Cando voltaremos A MAR?

Cando voltaremos A MAR?
TVG: O surf chegou a Zalaeta!

lunes, 7 de enero de 2019

¡Bailando, imos pasalo de CINE!

Hai quen é "extravagante" e di que o alumnado do mundo mundial ten carencias importantes de:
VALORES, CREER, PENSAMENTO INDEPENDENTE,
 TRABALLO EN EQUIPO, e COIDADO AOS DEMAIS
Pois por esos motivos BAILAMOS MOTIVAD@S...

Imos ver a historia da danza ao longo das idades da humanidade. Pensade ao grande!!, creade a vosa película con diversión e diversidade, con coñecemento e discernimento.

 Apoiándonos no CINE para inspirarnos con referentes de cada etapa.  Tedes que curiosear
é unha Unidade Didáctica de INDAGACIÓN e CREACIÓN

 - Cada grupo elexistes unha peli, hai que vela e destripala. Sabendo vela ou situala no espazo-tempo, con coñecemento desa etapa, características sociais... e dende o xuizo crítico analizar e logo facer guións por grupos. Propoñendo 3 ou 4 escenas cada grupo, elexir as mellores e logo representala con total liberdade no rexistro que elixades. Tedes que distribuiros ben o traballo, establecer responsables das escenas, e sobre todo tedes que axudarvos e coidarvos para superar medos escénicos...
Hai que contala, cantala, expresala co corpo, instrumentos... 
do xeito máis expresivo e comunicativo posible.

1ºA- La niña del exorcista (Neste caso non imos vela, a nosa adaptación será total, vai discurrir no ámbito académico. Que feitos poden nun instituto facer que alguén tolee ata endemoniar?ja,ja)
1ºB- Titanic
1ºC- El gran showman
1ºD- Corazón de tinta
2ºA- West side history
2ºB- Grease
2ºC- El padrino
2ºD- Sufragistas

 APRENDAMOS A MIRAR AS ARTES CON  
 MAIOR LIBERDADE ou menos prexuizos

Ordenamos ou estructuramos non para chapar,
se non para entender o mundo dun xeito integral 
PREHISTORIA
Dende o comezo dos tempos os sons rítmicos da respiración, o corazón, unha pinga repiqueteando... acompañan a vida dos humanos. Antes da escritura foi a numeración.
 ¿Que foi antes a música ou a danza? isto é igual que preguntarse foi ¿O ovo ou a galiña? Ó importante é que a música daba acougo, facía comunidade. Danzando coa percusión con paos, pedras, osos, pel de animais estiradas... celebraban a vida, as unións ou bodas, traer fillos sans, despedir a un morto, ter boa caza ou colleitas... danzaban como acougo ou refuxio, cunha finalidade utilitaria e para trascender.


E chegou o lume... A función crea o órgano, ou é ao revés?
 


Hª ANTIGA: GRECIA E ROMA
Foron os gregos os primeiros en darlle a danza una consideración de ARTE.
Toda a nosa cultura occidental: ideas, literatura, teatro, música/danza, escultura todo cunhas proporcións matemáticas e estética de proporción, simetría, harmonía, orden... Cos instrumentos de corda, vento, percusión... A danza tivo a súa propia musa: Terpsicore
Nace ese neno Deus chamado Cristo nace o Cristianismo

 Que aportou a humanidade a astronomía?

Por que todos os camiños levaban a Roma?

A vida de Cristo contada con pouca seriedade, silbando e mirando para outro lado... É irreverente?


Hª MEDIEVAL
Mentras os cristiáns construían catedrais primero románicas e logo góticas, se esculpía en pedras se pintaba en táboas e se facían tapices. Na india xa tiñan o número 0, chegan a Europa os números arábigo-hindúes.  Momento relevante na música occidental: xurde a polifonía. Eses celestetiais cantos gregorianos. O precursor do piano.

