Cando voltaremos A MAR?

Cando voltaremos A MAR?
TVG: O surf chegou a Zalaeta!

viernes, 4 de noviembre de 2016

Coidado co IOGA INTEGRAL, é sumamente perigoso...!!!

É unha perda de tempo, é algo totalmente prescindible, incluso pouco recomendable, e podería ata resultar pernicioso… En EF aínda podería ter sentido estar relaxados, atentos e content@s porque son requisitos para interiorizar e posibilitar APRENDIZAXES SIGNIFICATIVAS AFECTIVAS E EFECTIVAS co corpo-mente-emocións.


Pero facer relaxación vivencial nas aulas é outra cousa, e ter en conta a corporalidade na aula é un erro enorme, dános posibilidades de SENTIR:

- Sentir agrado e goce vivenciando momentos de atención, tranquilidade, silencio , risas, complicidade… Aillando a mente dos problemas, levándoa a un estado de ánimo e benestar que xere biorritmos positivos ou un bo karma…

- Sentir a realidade mellorable de cada un de nós.  Saber na aula escoitarnos, comprendernos e aceptarnos vai axudarnos a mellorar o RENDIMENTO ESCOLAR, a educarnos para conservar a SAÚDE e a ter mellor  AUTOESTIMA ou tratarnos ben, querernos, mimarnos.

- Sentir paz, afecto e ÉTICA DO COIDADO polos demais. Aprendendo a coidar aos que senten inseguridades ou medos, practicando unha conviencia positiva e integradora. Respectando e responsabilizádonos de que esteamos cómodos e a gusto tod@s. Establecendo relacións contrutivas, non de dominio-sumisión. Tod@s contamos, tod@s somos diferentes pero moi válidos, non hai ninguén que nos sexa indiferente, ou que se crea máis que ninguén… porque tod@s somos valorados e tratados con afecto e admiración.

   Se ata os esit@s de 1ºB parecen boa xente...ja,ja

COMO É O NOSO GRUPO? QUE SENTIMOS?
  QUE TEMOS QUE MELLORAR?
Apliquemos a vida real o aprendido en ioga integral, temos a intelixencia, a sensibilidade, a vontade e a forza ou poderío de conectar corpo-mente-emocións para sentirte invencible como o príncipe guerreiro que fai 5.000 anos facía o saúdo ao sol… Entre tod@s podemos se queremos facer un bo grupo, adiante valentes!! Quérelo?? Pois demandemos Ioga tamén nas aulas para ter máis forza e loitar pola igualdade e contra as inxustizas!!! Xa vos dicíamos que facer ioga é perigoso, estades avisad@s!!!






ÁNIMO GUERREIR@S... aummmmmm!!!!!!

Que letras do alfabeto emocional practicas,,,??
Como inciden as emocións no  corpo e na  mente... 






No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.