Cando voltaremos A MAR?

Cando voltaremos A MAR?
TVG: O surf chegou a Zalaeta!

viernes, 2 de enero de 2015

Two month to DANCE in Zalaeta!!

A idea concebida por Pina Baush de poñer a danza ao servicio dos adolescentes para que dende a súa "normalidade" sacudan os seus medos e expresen os sentimentos bailando...
SOÑOS, APERTAS, SORRISOS, SENSACIÓNS, ILUSIÓNS...




Pina Bausch, (1940-2009) foi unha bailarina, coreógrafa e directora alemana de danza contemporánea, moi criticada e influínte na posterior corrente de danza teatro que ela iniciou. 
Experiencias como a de Pina, están chegando a moitos coreógrafos, profesores e alumnado, "Isto é ritmo está facéndose nalgúns centros polo mundo adiante
Si xa vimos "Isto é ritmo"...  

E fixemos unha aproximación a danza da man dos bailaríns do CCG (Centro coreográfico galego)


 Agora sentimos envexa desta outra experiencia-documental que próximamente poderemos ver no cine: FIVE DAYS TO DANCE!!

                     
Nós tamén queremos sumarnos a este tipo de iniciativas, polo que en EF imos innovar, explorar, pedir axudas, queremos que a DANZA IRRUMPA NAS VOSAS VIDAS
 sacudíndoos a pereza, a apatía, o aburrimento, os prexuizos.


Imos bailar deixándonos levar pola música, rompendo coas reglas establecidas do que é bailar. Bailar vai ser ó que ti queras explorar con movementos e sensacións. Aquí tes un anaco de espectáculo non descriptivo, onde 9 bailaríns en accións diversas interelacionan, e non paran...



Este vídeo promocional coa voz da cantante-compositora australiana Sia, arrasa nas redes e non para de recibir premios. Unha nena de 12 anos, gañadora dun reallity show de danza,  pedíulle a Sia bailar coa súa música polo twiter, e esta aceptou, e agora Sia ten varias nominacións aos grammy do 2015. 

A TRAVÉS DA DANZA CONTEMPORÁNEA esta pequena, fará replantexar a moit@s o contido dos videos promocionais musicais, e ese  modo de moda de amosar mulleres exhuberantemente recauchutadas como obxectos sexuais... 

Cando vemos danza contemporánea moita xente non aprecia as dificultades e o valor expresivo, a intensidade dos sentimentos que se transmiten. Esta coreografía ten unha enorme dificultade técnica, hai moitisimo traballo detrás, aínda que pareza que calquera podería bailar asi... 
xa nos gustaría...
 Prepararvos para facer novas propostas coreográficas ou procesos creativos feitos por vos, porque sen duda, hai moito talento en Zalaeta, sacádeo!!
 Queremos ver ó que sodes capaces de facer en cada grupo, en cada clase no I concurso "ALABAILA" porque bailar "te da alas"... 



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.