Cando voltaremos A MAR?

Cando voltaremos A MAR?
TVG: O surf chegou a Zalaeta!

jueves, 1 de septiembre de 2016

Benvid@s a VIDA escolar neste novo curso 2016-17

Estimad@s alumn@s, familias, titores, compañeir@s, a educación sen EDUCACIÓN FÍSICA
 non ten sentido ningún!!!!! 

POR QUE DARLLE VALOR A EDUCACIÓN FÍSICA?
Porque implica movemento, accións, toma de decisións, habilidades sociais e traballo en equipo, xestión emocional ou motivarse e superar a frustración, na búsqueda da superación!!
O poder de educar na cultura do AÍNDA NON!!
O PODER DE CRER EN TI, 
DE CRER QUE TI PODES SER MELLOR!! 
  Non podes influir no comportamento do mar, non podes deter ou cambiar as ondas…Pero si podes  APRENDER A SURFEAR NAS ONDAS E NA VIDA… 
Ánimo, valor e MEDO!!

ELOXIANDO NON SÓ INTELIXENCIA, 
 TALENTO OU  RESULTADOS,

 O MÁIS IMPORTANTE é o PROGRESO e o PROCESO!! 


Escoitar a Carol Dweck neste TED da moitas ganas de facelo ben, porque siiiii podemos ser máis intelixentes se queremos selo e loitamos por superarnos!!
Con   MENTALIDADE DE DESENVOLVEMENTO PERSOAL, ou sen temor ao fracaso, sen necesidade de facer trampas, buscar outr@s peores que min para sentirme ben eu, ou fuxir das dificultades por medo ao error e ao que pensarán e dirán de min, hostilidades...


 Podemos redefinir o esforzo e a dificultade para axudar aos nen@s a medrar fortes, resistentes, competentes, e seguros confiando nas súas enormes posibilidades!!

Alumn@s, familias, profesores, titores, orientadora, xefa de estudos, e dirección!! Aínda non o fixemos suficientemente ben!! Aínda temos moit@s rapaces aos que non lles cambiamos a vida a mellor, que teñen sensación de fracaso...



En EDUCACIÓN FÍSICA baseamos as nosas prácticas reflexivas nos seguintes principios:
1- Educación integral para a saúde e o benestar social
2- Esforzo e superación persoal no ámbito físico-intelectual e afectivo social
3- Confianza nun mesmo e nos demais
4- Cooperación e satisfacción persoal

MÓVETE!!


Plans e accións para o fomento da actividade física e contra o sedentarismo en galicia:





Valeee, preparad@ para buscar información e facer argumentacións e refutar estas afirmacións:

- "A EF é totalmente prescindible, déixate de correr, saltar e bailar, e ponte estudar matemáticas e lingoa que é o que de verdade importa"

- "Mentras teña intelixencia ó corpo a min non me preocupa o máis mínimo"

- "Molesto en clase, pero saco boas notas , a min que me importa que os meus compañeir@s non aprendan, ese é o seu problema"

- "De sherpa no Himalaia quero un bo guía, estou a xogarme a vida. Pero dun profesor podo non fiarme, total para ó que me ensina"

- "Corres como unha nena... e todos os sabemos como corren de ridículas as nenas"

- "Nos xogos olímpicos de Río 2016 enriquecéuse o país e os atletas que participaron"

Vai procurándote información para ir facendo un guión, porque terás que facer unha exposición oral de 3´en clase aos teus compañeir@s!!  

Xa sabes que actividade deportiva vas facer este curso, aquí no insti tes estas opcións:

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.