Cando voltaremos A MAR?

Cando voltaremos A MAR?
TVG: O surf chegou a Zalaeta!

jueves, 7 de marzo de 2019

"ALABAILA" ou a festa dos corpos LIBRES en movemento!!

En un centro educativo la formación, la educación, la cultura nos importa. Nos gusta escucharos, nos importan tus opiniones, tus gustos, tus músicas, tus bailes pero NO PODEMOS, NO QUEREMOS normalizar la violencia y cosificación de la mujer por muy bien que suenen esos mensajes colados bajo un ritmo pegadizo que provoca y mucho bailarlos... 

Fagamos un proceso ALABAILA ou festa dos corpos libres. 
Libres para elixir con criterio e celebrar bailando a dignidade humana. 

LIBRES  TOD@S!!
Elexide a vosa música, cada grupo deberá canalizar adecuadamente ou encaixar os vosos gustos neste contexto educativo, nesta metodoloxía didáctica activa, polo que non está permitido pisotear os dereitos humanos das mulleres ou doutros colectivos vulnerables ou "raritos". En Zalaeta gozamos bailando tod@s!! o baile  ou o teatro non son exclusivamente para @s que poseen virtuosismo técnico especializado. Para poder bailar non hai que ter un corpo perfecto, que no caso das mulleres xa sabemos que ten que ser "sexy" con gusto polo trap e perreo...


 Agora ven a reflexión  a lo ALABAILA, intenta ser orixinal, ter o teu criterio persoal, non vaias ao establecido ou imperativo de moda comercial, non caigas na trapallada do trap aínda que o envoltorio sexa moi bailable... intenta explorar novos espazos sonoros, cultivar a sensibilidade pola orella e a pel, non todo é pelvis... deixa voar a imaxinación e a emoción e baila sen axustarte a estereotipos. Intenta fuxir da música que bailan tod@s do mesmo xeito, date a oportunidade de probar outros rexistros sonoros e
TEXTURAS DO MOVEMENTO
Libérate de ataduras, explora diferentes calidades de movementos
Material interesante para curios@s do traballo corporal, probando estes movementos terás unha información enorme ou posibilidades de exploración de direccións, niveis, traxectorias, planos, posiciones abertas ou pechadas...






A INTERESANTE serie completa de técnicas de improvisación de FORSYTHE
https://www.youtube.com/playlist?list=PLAEBD630ACCB6AD45


A ver que cancións elexístes para sorprendernos no ALABAILA...



Hablando de CULTURA...Observa minuciosamente e con detenimento
 cada detalle deste cadro
A festa, 2005. Acrílico e colaxe sobre lenzo. Colección de Arte Afundación
EVA CARRERA firma en vertical e a dereita, sobre a rapaza que xa non vemos pero imaxinamos   https://evacarrera.wordpress.com/   https://www.afundacion.org/es/coleccion/obra/40875194_la_fiesta


E despois de descubrilo por ti mesm@, comproba si miraches ben ou non... Composición lineal apretada, cores impactantes, viveza de pinceladas alegres e expresivas,  figuras en movemento que comeza a esquerda e vai cara a dereita, todo encuadrado cun luminoso amarelo, fondos ou seccións verticais onde cada figura protagoniza o seu movemento, ben delimitadas, posicións abertas dinámicas lúdicas, marchas, coordinacións, saltos... sen rostros definidos, sen embargo hai sorrisos, hai alegría e sons acompañados por palmas, con eses ritmos que provocan unha festa do corpo en movemento. Onde bailan? é un espazo pechado ou aberto? é un espazo urbano, rural?  actividade extraescolar dirixida ou tempo libre

Metémonos no cadro por invitación a formar parte desa ringleira festeira... E sigamos buscando pistas, en quen estaría pensando a artista? Ou a onde nos pode levar cada un dos seus protagonistas?  O neno de raias para min está brincando por enriba do lume de San Xoán? E para ti? Cal te chama máis a atención e por que? Con cal te sentes máis identificado?
Que foi primeiro o fondo ou as figuras? A frase parcialmente tapada coa pintura ou a frase por enriba da pintura inicial? "Cuando suena la música no puedo parar de bailar" mensaxe que xa percibiramos lendo o cuadro: Emocións positivas de sentir o corpo libre, compartindo complicidade e enerxía grupal musical

Que canción poñeríaslle a ese cadro para escoitalo e sentir o mesmo que eses nen@s bailando?