-  As danzas relixiosas nas prazas. Danzar era para darlle forza a oración, para diferenciar o ben do mal, para que Deus vencera a Satán. A mente era algo nobre, o corpo era pecador, tiña moi mala reputación.
- Os trovadores e danzas cortesanas nos castelos para enteter aos reis, nobres e cabaleiros dos asuntos da guerra. As peregrinacións.
Despois brúxula, pólvora, a imprenta para conservar e difundir o coñecemento.

Que feitos misteriosos ocurrían nos mosterios de película? É creíble todo ó que alí sucede?

Que principios movían aos cabaleiros a loitar nas cruzadas?
 


Hª MODERNA
Descubrimento de América. Heliocentrismo. Lei de Gravitación universal e mecánica celeste. As leis do movemento do corpo, a análise matemática e o cálculo diferencial. Chega a idea da perspectiva. Os grandes movementos artístico culturais: RENACEMENTO, BARROCO, NEOCLÁSICO
Desenvólvese a música culta, clásica especialmente instrumentos de corda frotada, o violín. Grandes compositores. Nace a ópera, o Ballet de cour; pasos de baile da corte. Teatro, óperas e
ballets só para reis e élites.Pigmentos naturais e sintéticos de calidade, durabilidade. Óleos en lienzos.

S.XV  O ballet orixinóuse no Renacemento en ITALIA. Como baile de nobreza a música, a interpretación corporal, verbal, poesía, canto, desfiles, decoración, vestimenta, todo era suntuoso e palaciego.

No S XVII o Rey Sol (Luis XIV) en FRANCIA, un apaixoado da danza.Trae a un profesor de baile de Italia e establece a Academia Royale de Dance e comezan a codificarse os pasos: plié, relevé....O ballet inspirado no xogo teatral o bailaban os homes con tacóns, isto exportóuse a todas as cortes europeas.
ILUSTRACIÓN SXVIII  Profundos cambios sociales y culturales. Revolución Francesa (1789) Enorme fe en el progreso. Siglo de las Luces.

Las misiones Jesuitas en América, la religión, el tráfico de esclavos, la cultura, el poder, la política...

Cómo vive o Rei Sol...? E cómo morre hai outra peli... "A morte de Luis XIV"


Hª CONTEMPORÁNE
 A ciencia avanza moito, a evolución das especies, xenética, idea de átomo e química, electromagnetismo, relatividade, física cuántica... Fotografía, bombilla, telégrafo, radio, teléfono, TV, medios de transporte... ir a lúa... Primeiros ordenadores... satélites, móbiles, gps, enseñería xenética, robótica... enerxías renovables, sostenibilidade medioambiental...

Movementos artístico ROMANTICISMO reacción contra o clasicismo.Virtuosismo instrumental e vocal. Movemento cultural: Nacionalismo. Bailes flolklóricos. Bailes de salón.
Coa revolución industrial as pinturas e os lienzos con calidade e durabilidade, ao aire libre. Outras pinturas diversidade de técnicas.

Cos enormes cambios sociais a raíz da Revolución Francesa  as élites aristocráticas fuxen a RUSIA, Alí se desenvolve o ballet romántico sobre puntas y tutús. A bailarina convértese na intérprete do baile. Fronte as restriccións da mecanización e industrialización, liberdade, imaxinación, exotismo polo momento colonial... fluidez, mulleres fráxiles flotando cual sílfides....
Establécense compañía de ballet en todos os teatros de ópera en todas as cidades de Europa.

S.XX coa Revolución Rusa o ballet non é rexeitado en Rusia, é unha grande fortaleza da ideoloxía comunista, virtuosismo técnico soviético de máxima esixencia.

