Cando voltaremos A MAR?

Cando voltaremos A MAR?
TVG: O surf chegou a Zalaeta!

lunes, 22 de enero de 2018

Que se che pasa pola cabeza cando bailas? GOZAS??

Como pensamos? cales son as emocións? como inciden estas no noso cerebro cando bailamos? 


Por que? nalgúns lugares onde as mulleres teñen que tapar todo o seu corpo para non ser expostas as miradas dos homes... é clandestino bailar??

http://www.lavanguardia.com/internacional/20180201/44445964705/arabia-saudi-ordena-detencion-dos-jovenes-bailan-calle.html
Expresión e baile: UD de INDAGACIÓN “Somos luz…Somos reflexo”
Dende que a humanidade, fai máis dun millón de anos, botámonos a andar, sempre bailamos. Aínda que por diferentes motivos ou formas. Bailar pode facerse dende os 0 aos 90 anos, só, en parella ou en grupo.
1-      Define para ti que é baile?

2-      Indica a través de que medio ou ámbito aprendiches a bailar
Amig@s           Familia             Internet          Escola              Ximnasio ou escola de baile
En ningún                          Outros
4-Moi bo
3-Bo
2-Medio
1-Baixo
3-      O meu coñecemento e práctica de expresión, teatro, baile, música, canto é


4-      Fai unha avaliación inicial e reflexiona por que che gusta ou non bailar
ASPECTOS RELEVANTES BAILANDO
4/1
Ritmo

Coordinación

Linguaxe corporal e expresividade

Sensacións cinestésicas e memoria motriz. Percepción espacial

Equilibrio e control motor.

Motivación e impulso de logro

Habilidades sociais e boa xestión dos conflitos

Capacidade de control tónico e de relaxarte

Satisfacción, confianza, amabilidade, optimismo ou etapa “lumínica”

Bo autoconcepto e aceptación da autoimaxe corporal


5-      Debate con argumentos: “O baile é cousa de nenas”

“As artes plásticas, teatro, música, danza... están moi valoradas na escola”

6-      Cal vai ser a túa achega en relación a etapa histórica que vos tocou, que vas aportar?



Das 5 emocións básicas: Alegría (amarelo) , tristeza (azul), medo (lila), desagrado (verde) e ira (vermello)... Cal foi a emoción que "triunfou" hoxe na túa cabesiña cando estabas bailando soa? en parella? en grupo?...
                                                  
Vai de que significa medrar, madurar...  de entender como configuramos a nosa personalidade a través das emocións... da importancia dos recordos esenciais... As emocións loitan na cabeza dando lugar nesa consola ou control de mandos a pensamentos... a capacidade de razoar en base as nosas emocións, xunto cos recordos estruturan a nosa personalidade... polo que bailar para ti sexa un pesadelo ou un feliz soño... Baila nun rexistro desenfadado e practicando sentido do humor, vas ser máis feliz e aprender máis e mellor...
Vendo esta película entendes como as cousas sempre poden mellorarse e facerse máis divertidas ou non...  Na túa mente está  facer do baile un momento brillante e alegre ou algo gris e triste... Que elixes:  GOZAR ou penar?? O teu lado máis lumínico ou sombrío?

Bailar axuda a conectar neuronas a activar mecanismos cerebrais que procesan  información e emocións, que permiten construir autopistas neuronais de aprendizaxe ou plasticidade cerebral.

Os descubrimentos máis recentes en neurociencia van nesa lina de explor as relacións entre cerebro, contorna, procesos cognitivos e emocionais...   https://elpais.com/elpais/2018/01/16/eps/1516099142_899872.html

A diferencia entre un cerebro entrenado a sentir e pensar na escola un lote de horas e outro que non... é como unha árbore chea de froita e vida en verán ou unha árbore gris, espida en inverno... A cultura é cultivarse, é deixar que medren e bailen as flores...

Ata agora aínda non fixemos baile social en parella, pero imos facelo. É unha forma moi enriquecedora de axudar a quen sabe menos, e recibir axuda de quen sabe máis... En todo o mundo, en Coruña cun pouco de atraso pero tamén, chegou a tolemia do swing , por se pensas que o swing é unha moda parva vintage que non mola... ou que historicamente os hoppers foron xente sen moito criterio... deberías ver esta película:

Bailando swing na súa modalidade de LINDY HOP hai dous papeis leader e follower, non dependen do sexo como tradicionalmente condicionaban os bailes de salón... nós imos intercambilos... o swing é algo máis aberto, inclusivo, gamberro... 

Se aínda non bailaches con Glend Miller en "IN THE MOOD" ou con Benny Goodman en "SING, SING, SING" imos facelo en EF vai preparándote...

OLLO @s que estades a crear guións colaborativos da idade contemporánea, e máis concretamente do SXX hai algúns que queira coñecer más a fondo que é ser un hopper??

 Hai un grupo de xente moi diversa en idade, pensamento e nivel técnico, pero toda encantadora e tola polo swing, ven probar... Invita a túa nai ou pai a vir bailar contigo e con 20 persoas máis... e xulga ti mesm@

   BAILEMOS E INDAGUEMOS:
COMO PODEMOS REPRESENTAR A HISTORIA DA HUMANIDADE A TRAVÉS DA EXPRESIÓN E O BAILE??
Imos facer unha IV Gala "ALABAILA" in creible... virán bailaríns profesionais entregad@s ao mundo da danza contemporánea a aplaudirvos, darvos consellos...


En Zalaeta os nen@s teñen interiorizado que bailar é vida!!!! Ou xogar cun balón cos pés...
Démoslle unha patada aos prexuizos sexistas...

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.