tes ao teu alcance? Algo que non deberías perderte, un cursiño de:
  VELA LIXEIRA!! Apúntate xa!!

O Departamento de EF, quere expresar que é unha gozada ver as valoracións tan positivas que facedes das clases de EF e de nós como profes. SEGUIMOS CRENDO QUE A EF É IMPORTANTE PARA A VOSA FORMACIÓN E SAÚDE!!  
                                             GRAZAS POLA VOSA IMPLICACIÓN!! 
(Xa te dicíamos Fran: vas ver que é moi chulo dar clase en Zalaeta, ir por aí e que te saúden cun ola profeee...!!)

                   Tivevemos unha visita: Shiva e máis Sahkti!!

 Shiva y Shakti representan a esencia do principio masculino e femenino. O Yin e o Yang, plasmado en todas as manifestacións de este Universo. A eterna danza entre o masculino e femenino, a orixe do mundo, as relacións entre seres humanos, 
a conciencia da unidade, e igualdade!!
Esta conciencia de igualdade é a que pode facer un mundo mellor ou o que é traer o ceo a terra....


E cando quedaban 2 horas de clase...
Unhas cantando facían as súas últimas tarefas...


Algún abría o seu corazón a cores...


Outras que tal bailaban...

E outr@s botábamos a vista atrás...
Julián, que este ano fixo 1º   dinos: 
"Cuando me apunté a esgrima, me gustó mucho y aprendí a tirar, a marchar, a hacer fondos... Me ayudó a coordinar, y a tener más equilibrio, fuerza y velocidad, al principio no tenía nade de eso. Y así mejoré mi estado físico.
Que ben Julián, és un valiente guerreiro coa espada. Pois caro que vas mellorando, é moi importante saber que non hai como querer algo e loitar para conseguilo!!

Verano: Otra forma de mirar..
Detente, mira, mírate, míral@...

Alguén recoñeceu a voz de Luisa? A nosa anterior orientadora,
 agora jubileta moi inquieta...

 Vivy Lin a FAMILIA REAL: veniros pa´l barrio...
Por aquello de ahorrar... que tal venirse arriba a Monte Alto, pisitos de 80m2, sin ascensor, cerca del Gadis y  con la calita Matadero a tiro de piedra...?? juasjusajajjajaja


GOZA DO VERÁN E ACTIVA AS TÚAS DEFENSAS!!

Saúde e ... MAR!!
Peeena que EDUCACIÓN non rime máis con DIVERSIÓN!!
O día de San Juan rápidamente limpan  praias e paseo, porque cheira fatal, e a visión fai dano:
 Non é apto para xente sensible e intelixente!!

As gaivotas gozando no Orzán, non teñen que ir ata Bens...

 Todo non se pode recollar, lévao e devólveo o mar...
 Días despois,  algúns na praia, sacamos da orilla
decenas de vasos, botellas e bolsas de prástico...

Coñeces o dano que lle estamos facendo ao mar? 
Coñeces como aumenta a acidez do mar e ó que isto repercute na túa vida?


REDUCE,  REUSA,  RECICLA, REDÚCATE !!!
Coñeces a existencia dun continente de prásticos no pacífico?... 

E o concello veña gastar cartos para fomentar prácticas festivo turísticas de San Xoán...


(a.c)  ÁLVARO CUNQUEIRO: 
"Lémbrome de Ulises con envexa. 
Il sabía a onde ir atravesando o mare, 
que ofrece noites e lúas,
 cabeleiras e ventos,
esquecemento e morte"  

AMOR AO MAR... OU A QUE, OU A QUEN AMAS?


PILAR PALLARÉS : (Poeta que tamén ensinou en Zalaeta) 

Ameite tanto
Ameite tanto esta tarde,
cando non estabas,
e estaba o ceu como un
atlas de ausencia,
esvarando nas horas.

Que estraño e todo isto,
este amor que se agolpa
e verte a sua furia por acima de un,
sen piedade, sen piedade.

Esta tarde ameite como invasión de escumas.
Non sei que estrañas aves aniñaron en min
para que así te ame, non sei por que camiños
navegou o meu sangue para chegar a tí.

Non sei se faro ou torre ou terra prometida
foron marcando o norte dos meus sucos *

so sei que aqui me tés, a tí ofrecido,
sen culpa deste amor que caeu sobre min.

Non sei se como pedra ou lóstrego ou fervenza
puido facerme tanto dano.

Non sei porque estes días en que te amo tanto
e tan fundo e tan duro e tan tristeiro
días en que quixera aniquilarte
de tanto amor como me tinxe o corpo
e me lastima os dentes.

Esta tarde ameite como nunca antes.

(* Hai quen no contorno atlántico-máxico da Torre de Hércules, curamos todo tipo de penas, non só o mal de amores, tamén de humores...)

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.