Cando voltaremos A MAR?

Cando voltaremos A MAR?
TVG: O surf chegou a Zalaeta!

lunes, 24 de septiembre de 2018

ZALAETA: Quen dixo medo?

En Zalaeta somos xente destemida que gozamos asumindo retos de superación. 
 Gústanos o noso instituto e sabemos facer grupos onde hai un gran benestar social.
Sabemos valorar ó que temos e agradecer a quen nos facilita ó que nos falta...

Todos os días por vir en ZALAETAcomo canta Serrat: poderían ser un gran día, en parte depende de ti... 
Superado con creces este primeiro reto grupal, a semana que ven imos traer as bicis, tedes que axudarvos. Hai que apoiar, animar e ensinar aos que están en proceso de aprender a andar ou manexarse con seguridade en bicicleta. Procurémonos unha cidade máis amable e sostible, cunha maior concienciación ambiental.


Grazas ao CLUB DO MAR de San Amaro por cedernos en horario escolar de mañá,  unha parte da piscina para poder celebrar  a benvida dos esit@s cunha festa da auga xogando a
WATERPOLO
Grazas as xogadoras Marina (ex-alumna), Raquel e Sara adestradora do
 Club Natación da Coruña por facer posible este achegamento a este balonmán acuático tan divertido. E se queredes máis:  https://www.cncoruna.com/Noticias%20Waterpolo.htm

 Na procura do AUTOCOÑECEMENTO e a AUTOACEPTACIÓN
 Sei pasalo ben compartindo xogos e balón cos meus compañeir@s na piscina? 
ACTITUDE RESPECTUOSA,  RESPONSABLE E AMABLE
 Cal é o meu nivel de adaptación ao medio acuático?
 Síntome a gusto nadando na piscina? e na mar? 
Cal é o meu nivel de Natación? É importante saber nadar en Coruña?
 Comprendín cales son as claves técnicas e tácticas deste deporte de equipo?
 Motiveime intentando meter gol na portería do equipo rival?
 Sei traballar en equipo? Ou vou a "miña bola"?
 Teño habilidades comunicativas?  
 Sei traballar na corresponsabilidade compartida nenas e nenos?
 Recoñezo o mérito cando fai unha xogada bonita o outro equipo?
Sei cumprir coas regras de xogo?
 Cando teño dudas, pregunto?
  Son capaz de ter AUTOREGULACIÓN E CONTROL? 
 Sei ter iniciativa en ataque?
 Sei valorar o esforzo e acertos dos rivais?
 Baixamos a defender?
 Os nenos son mellores que as nenas facendo deporte?
 Estaban equilibrados os equipos e había gañas de gañar?
 Pedindo o balón ou facendo natación sincronizada artística?...ja,ja
 Hai quen foi a lúa por primeira vez... e ten moito mérito 
é moi bonito recoñer ,  apoiar
 alegrarnos cando os nosos compañeir@s están a superarse
Hai quen nada pola piscina coma un peixe, ou pescada... ja,ja
Nada como nadar para logo compartir xogos con balón
 Ao principio había quen estaba pegad@ ao balón
 Ata que vimos que o balón é máis obediente do que parecía...
 Que levante a man que estea atendendo a Sara
 Consigamos goles como soles
Que bonito é xogar
 Que bonito é rir
 Que bonito e sentir que nun grupo contan contigo
GUAP@S!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.