Hai bailaríns que buscan máis liberdade expresiva e noutros ámbitos personais e marchan de volta a Francia e a América. Aparecen as vangardas. EEUU é clave no desenvolvemento desas liberdades artísticas. O ballet clásico da paso ao neoclásico, danza moderna, postmoderna, contemporánea

Cando habera...? Libertad? Igualdad?, Fraternidad? Justicia?... Lucha de clases (sociales)
 
La gran guerra. I Guerra mundial.
En la Rusia Zarista injusticias de clase a bordo...
Hundiéndose la ilusión de que la ciencia, el progreso salvarían a la humanidad...
 Pioneras mujeres luchando por su dignidad, por nuestra dignidad...
Historia de amor en Berlín con los nazis en pleno ascenso
Un hombre arriesgando su vida para salvar a judíos de muerte anunciada
Historias de espías en la guerra fría entre ambos bloques
Un hijo que quiere hacerle creer a su madre que la vida no cambió tras la caída del muro...

FUTURO
Que está a dicirnos a ciencia? A onde chega a nosa tecnoloxía?

Cara onde imos como sociedade?
Que tipo de robots fan falla na terra que está por vir?

                                        E SEGUINDO COA DANZA... 

Precursores das VANGARDAS da DANZA Séculos XIX e XX para que busquedes información e preparedes as exposicións orais:
Noverre. María Taglión. Petipa. Tchaikovsky. Anna Paulova. R.Nureyev, María plyssetskaia. SDiaghilev. Balanchine. Foquine. Luoie Fuller. Isadora Duncan. Marta Graham, Limón. M.Cunninghan. Barisnikov. Bob Fose. Alvin Ailey. Alicia Alonso. Maurice Bejart. Mary Wigman. Pina Baush...
APRENDAMOS A APREZAR AS ARTES  
Evolución da danza ata a actualidade no mundo, en España, en Galicia
- As artes escénicas do movemento caracterízanse por:  HIBRIDACIÓN: mezclándose co flamenco, musical americano, foxtrot, charlestón, claqué, chachachá, tango, bolero, pasodoble, rumba, samba, conga, merengue, salsa, twist, swing, rock and roll, breakdance, music hall, jazz dance, swing,  happening, performance, teatro, poesía, artes marciais, circo, humor, artes plásticas, contact, danza-vídeo... aglutinándose todo nas artes vivas do movemento!!


- É unha Danza social integradora, para tod@s os corpos,  ruptura de roles de xénero, bailar diversidade, desnudez,  video danza, revisión, movementos con secuencias repetitivas en bucle, bailar para e dende dentro... Creadores, institucións, espazos, programacións, ciclos, formación, talleres abertos con artistas recoñecidos...

A ver no ámbito da Danza española , ¿Coñecedes a Antonio Gades,  Nacho Duato, Juaquín Cortés e a quén máis? A algunha muller?

- S XX e SXXI mulleres españolas, coreógrafas, bailarinas, empresarias, hai moitisimas e grandes e (recoñecidas en su casa e nun pequeno círculo "pechado"da danza)
 Anna Maleras, La Ribot, Blanca Calvo, Carmen Werner, Elena Córdoba, Ángels Margarit, Sol Picó, Marta Carrasco, Judith, Luz Arcas, Poliana Lima, Amalia Fdez, Cuqui Jerez, Marina Mascarell, Roser López, Sara Cano, Rocío Molina, Leonor Leal, Olga Pericet, Maria Antonia Oliver, María Muñoz, Nuria Sotelo... Que compañías crearon? Cales son as súas obras máis representativas?...

Hai que abrir a Danza a sociedade, hai que aproveitala como ferramenta educativa e de cohesión social. En Zalaeta coñecedes a algúnha bailarina galega? E da nosa cidade?

- Exemplos de quenes están poñendo en escena os seus soños... 
Janet Novás, Mónica de Nut, Ruth Balvís, Cris Blanco, Caterina Varela, Ánxela Blanco, Cris Vilariño
Exemplo dunha moza que gravou a outra. Cadencia é para ver con paciencia...


     A ver que pelis "imperdibles" propuxeron os vosos profes... preguntarlles...

MÚSICA



CIENCIAS





FÍSICA E QÚIMICA


 

LENGUA ESPAÑOLA Y LITERATURA





GREGO E LATÍN









No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.