Cando voltaremos A MAR?

Cando voltaremos A MAR?
TVG: O surf chegou a Zalaeta!

sábado, 11 de junio de 2016

EF: Procesos de aprendizaxe integrais moi enriquecedores!!

Nun contexto físico
A EDUCACIÓN física non vai de reproducir e repetir patróns correctos de movento. Vai de traer a cabeza posta... E ante os retos motrices, probar, buscar solucións, interpretar, validar, e tomar decisións intelixentes!! 
É dicir, son situacións en movemento onde o alumno ten que percatarse e diferenciar
descubrindo na práctica cales son os fundamentos ou claves da súa saúde, da felicidade, dos xogos, deportes, bailes, técnicas de relaxación e autoxestión emocional...
 aplicar as aprendizaxes na súa vida real!!


Hoxe en día non importa ó que sabemos, se non ó que ti sabes facer co que sabes. Que te apaixoa?, que te engancha e fai mellor persoa?, onde procuras os teus "superpoderes"... Por iso dicimos: Sal fora, xoga, comparte, aprende, goza da natureza, dos compañeir@s que enriquecen a túa vida... E tí,  que aportas ao grupo?? 
  Deixade a vosa pegada como grupo!! , danos algo, saca para afora, luce, marca a diferencia e lidera a compañeir@s con máis dificultades...
 A educación é un proceso de dentro a fora!! 
 
 Por iso é tan importante a EDUCACIÓN FÍSICA!! Preguntémoslles a os adolescentes:                    
Por que dúas sesións de 45´ a semana
 saben a pouco??  E isto é o que contestaron:
"É MOITO CÚ NO ASENTO
 E POUCO MOVEMENTO..."


A felicidade non é ningunha frivolidade, é a túa saude
 (mental-física-emocional)
"AS CLASES VIVIDAS CON EMOCIÓN DAN MOITO SUBIDÓN"

Sabemos que os baremos ou estándares que se empregan para medir o éxito (fama, o poder e o diñeiro)  no mundo están totalmente desfasados... 

E que non foi posible desenvolver as competencias básicas da loe nin será coas  COMPETENCIAS CLAVE da lomce  coas esixencias do actual desmesurado e inaxeitado curriculum. Non é humanamente posible!!. Por unha banda din "os reformadores" que a nota non é o máis importante que son as competencias clave???? Cando na práctica o único que importa é a nota, que é o que lle importa a un profesor, e demanda a familia do alumn@ para a selectividad, reválidasss... para estudar un ciclo, ir a universidade... O único que segue  importando é unha nota!!! que peeeena!!!!!

E onde quedan as necesidades reais dos moz@s??? Onde queda relegada a cidadanía a humanidade, a diversidade, o tempo para xogar e compartir na natureza, a vida real dos nen@s e satisfactoria....????? Ou seguimos fabricando e medicando aos cada vez máis TDAH??? 

E cales son as realidades dos nosos institutos??? Formación do profesorado e valoración social do noso traballo???.... Facemos ó que sabemos e podemos, dende a humildade e con enorme ilusión e gañas de superación!!  Asi que motivémonos!!!!


Sen o ingrediente da MOTIVACIÓN, sen asumir retos, non hai prácticas significativas, polo que:
- Traballamos dun xeito interdisciplinar e en equipo

- Valoramos máis o esforzo, a xente que intenta superarse, non tanto o resultado.

- Queremos alumn@s activos, responsables para traballar con autonomía e criterio propio. Fomentamos a autoavaliación segundo rúbricas e a disciplina positiva.

- Con sólidos principios humanísticos e cívicos, cremos no benestar social e confianza, fomentamos que o alumnado máis capaz e con máis habilidades motrices e sociais axude aos compañeir@s con dificultades para establecer lazos entre compañeir@s.

- Desenvolvemos contidos útiles para que podan aplicalos na súa vida.

- Escoitamos ao alumnado e temos en conta o seu grado de satisfacción.  E na medida do posible, seguimos as esixencias desmesuradas e ireeais do curriculum oficial a vez que temos en conta a realidade dos adolescentes: necesidades, gustos, preferencias, diversidade ou humanidade!!


Como podemos potenciar a motivación intrínseca dos adolescentes  mellorando as nosas prácticas? Mais e mellor EDUCACIÓN FÍSICA:

http://www.aulaplaneta.com/2016/03/30/recursos-tic/como-motivar-tus-alumnos-aprender-en-cinco-pasos/index.html

http://www.aulaplaneta.com/2016/04/01/recursos-tic/ocho-fuentes-para-aprender-sobre-nuevas-metodologias-y-aplicarlas-en-el-aula/index.html

http://blog.tiching.com/10-peliculas-imprescindibles-para-una-educacion-alternativa/







E a frase máis "mítica" (tópicazo ou trendin topic) de EF:
"Profe hoy no puedo hacer GIMNASIA...???

Se fora fácil facer GIMNASIA faríamola tod@s... Este deporte individual é moi moi esixente, tanto no ámbito motriz como de ter cabesiña  e de xestión emocional. Os xuices queren a perfección, cando a perfección non existe... bueno si chámase Nadia Comanecci (é ista si que é un mito).
 Nós tamén temos alumn@s 10 en EDUCACIÓN FÍSICA!! 
que fan, ou non "GIMNASIA"...

Anail grazas por compartir con nós este "aparatoso" vídeo, pero sobre todo polas aportacións ao teu grupo, deportivas, artísticas e humanas!! Ti e tod@s os que cultivades paixóns tan esixentes tedes un meritaso enormeeeeee!!!!!!!!!! Sacar tempo con este sistema educativo....
Vaia superpoderes que tedes!!!!!!!!!!!

Non vos perdades este libro historiado sobre a vida desa nena, é mellor que a película...Vai de deporte, vida, utilización do deporte e vida de nen@s para maior prestixio dun país... na época da guerra fría... noooon agora non hai tal cousa... ja,ja



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.