Cando voltaremos A MAR?

Cando voltaremos A MAR?
TVG: O surf chegou a Zalaeta!

jueves, 7 de septiembre de 2017

Five days to DANCE!! e moitos días máis por diante...

BENVID@S a un ilusionante novo curso 2017-18!!
Queremos que haxa 10 horas de EF a semana, pois fagámolo!!
En infantil non paran de moverse, en primaria aínda se moven,
porque paran aos 12 anos??
https://www.nytimes.com/es/2017/03/28/los-ninos-no-deben-estar-quietos-en-clase/?smid=fb-share-es

 HORARIO DE ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES
Organizadas polo departamento de EF


ACT compl/ extras
1ª AVALIACIÓN
2ª AVALIACIÓN
3ª AVALIACIÓN
1º ESO
Ioga, exp corporal, AF na natureza en horario lectivo: Bici, escalada, surf, piragüismo...
2º ESO
BLUE WEEK
(1º ESO tamén)
ESQUÍ/SNOW 7/12 Xaneiro
PIRAGÜISMO            
3º ESO
ESCALADA E SENDEIRISMO
4º ESO
Colaboracións con departamentos e intercambio alumnado extranxeiro

RAFTING
1º BACH

2º BACH
ALC: Elixen é posible practicas deportivas, exterior…









E ti, activas o teu centro??
Queres ver vídeos colaborativos feitos por alumn@s motis pola súa EDUCACIÓN e SAÚDE:
Organizadas polos Clubs e Ampa. VOLEI NO PAVILLÓN

XIMN.
LUNS
MARTES
MÉRCORES
XOVES
VENRES
16:30-
17:30
BALONCESTO
ESO

   CLASES
BALONCESTO
ESO
Axedrez
BALONCESTO
BACH.
Axedrez
VOLEI Infantil (16:30-18:30)

TEATRO

17:30-
18:30
BALONCESTO
BACH.
ESGRIMA 17:30-19:30
(Laser run 18:30- 19:45)
VOLEI Infantil    (18-20)

CAPOEIRA
18:30-
19:30
ESGRIMA
(Laser run 18:30- 19:45)
VOLEI Infantil (18:30-20:15)
PARKOUR
INICIAC.
18:30-19:15



PARKOUR
AVANZADO
19:30-
20:30
19:15-20:30
CAPOEIRA
ESGRIMA



 VOLEIBOL feminino: Alevín, infantil, cadete A,B e Xuvenil.

ACTIVIDADES DE BENVIDA:
3º e 4º ESO - ESCALADA NO PETÓN Martes 26 Setembro
2º ESO-  BLUE WEEK  Opción A ou B Semana do 2 ao 6 de Outubro
1º ESO - Semana do 25 ao 29:  Iniciación WATERPOLO piscina Club San Amaro
Isto é o comezo dun curso con proxectos moi chulos...


Nun 1º ESO aínda por determinar, coa axuda de bailaríns profesionais de Danza imos facer 
ALGO MOI BONITO!!, ides facer, ALGO MOI VOSO!!

As mulleres coas que estamos a soñar e facer realidade este proxecto de expandir a DANZA, a través destas propostas do TRC Danza https://www.pe-trcdanza.gal/ 
convídannos a seguir desenvolvendo  complicidades. Agora estamos argallando con elas e para vos algo brutal, aquí tedes para ir facendo corpo e ilusionando mentes...


Tedes a forza e o poder!!
Ti tes valor por ser quen és e como és!!
Sigamos construindo corpos e mentes libres de prexuizos, que saiban gozar  dun mesm@, da natureza, dos amig@s, das distintas expresións artísticas... Nos 2ºs ESO imos facer unha UDI: "Somos luz...Somos reflexo" na que estamos argallando, queremos contar a historia da humanidade a través da expresión corporal e danza... Precisamos guionistas e xente sin vergüenza...

A DANZA vai axudarnos a recoñecernos e construir a nosa personalidade ou identidade corporal-mental-emocional e social, a nosa autoestima ou benquerencia, expresarnos co corpo axuda ao noso benestar,  libérarnos, danos valor ou fainos voar!!

