Cando voltaremos A MAR?

Cando voltaremos A MAR?
TVG: O surf chegou a Zalaeta!

domingo, 17 de diciembre de 2017

"GALAXIA CROQUETA" : Ánxela Blanco facendo voar a 1ºA

ÁNXELA BLANCO chegou ao noso insti e cunha encomiable entrega fíxonos sair da zona de confort, e dende a premisa de crer en nós e cada quen ir sumando... Chegamos a  gozar nunha actuación no TEATRO ROSALÍA DE CASTRO.

Ese día compartimos escenario cun grupo da Escola de Danza cunha peza titulada Antonio, que aínda non vimos, nese momento nós estábamos no camerino.
 Aquí ambos grupos no pase ou ensaio no teatro.

Foi o mércores 13 de decembro e sentímolo como un enorme triunfo, que agradecemos a Ánxela por toda a enorme profesionalidade e afecto con que tratou ao noso alumnado en todo momento. Grazas tamén a Katerina e Andrea por ese apoio incondicional, que fai posible que un grupo dun instituto poda coñecer e valorar as artes escénicas, e sentirse parte da historia do teatro, sentíndoo como algo máis noso...

Ánxela pedíulles aos nen@s no proceso creativo que xogaran, saltaran, contaran, cantaran, crearan, bailaran... pero sobre todo que non tiveran medo a equivocarse ou facer as cousas mal... e todo isto gozando,!!   asi foi como nesa complicidade do proxecto de Danza expandida do TRCDanza, programa MASA (Mover as aulas) fixemos croquetas moi ricas, ata conformar a nosa propia galaxia...

Gocemos nas aulas, aínda que o sistema educativo sexa moi mellorable, aínda que este sexa un mundo moi absurdo, dos mundos posibles este é o único que coñecemos pora ahora... Hai outras galaxias con máis que probables condicións aptas para outras vidas, pero quedan moi lonxe... polo que é mellor inventarnos nós outras galaxias e outros mundos posibles... 

Agradecemos as familias que ese día colaboraran xenerosamente con nós, metendo as mans na masa e facendo algo tan delicioso para compartir entre tod@s, para celebrar que foi un éxito, para celebrarnos, somos 1ºA e sabemos asumir retos e facer as cousas moi ben!!  GRAZAS a tod@s por superar atrancos, botarlle cara para sair a actuar no escenario, sodes uns valentes!! E asi pouco a pouco seguir achegándonos a esta revolución lenta e non violenta que facemos en Zalaeta derrochando:
 ILUSIÓN, EMOCIÓN e IMAXINACIÓN
Tedes moito mérito, pronto colgaremos aquí vídeo e fotos, será como un precioso agasallo de Nadal...

https://www.facebook.com/trcdanza/

Ánxela non é a primeira vez que colabora con nós... nin será a última...  no seu espectáculo de DANZA CONTEMPORÁNEA"Ulises e a nena durmida" está que se sáe...

https://movendocu.blogspot.com.es/2017/05/anxela-blanco-con-ulises-e-nena-durmida.html

Tamén temos que agradecer a Mario o Vicedirector da Escola Pablo Picasso e a Concha a profesora que veu cun grupiño de alumn@s facernos fotos.


Que sería dunha educación sen EDUCACIÓN FÍSICA...? Gustaríavos que fose diaria en ESO? Por que? Xa vos dixemos a principio de curso que é a mellor asignatura de todas, non si?...ja,ja


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.