Probemos que movementos nos inspiran estas músicas saídas dese cadro...

-BOOGIE WONDERLAND by Earth, wind and fire. Leire de 1ºA ESO fixo un lote de achegas moi interesantes para bailalas, música disco oitetenteira
- LE FREAK by Chic
Ou máis cañeira
Ou máis reivindicativa da revolución sexual, aquí con coreo grupal sinxela e total e de parellas
Boys are you ready to go?
- LA REVOLUCIÓN SEXUAL por La casa azul. 
- SALVAJE por Fuel Fandango
Ou máis salvaxe e de quejío polo mal vivir cunha natureza totalmente estragada...
  
Que nade vos pare, os moz@s tedes moito que dicir do planeta que ides herdar...
https://elpais.com/sociedad/2019/03/15/actualidad/1552653279_352247.html
Esta nena está inspirando unha sacudida de conciencias a nivel planetario...
https://www.lavanguardia.com/natural/20181222/453682668680/greta-thunberg-cambio-climatico-onu-katowice.html

E máis músicas para bailalas e vivilas...
- CRAZY by Gnaris Barkey. Caterina Varela bailarina profesional tola pero moi responsable. Formará parte do exquisito xurado da V Gala ALABAILA

- LA PANTERA MAMBO por La-33. Elías bailarín blanco por fuera negro afro-caribeño por dentro


- IT´S NOT UNUSUAL by Tom Jones. Cristina arquitecta de formación e bailarina en adopción
Pero tamén propón esta que é imperdible!! e totalmente terrorífica...ja,ja



- I WANNA BE LIKE YOU  in The Jungle book, a Disney film. Lous Prima puso la voz al orangután. Ferviente admirador del estilo vacilón onomatopéyico de Louie Armstrong 
 Conchi profesora de EF con mucho swing y más son, entrada en años y baños elige esta deli deliciosa y monisima canción para monear en clase.

Aunque se siente totalmente identificada con  SALTA  por Tequila y tolea bailándola

Aínda que para ela eses nen@s felices do cadro bailaban nunha noite máxica de San Xoán,
polo que esta é a banda sonora

E esta de Mamá África de Zico César, ten esa verdade dos sons primarios dos humanos na terra
Ou pata pata de Miriam Makeba pura vida!!




Veñaaaa ide pensando e pasando paisaxes humanas sonoras...Esta dese club de Tom ten o seu aquel oitetenteiro vacilón... a portada dese disco de vinilo de entonces é total... As portadas auténticas dos discos te atrapaban...

 E esta de Michael Jackson, ese neno xenio ao que lle robaron a infancia
chegou ao ceo e saíu pola porta de atrás ao inferno...

E seguindo nesa liña ochechenteira discotequeira ao máis celebration...


En Zalaeta bailar está normalizado e revalorizado, bailamos tanto nenos como nenas, mozos e mozas, profos e profas...


 FELICES DÍAS MULLERES!

nunha humanidade onde cada vez haxa máis igualdade, seguridade, liberdade, xustiza, paz, e desenvolvemento persoal para tod@s!!
 Onde cada vez haxa menos bloques enfrontados e menos bandeiras e oportunismos políticos e  máis espíritu conciliador en todos os ámbitos e hábitos planetarios... Agora que Fredy Mercury ten tant@s fans de todas as idades, sexos... démoslle unha oportunidade a estos temasos para que desperten en nós boas ondas...

Que as mulleres teñamos a oportunidade de ser igual de mediocres que os homes en todas as esferas socio-políticas  e non esteamos sometidas a maior presión polo feito de ser mulleres. E que podamos sair de casa e volver sen a presión engadida ou medo aos depredadores. Liberémonos das toxicidades domésticas, porque o noso corpo, as nosas ideas, a nosa vida non lle pertence a ninguén.
Fora esa presión de sentirnos baixo control, dese rollo micro ou macro paternalista...

Gracias FORGES
GRACIAS IÑAKI GABILONDO
anda que a algunos ya les vale... que Eva nació de la costilla de Adán y que compinchada con la serpiente sedujo a éste para perjudicarle la vida... 
Por lo que mejor que el hombre domine a la mujer... pobriña!

Por si no tienes claro cuales son las olas del feminismo...
Una ola del feminismo es... MUCHAS MUJERES HACIENDO SURF, por ejemplo...ja,ja

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.