Tod@s estamos expostos  ao poder enorme da publicidade, presión dos medios, imposicións sociais e de modas ou cánones de beleza irreais e perversos!!... Queren que as mulleres teñamos a pel perfecta, sen imperfeccións faciais, pelo brillante, sedoso, medidas perfectas, uñas moi extendidas...?? Nunha sociedade tan consumista como a nosa, hai que xerar demanda para comprar produtos e deixar de ser imperfecta... Queren que sintámonos feas, gordas, baixas, inseguras e dependentes para ser felices buscando a aceptación nos demais, fora dun... E os demais só van aceptarte se és guapa, sexy e mellor caladiña...
A industria saca moi bo partido se non estamos a gusto no noso corpo!! Pois non é así, se ti estás a gusto no teu corpo, se es quen de sentirte bonit@, porque estás satisfeita contigo mesm@, se te aceptas tal como és, os demais tamén van aceptarte, non tes que parecer algo para ser aceptada no grupo. Con VÉNCETE!! , temos que vencer os nosos medos e inseguridades, non tes que darlle tanto valor a como te van valorar ou xulgar os demais, ti es quen tes que darte valor, gustarte, quererte e ter a túa opinión, saber ó que che gusta ou te convén a ti...

E como podemos axudar aos adolescentes a medrar  destemidos? Como podemos axudar a construir seres plenos e felices? Como din dende o TRC:

"A danza é unha ferramenta poderosa de expresión, autocoñecemento e aprendizaxe así como unha experiencia vital individual e grupal." 

Dinnos: "Imos activar o Proxecto MASA (Mover As Aulas)  que aborda a normalización da danza e da creación contemporánea na comunidade adolescente da nosa cidade dentro das aulas de secundaria.
MASA brinda a oportunidade ao alumnado de formar parte dun proceso de creación da man dunha artista local quen, a través de varias sesións traballará cun grupo de entre 1º da ESO e 2º de Bacherelato tendo como cómplice ao profesorado implicado.  Imos traballar na construción dunha peza conxunta entre todas as persoas participantes. Esta creación final será presentada ao público no Teatro Rosalía de Castro no mes de decembro. Aínda que a presentación final no teatro importe, non eclipsará o proceso de creación alimentado polas individualidades de cada participante. Buscamos un centro cómplice activo do proxecto, por iso será preciso un compromiso forte por parte do centro de acompañar o proxecto da forma máis arroupada posible. O profesorado involucrado terá unha posición co-protagonista no desenvolvemento de cada unha das sesións..."

 Queremos que vos, o alumnado sexades os verdadeiros protagonistas deste proxecto tan rico...  

READY...??? GOOO!!!!! GOzala!!!!
Programación TRCDanza:
https://www.pe-trcdanza.gal/copia-de-programatrcdanza2016-gal?utm_campaign=20517f84ba-EMAIL_CAMPAIGN_2017_05_15&utm_medium=email&utm_source=Contactos_PE_TRCDanza&utm_term=0_d0f6c9b61a-20517f84ba-140524189
Estas son as próximas... aí podedes ver vídeos tamén...  pero hai moitas e moi boas opcións máis para                                        deixarte levar por propostas escénicas interesantes...

 Esta de  Toni Jodar é totalmente imperdible!!
                                  Ides perdervos esta Historia viva da Danza...??


Toni Jodar ilustra, co seu propio corpo, a historia da danza nunha “performance pedagóxica”, a cabalo entre a conferencia e a performance, co humor como arma.
Unha oportunidade de ouro para deixarnos levar pola evolución do clásico ao contemporáneo, polos diversos xéneros e formas que encontrou o corpo para expresarse en movemento ao longo da historia. Isadora Duncan, Martha Graham, José Limón, Merce Cunningham, Mary Wigman, Pina Bausch…
 Persoaxes fundamentais da historia da danza traducidos en vivo en corpo e voz por Toni Jodar.




 E  para vir bailar a clase mellor maquilladas... Neste tutorial con moito sentido do humor podedes reflexionar... 
A idea é:"Si no te pareces a Kim Kardashian, hay algo que estás haciendo mal. Despiértate dos horas antes  e invierte más de 600 € en maquillje. La actriz Ana Vayón te enseña cómo hacer que la gente te valore solo por tu imagen." 
Están a dicirte,  nena terás que gastar moito máis do necesario en roupa, calzado, colonias, ximnasios, tatuaxes, maquillaxes... para ter éxito na vida... ??

Hai un potente imperativo de hipersexualización tempran, hai que consumir un tipo de música, baile, roupa e accesorios fashion para ser sexy ou guai... e ti que opinas? Nós poñemos o foco ou prendemos a luz para que vexas... a mirar tes que aprender ti...


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.